«Non me pro­di­guei moi­to, pa­ra min a poe­sía sem­pre foi un­ha afec­ción»

Ou­ren­sa­nos en su rin­cón Exer­ceu co­mo do­cen­te de Ma­te­má­ti­cas no ins­ti­tu­to do Po­sío máis de 32 anos

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - XO­SÉ MANOEL RO­DRÍ­GUEZ

Es­cói­tan­se be­rros na rúa. Os mo­zos ex­pre­san o seu re­xei­ta­men­to á Lom­ce e Edel­mi­ro Váz­quez Na­val, que hai seis anos dei­xou as au­las do Ote­ro Pe­dra­yo, re­fle­xio­na so­bre a reali­da­de que vi­viu nos seus moi­tos anos de do­cen­cia. Lo­go de li­cen­ciar­se, e men­tres pre­pa­ra­ba a opo­si­ción, co­me­zou a im­par­tir cla­ses de Ma­te­má­ti­cas na pri­va­da —Ma­ris­tas e san­to Án­gel— e un­ha vez aca­da­da a pra­za bo­tou un ano en Pon­tea­reas e despois veu pa­ra o ins­ti­tu­to do Po­sío. Du­ran­te al­gún tem­po com­pa­xi­nou es­ta res­pon­sa­bi­li­da­de coa fa­ce­ta de pro­fe­sor aso­cia­do no Cam­pus de Ou­ren­se —re­co­ñe­ce que a Es­ta­tís­ti­ca, es­pe­cia­li­da­de que im­par­tiu na Uni­ver­si­da­de, sem­pre se lle diu ben—.

«As cou­sas fo­ron cam­bian­do moi­to nes­te tem­po. O cal é o seu nun ca­so co­mo o meu, no que bo­tas máis de 32 anos ven­ce­lla­do ao en­sino. E fi­xoo en to­dos os as­pec­tos. An­tes ti­ñas uns gru­pos máis ho­mo­xé­neos e nun COU, o que ho­xe é 2º de Ba­cha­re­la­to, po­días dar to­do o te­ma­rio sen pro­ble­mas. Nos úl­ti­mos tem­pos os cur­sos xa non eran moi ho­mo­xé­neos, e os con­ti­dos ta­mén se fo­ron re­du­cin­do. Pa­sou o mes­mo cos exa­mes, ao me­llor an­tes ti­ñas que sa­ber un teo­re­ma e desen­vol­ve­lo na súa to­ta­li­da­de e ao me­llor ago­ra che­ga con co­ñe­ce­lo e po­ñer o enun­cia­do», re­fle­xio­na Váz­quez Na­val ao tem­po que se re­afir­ma no con­ven­ce­men­to de que se fai ne­ce­sa­rio un pac­to so­bre a Edu­ca­ción pa­ra fi­xar uns cri­te­rios e alon­xar ese de­ba­te da po­lí­ti­ca. Iso, re­ma­ta­ría coas si­tua­cións po­lé­mi­cas que ca­da cer­to tem­po se vi­ven no sec­tor. A da Lom­ce só é un­ha máis das re­xis­tra­das nes­tes anos.

Re­co­ñe­ce Váz­quez Na­val que go­zou coa do­cen­cia e co am­bien­te do Ote­ro Pe­dra­yo. «No de­par­ta­men­to de Ma­te­má­ti­cas sem­pre hou­bo un gran ni­vel e ex­ce­len­tes com­pa­ñei­ros. E no ins­ti­tu­to fi­xen gran­des ami­gos: o des­apa­re­ci­do Ma­nuel de Dios, Ar­tu­ro Fernández e moi­tos ou­tros».

Es­cri­tor se­ro­dio

Nes­tes anos de xu­bi­la­ción vol­tou á súa gran­de pai­xón, a lec­tu­ra, e mes­mo ato­pou tem­po pa­ra mer­gu­llar­se nal­gun­ha bi­blio­te­ca da ci­da­de pa­ra re­cu­pe­rar poe­mas que foi dei­xan­do es­pa­lla­dos en va­rias re­vis­tas can­do mo­zo. Co­mo moi­tos dos ra­pa­ces do seu tem­po, Edel­mi­ro Váz­quez Na­val (Tou­bes, A Pe­ro­xa, 1949) bo­tou seis anos es­tu­dan­do no Se­mi­na­rio e com­ple­tou a súa for­ma­ción no ins­ti­tu­to Blan­co Amor —«alí fi­xen 6º de Ba­cha­re­la­to e PREU»—. A súa fa­ce­ta li­te­ra­ria mu­dou da­que­la ca­ra ás cien­cias e me­teu­se de cheo no mun­do das ma­te­má­ti­cas.

Non dei­xou o labor crea­ti­vo, aín­da que non se sig­ni­fi­cou moi­to á ho­ra de pu­bli­car. Re­co­ñe­ce a súa de­vo­ción vi­tal por Lor­ca e por Ne­ru­da, po­los es­cri­to­res da Xe­ra­ción do 27 e por au­to­res co­mo Bor­ges, Cé­sar Va­lle­jo, Oc­ta­vio Paz, o seu ami­go Víc­tor Cam­pio e al­gúns ou­tros. Váz­quez Na­val foi es­cri­tor se­ro­dio e nun­ca se me­teu pre­sa pa­ra edi­tar. En 1988 ga­ñou o Pre­mio de Poe­sía Ci­da­de de Ou­ren­se coa obra As vo­ces da sau­da­de. Anos despois, en 1996, saiu O ri­to do re­gre­so, e no 2010 Lu­ces de nou­tro­ra —co­lec­ción Es­pi­ral Maior de Poe­sía—. En­tre ou­tros, os elo­xios da crí­ti­ca na súa úl­ti­ma en­tre­ga che­ga­ron da man de Xesús Alon­so Mon­te­ro. «Non me pro­di­guei moi­to por­que pa­ra min a poe­sía sem­pre foi un­ha afec­ción, iso tí­veno cla­ro en to­dos es­tos anos, e tam­pou­co creo que ha­xa que ter moi­tos tí­tu­los», apun­ta Váz­quez Na­val.

As ho­ras de lec­tu­ra na súa bi­blio­te­ca, a re­cu­pe­ra­da pai­xón poé­ti­ca —ten dúas obras pa­ra pu­bli­car—, os ne­tos e a ter­tu­lia cos ami­gos son as súas prin­ci­pais ocu­pa­cións. No en­con­tro dia­rio a úl­ti­ma ho­ra da ma­ñá, nun­ha ca­fe­te­ría ao pé da ca­sa, con­ver­san Víc­tor Cam­pio, Ra­món Area, Xa­quín Va­les, Edel­mi­ro Váz­quez Na­val, Marisa Calvo e ou­tros ami­gos.

Tem­pos pa­sa­xei­ros.

SAN­TI M. AMIL

Edel­mi­ro Váz­quez Na­val na bi­blio­te­ca da súa ca­sa, con vis­tas ao par­que de san Lá­za­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.