Tres le­xis­la­tu­ras per­di­das pa­ra o em­pre­go

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión - Ma­nuel La­go Depu­tado de En Ma­rea no Par­la­men­to de Ga­li­cia

AXun­ta de Ga­li­cia co­me­zou a no­va le­xis­la­tu­ra co que, a pri­mei­ra vis­ta, po­de pa­re­cer un ob­xec­ti­vo am­bi­cio­so: que nos pró­xi­mos ca­tro anos o em­pre­go en Ga­li­cia au­men­te en­tre oi­ten­ta mil e cen mil per­soas. Sen em­bar­go, un­ha aná­li­se en pers­pec­ti­va des­ta pro­pos­ta de­mos­tra que na reali­da­de es­ta­se re­co­ñe­cen­do un fra­ca­so.

Coas úl­ti­mas ci­fras ofi­ciais do INE —os da­tos do ter­cei­ro tri­mes­tre do 2016— sa­be­mos que ago­ra hai en Ga­li­cia 98.300 em­pre­gos me­nos que no tri­mes­tre do 2009, can­do o PP vol­veu pre­si­dir a Xun­ta. Po­lo tan­to, aín­da que se cum­pri­se o ob­xec­ti­vo que for­mu­lou Nú­ñez Fei­joo no seu dis­cur­so de in­ves­ti­du­ra, no 2020 o nú­me­ro de per­soas tra­ba­llan­do en Ga­li­cia es­ta­ría por de­bai­xo das que ha­bía can­do el ocu­pou por pri­mei­ra vez a pre­si­den­cia da Xun­ta.

Por iso, o tí­tu­lo do ar­ti­go: tres le­xis­la­tu­ras per­di­das pa­ra o em­pre­go, por­que no me­llor dos ca­sos, des­pois de do­ce anos de go­berno, vol­ve­ría­mos a es­tar co­mo es­ta­ba­mos no 2009. Do­ce anos pa­ra vol­ver á ca­si­ña de saí­da, ao ano máis du­ro da re­ce­sión, un­ha épo­ca te­rri­ble pa­ra o em­pre­go que o en­tón lí­der da oposición e can­di­da­to do Par­ti­do Po­pu­lar cua­li­fi­ca­ba, con to­da a ra­zón, co­mo un desas­tre.

Por iso é tan di­fí­cil de en­ten­der que vol­ver ás ci­fras dese desas­tre se­xa o ob­xec­ti­vo cen­tral do Go­berno pa­ra os vin­dei­ros ca­tro anos. A ex­pli­ca­ción des­te fei­to tan sor­pren­den­te é que Fei­joo é ví­ti­ma do fal­so re­la­to so­bre a efi­cien­cia da súa xes­tión, es­pe­cial­men­te nos te­mas de em­pre­go. Por­que os da­tos din que den­de que em­pe­zou a cri­se eco­nó­mi­ca ata que el che­gou á pre­si­den­cia da Xun­ta, abril do 2009, per­dé­ron­se 49.000 em­pre­gos. E sen em­bar­go, den­de en­tón, co PP go­ber­nan­do en Ga­li­cia e den­de o 2011 en Es­pa­ña, des­truí­ron­se 161.000 em­pre­gos. Pa­ra que se en­ten­da ben, tres de ca­da ca­tro em­pre­gos que se per­de­ron en Ga­li­cia na cri­se o fo­ron bai­xo go­ber­nos pre­si­di­dos por Nú­ñez Fei­joo. Es­tes son os da­tos, esa é a his­to­ria real e por iso ago­ra, aín­da cum­prín­do­se a pro­me­sa de crea­ción de em­pre­go, no 2020 ha­be­ría o mes­mo nú­me­ro de per­soas tra­ba­llan­do que no 2009. Un re­tro­ce­so de­mo­le­dor de do­ce anos.

Re­tro­ce­der en lu­gar de avan­zar. A par­tir des­tes da­tos, é fá­cil en­ten­der que es­ta pa­san­do co be­nes­tar, coas pen­sións, coa de­mo­gra­fía, coa po­bre­za la­bo­ral, coa de­sigual­da­de, et­cé­te­ra.

Me­nos em­pre­go, pe­ro ta­mén em­pre­go de peor ca­li­da­de, por­que co­mo con­se­cuen­cia das re­for­mas la­bo­rais ten­se pro­du­ci­do un pro­fun­do de­te­rio­ro na ca­li­da­de do em­pre­go, au­men­tan­do o tra­ba­llo pre­ca­rio, cun pe­so cre­cen­te dos con­tra­tos tem­po­rais, do tra­ba­llo a me­dia xor­na­da, dos fal­sos au­tó­no­mos e dos em­pre­gos con sa­la­rios tan bai­xos que con­ver­ten en tra­ba­lla­do­res po­bres a quen os co­bra.

Dian­te des­ta reali­da­de é obri­ga­to­rio fa­cer­se un­ha pre­gun­ta: de que re­cu­pe­ra­ción se es­tá a fa­lar se o ob­xec­ti­vo é che­gar no 2020 ao mes­mo numero de postos de tra­ba­llo que ha­bía no 2009, que foi o ano da maior cri­se eco­nó­mi­ca e la­bo­ral da his­to­ria re­cen­te de Ga­li­cia?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.