Pro­me­sas pen­den­tes

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Noe­la Blan­co Dipu­tada do PS­deG-PSOE

Apla­ta­for­ma ProCa­pOu­ren­se, cons­ti­tuí­da por pais e nais de ne­nos con di­ver­si­da­de fun­cio­nal, así co­mo por dis­tin­tas or­ga­ni­za­cións sin­di­cais e po­lí­ti­cas da pro­vin­cia, na­ceu co ob­xec­ti­vo de que a no­sa pro­vin­cia dei­xe de ser a úni­ca de to­do Ga­li­cia que non con­ta cun cen­tro de aten­ción a per­soas con di­ver­si­da­de fun­cio­nal maio­res de 21 anos, ida­de na que es­tes ra­pa­ces te­ñan que aban­do­nar o Cen­tro de Ve­lle no que se ato­pan e en­viar aos seus fi­llos e fi­llas fó­ra da pro­vin­cia, e as ve­ces ata máis aló do Pa­dor­ne­lo, ou iso ou re­co­rrer a pa­gar un cen­tro pri­va­do pa­ra os afec­ta­dos. A Xun­ta de Ga­li­cia com­pro­me­teu­se en abril des­te ano a que Ou­ren­se dis­pu­xe­ra dun cen­tro de es­tas ca­rac­te­rís­ti­cas, en con­cre­to no CEIP Ma­ri­ña­man­sa, de fei­to to­dos os par­ti­dos que nos pre­sen­ta­ba­mos ás pa­sa­das elec­cións au­to­nó­mi­cas asi­na­mos un do­cu­men­to don­de nos com­pro­me­tía­mos a que a pri­mei­ra fa­se do mes­mo es­ti­ve­ra en pleno fun­cio­na­men­to no ano 2017, e a se­gun­da no 2018, ta­mén a que a xes­tión do mes­mo fó­ra pú­bli­ca, e aten­di­do por em­pre­ga­dos pú­bli­cos. Can­do os pais e nais que for­man par­te des­ta pla­ta­for­ma fo­ron a exa­mi­nar o pro­xec­to ex­pos­to po­los téc­ni­cos da Con­se­lle­ría de Po­lí­ti­ca So­cial, de­tec­ta­ron con in­dig­na­ción e tris­tu­ra que a Xun­ta de Ga­li­cia trans­for­ma­ra a pro­me­sa dun cen­tro de aten­ción te­ra­péu­ti­ca-ocu­pa­cio­nal nun cen­tro ocu­pa­cio­nal con ser­vi­zo de aten­ción diur­na e re­si­den­cial. Ou­ren­se vol­vía de no­vo a que­dar mar­xi­na­da res­pec­to ao res­to das pro­vin­cias ga­le­gas, por­que ade­mais o pro­xec­to con­tem­pla a me­ta­de de pra­zas que te­ñen os de Co­ru­ña, Lu­go e Pon­te­ve­dra.

Es­tas fa­mi­lias le­van moi­tos me­ses loi­tan­do pa­ra que es­te cen­tro se­xa un­ha reali­da­de, te­ñen o res­pal­do so­cial de máis de 50.000 ou­ren­sáns e ou­ren­sás que apoia­ron es­ta reivin­di­ca­ción coa súa si­na­tu­ra, e de­be­ran ter o res­pec­to dun go­berno re­cen saí­do das ur­nas que se com­pro­me­teu a fa­cer xus­ti­za dun­ha vez por to­das coa no­sa pro­vin­cia e con es­tes pais e nais co­ra­xe. Qui­zais an­tes de fa­cer pro­me­sas aos de­mais, al­gúns par­ti­dos po­lí­ti­cos de­be­ran co­me­zar por fa­ce­las a si mes­mos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.