Es­tu­dar si, pe­ro sen amar­gar­se

Pro­ta­go­nis­tas A or­ga­ni­za­ción do tem­po, cla­ve pa­ra com­pa­xi­nar vi­da so­cial e aca­dé­mi­ca

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - MAR GIL

Ós­car Fer­nán­dez Alonso é un deses ra­pa­ces 10 que de can­do en vez saen nas pá­xi­nas dos xor­nais por­que aca­dan pre­mios e re­co­ñe­ce­men­tos. El, Brais Ger­pe e Ós­car Ocam­po aca­ban de cla­si­fi­car­se en­tre os vin­te me­llo­res alum­nos ga­le­gos de En­sino Se­cun­da­rio Obri­ga­to­rio. Son os ou­ren­sáns dun­ha lis­ta na que o fu­tu­ro aca­dé­mi­co bri­lla con in­ten­si­da­de.

Ma­lia o pre­mio que com­par­ten, os tres mo­zos ou­ren­sáns coin­ci­den na mes­ma me­di­da que di­ver­xen. Fir­me­za, in­se­gu­ri­da­de, mé­to­dos e in­cli­na­cións com­bí­nan­se en dis­tin­to grao, pe­ro nos tres ca­sos hai un de­no­mi­na­dor co­mún: es­for­zo e com­pro­mi­so co es­tu­do.

Brais Ger­pe Vi­la ten, co­ma os seus co­le­gas de pre­mio, 16 anos. A súa me­dia dos ca­tro cur­sos de ESO é de 10. Así de re­don­do. Alumno do ins­ti­tu­to Ote­ro Pe­dra­yo, gus­ta­ría­lle fa­cer Me­di­ci­na pa­ra es­pe­cia­li­zar­se en Neu­ro­lo­xía ou, tal­vez, un do­bre grao de Fí­si­ca e Ma­te­má­ti­cas, «so­bre to­do pa­ra in­ves­ti­ga­ción».

Ade­mais de sa­car de­ces en to­das as ma­te­rias, Brais ades­tra a ba­lon­ces­to ca­tro días por se­ma­na, os ven­res que­da cun club de ami­gos pa­ra xo­gar ao xa­drez na Ca­sa da Xu­ven­tu­de e de­dí­ca­lle dous días á se­ma­na a pre­pa­rar as pro­bas da Olim­pía­da de Ma­te­má­ti­cas. E aín­da lle que­da tem­po pa­ra co­mer, dur­mir e ata saír al­gun­ha tar­de.

«Hai que apro­vei­tar o tem­po o má­xi­mo po­si­ble e con­cen­trar­te ao má­xi­mo —lan­za co­mo re­cei­ta—. Ca­da un ten que bus­car co­mo se sen­te máis có­mo­do e co­mo lle re­sul­ta máis fá­cil es­tu­dar; eu non te­ño nin­gún mé­to­do es­pe­cial, de­pen­de da ma­te­ria».

Con­si­dé­ra­se bo com­pa­ñei­ro e ase­gu­ra que só lle cha­man cha­pón es­po­ra­di­ca­men­te e en bro­ma. Pen­sa que as ac­ti­vi­da­des ex- traes­co­la­res «ve­ñen ben por­que é un tem­po que des­co­nec­tas dos estudos» e non se preo­cu­pa po­las eti­que­tas: «Se son de al­tas ca­pa­ci­da­des? Non te­ño nin idea e, a ver­da­de, dá­me igual».

A Brais, co­mo a Ós­car Fer­nán­dez e Ós­car Ocam­po, in­quié­ta­lle a in­cer­te­za da Se­lec­ti­vi­da­de/Re­vá­li­da, aín­da que con­fía no col­chón dos que ho­xe cur­san 2º ba­cha­re­la­to. A súa ex­pe­rien­cia se­rá cla­ve pa­ra os que, co­mo eles, aín­da te­ñen dous cur­sos por dian­te pa­ra a Uni­ver­si­da­de.

Ós­car Fer­nán­dez se­me­lla un clon aca­dé­mi­co de Brais Ger­pe. Cur­sa 1º de Ba­cha­re­la­to no co­le­xio Car­me­li­tas e ta­mén as­pi­ra a ser mé­di­co —no seu ca­so, anes­te­sis­ta— ou a ti­tu­lar­se en Fí­si­ca e Ma­te­má­ti­cas.

Ta­mén ten un ex­pe­dien­te de lu­xo —9,7 de me­dia en ESO— e un­ha xor­na­da com­ple­ta des­pois das cla­ses. Un día nor­mal che­ga á ca­sa so­bre as 3 da tar­de. «Co­mo,

Cur­sa, co­ma os seus com­pa­ñei­ros, 1º de Ba­cha­re­la­to. Ob­ti­vo un 10 nos ca­tro anos de ESO no Ote­ro Pe­dra­yo

Alumno do Blan­co Amor. A me­dia, 9,9

Es­tu­da en Car­me­li­tas. Ten un­ha me­dia de 9,7

ve­xo a te­le ou an­do co mó­bil un pou­co —ex­pli­ca—; des­pois fa­go os de­be­res, des­pois vou á Es­co­la de Idio­mas a 3º bá­si­co de chino ou a un­ha aca­de­mia a in­glés. Ou­tros días fa­go de­por­te —vou ao xim­na­sio ou co­rrer— e, ao vol­ver, fa­go al­gúns apun­tes, es­que­mas, es­tu­do... E, se non me dá tem­po, na fin de se­ma­na, apar­te de saír, in­ten­to le­va­lo to­do».

«Hai que es­tu­dar —sen­ten­za—, pe­ro sen amar­gar­se. A an­gus­tia e o es­tu­dan­te sem­pre es­ti­ve­ron da man e no ba­cha­re­la­to hai moi­ta pre­sión por­que é o teu fu­tu­ro pe­ro, en reali­da­de, hai tem­po pa­ra to­do. Hai que saber me­dir».

A Ós­car Ocam­po pé­sa­lle a in­se­gu­ri­da­de. Ta­mén pen­sa en Me­di­ci­na ou Bio­lo­xía, pe­ro es­co­lleu un abano am­plo de ma­te­rias «pa­ra que a elec­ción en ba­cha­re­la­to non me li­mi­te, ese é o te­mor».

«É co­mo un­ha re­com­pen­sa, co­mo un­ha subida de ego aín­da que non que­ro que se me suba á ca­be­za», ase­gu­ra res­pec­to ao pre­mio da Xun­ta.

Ma­lia o seu 9,9 de me­dia, es­te alumno do ins­ti­tu­to Blan­co Amor non se sen­te exem­plo de na­da «por­que sem­pre me an­gus­tio moi­to; che­ga un exa­me e em­pe­zo a tre­mer e ter as mans con­xe­la­das... O que pa­sa é que lle de­di­co moi­tas ho­ras, ne­ce­si­to moi­to tem­po pa­ra le­var as cou­sas co­mo a min me gus­ta­ría le­va­las».

SAN­TI M. AMIL

As ac­ti­vi­da­des ex­tra­es­co­la­res for­man par­te do día a día dos tres mo­zos ou­ren­sáns.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.