O sol­do dos po­lí­ti­cos e a de­ma­go­xia

Lou­ren­zo Fer­nán­dez Prie­to

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Ima­xino que Fi­del Cas­tro non ti­ña asig­na­do un sol­do. Aquí e ago­ra non se dis­cu­te que os po­lí­ti­cos de­ban co­brar un sol­do, pe­ro a de­ma­go­xia que acam­pou nos me­dios e nos mi­tins, e par­tin­do de que to­dos os po­lí­ti­cos son uns la­dróns, es­ten­deu a idea ca­se uná­ni­me de que de­ben de co­brar o me­nos po­si­ble. Dis­cre­po ab­so­lu­ta­men­te da de­mo­cra­cia a cus­te ce­ro, de que os no­sos re­pre­sen­tan­tes es­tean mal pa­gos e se­xan con­si­de­ra­dos por prin­ci­pio pre­sun­tos co­rrup­tos. O asun­to non é no­vo, nas pri­mei­ras elec­cións mu­ni­ci­pais da tran­si­ción, al­gúns par­ti­dos de es­quer­da, men­tres in­ten­ta­ban arre­ba­tar os con­ce­llos aos her­dei­ros do fran­quis­mo, de­fen­dían que os al­cal­des non co­bra­sen. Can­do che­ga­ron ao po­der mu­ni­ci­pal, só os fun­cio­na­rios pui­de­ron per­mi­tir­se ese lu­xo nal­gun­has vi­las pe­que­nas ao pre­zo de com­pa­ti­bi­li­zar am­bas ta­re­fas. Tra­ba­llar sen co­brar é un lu­xo que só al­gúns se po­den per­mi­tir. Aín­da que en reali­da­de o que lles gus­ta a ou­tros é co­brar sen tra­ba­llar. Por iso, se­gun­do o Por­tal de Trans­pa­ren­cia do Go­berno de Es­pa­ña, nas de­cla­ra­cións da ren­da de moi­tos po­lí­ti­cos po­pu­la­res que ho­xe son pre­si­den­tes e mi­nis­tros, cons­tan os so­bre­sol­dos que co­bra­ron. Ha­be­ría que se­guir­lle a pis­ta ao di­ñei­ro.

Re­su­min­do: uns non que­ren co­brar, ou­tros co­bran de máis e ou­tros non cons­ta que co­bren. Lo­go es­tá Trump que, co­mo as ten­den­cias da his­to­ria son uni­ver­sais, aca­ba de re­nun­ciar ao seu sol­do, pa­ra ce­le­bra­ción de de­ma­go­gos va­rios. Entre os que aquí, ago­ra e den­de a es­quer­da mi­li­tan­te, que­ren re­du­cir ra­di­cal­men­te o sol­do dos po­lí­ti­cos ima­xino que abun­dan os be­nin­ten­cio­na­dos sen hi­po­te­ca, os sol­tei­ros sen de­pen­den­tes ao seu car­go —me­no­res ou maio­res— ou con her­dan­zas abas­ta­das e pou­ca vi­da la­bo­ral e fa­mi­liar ás cos­tas. Ca­se sem­pre ho­mes. Pou­co re­pu­bli­cano to­do is­to, pois os re­pu­bli­ca­nos en ori­xe li­ga­ron re­pre­sen­ta­ción e im­pos­tos e sem­pre pro­pu­xe­ron li­mi­tar a her­dan­za, em­pe­zan­do po­lo rei —do que pres­cin­den— pa­ra bai­xo.

Hai un­ha ca­rrei­ra de xes­tos de to­da a es­quer­da por amo­sar o maior des­pren­de­men­to. O chus­co é que a saí­da de­sa ca­rrei­ra deu­na a de­rei­ta nas elec­cións ga­le­gas do 2009 can­do se pu­xo a per­se­guir os «lu­xos» dos ou­tros. Can­do un par­ti­do pro­pón —un su­po­ñer— pres­cin­dir de co­ches pa­ra os mem­bros da Me­sa do Par­la­men­to ga­le­go, o se­guin­te di que cóm­pre ade­mais eli­mi­nar as com­pen­sa­cións que re­ci­ben por esa fun­ción. To­do pa­ra des­cu­brir des­pois de­sas pom­po­sas re­nun­cias que no Par­la­men­to es­pa­ñol, pa­ra exer­ci­cio das súas fun­cións, non só os mem­bros da Me­sa, se­nón ca­da un dos pre­si­den­tes das 25 co­mi­sións par­la­men­ta­rias te­ñen co­che, cho­fer e asis­ten­te. Eses me­dios alí se­rán ne­ce­sa­rios ou non, pe­ro men­tres, aquí min­gua­mos as do­ta­cións do au­to­go­berno.

Os po­lí­ti­cos de­ben es­tar ben pa­gos e de co­rrom­pé­ren­se que res­pon­dan dos seus ac­tos e asu­man as súas res­pon­sa­bi­li­da­des sen mi­se­ri­cor­dia. E se os pi­lla­dos xo­gan­do ao Candy Crush no Congreso non po­den ter aín­da mais que di­cir, co­mo Ce­lia Vi­lla­lo­bos. Ver­gon­za de­be­ría dar­lles —que non lle dá— non sa­ber dis­tin­guir ocio e ne­go­cio, ser mal exem­plo pa­ra as no­sas fi­llas e uns in­com­pe­ten­tes re­pre­sen­tan­tes. Car­men Po­lo ins­tou a Franco a po­ñer­se un sol­do en pre­sen­za do seu cu­ña­do e mi­nis­tro Se­rrano Su­ñer. Co­ma sem­pre, Franco ca­lou, pe­ro Se­rrano di­xo que pri­mei­ro ti­ña que po­lo por es­cri­to nun­ha lei.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.