Car­los G. Rei­go­sa en­fron­ta ra­zón e su­pers­ti­ción na súa nova no­ve­la

«Se­gre­dos de Bre­ta­ña» des­en­tra­ña un an­ti­go cri­me nun­ha vi­la

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura - XE­SÚS FRA­GA

Un es­cri­tor que vén de en­tre­gar un­ha no­ve­la e ne­ce­si­ta des­co­nec­tar tras­lá­da­se den­de Madrid a un­ha apra­ci­ble vi­la cos­tei­ra do nor­te de Ga­li­cia, Bre­ta­ña, á pro­cu­ra dun me­re­ci­do des­can­so. Po­rén, un­ha vez alí em­pe­za­rá a es­coi­tar his­to­rias de ve­llos su­ce­sos que abri­rán ne­sa idí­li­ca exis­ten­cia un­ha fen­da po­la que emer­xe­rán es­cu­ros feitos.

Es­te é o pun­to de par­ti­da de Se­gre­dos de Bre­ta­ña (Xe­rais), a úl­ti­ma no­ve­la de Car­los G. Rei­go­sa (A Pas­to­ri­za, 1948), que, a tra­vés da in­tri­ga, dá for­ma li­te­ra­ria a esa an­ti­ga opo­si­ción entre su­pers­ti­ción e ra­cio­ci­nio. «O li­bro for­mu­la un­ha con­tra­po­si­ción entre un per­so­na­xe que pro­vén do mun­do da ra­cio­na­li­da­de, o es­cri­tor, e a vi­la, que re­pre­sen­ta esa har­mo­nía to­tal e com­ple­ta que se aca­da po­la cren­za nun­ha reali­da­de má­xi­ca ou a su­pers­ti­ción», ex­pli­ca Rei­go­sa.

Esa co­li­sión en­cár­na­se aquí no re­la­to da des­apa­ri­ción dun­ha mu­ller dei­xan­do un be­bé na vi­la: a ver­sión que os ve­ci­ños le­van anos con­tán­do­se a si mes­mos, a que lles per­mi­tiu pa­sar pá­xi­na, é a que des­en­ca­dea o ins­tin­to no­ve­lís­ti­co do es­cri­tor, quen axi­ña ad­vir­te as in­con­sis­ten­cias da na­rra­ción co­lec­ti­va. «A no­ve­la é a dia­léc­ti­ca entre ese mun­do no que to­do ten ex­pli­ca­ción, co­mo que se un ca­dá­ver apa­re­ce con ra­bu­ña­du­ras da­que­la foi a San­ta Com­pa­ña, e o mun­do da ra­zón, re­pre­sen­ta­do po­lo es­cri­tor, pa­ra quen esas xus­ti­fi­ca­cións non te­ñen sen­ti­do», en­ga­de Rei­go­sa.

Re­unir as ver­sións par­ciais

O pro­ta­go­nis­ta de Se­gre­dos de Bre­ta­ña, fas­ci­na­do pri­mei­ro po­lo lu­gar e os seus ha­bi­tan­tes, e lo­go po­la his­to­ria da des­apa­re­ci­da, con­vér­te­se pre­ci­sa­men­te no vehícu­lo que per­mi­te re­cons­truír o su­ce­di­do, xa que é el quen ao ca­bo reúne as ver­sións par­ciais pa­ra con­tar, por fin, a ver­da­de. É o que Rei­go­sa des­cri­be co­mo «a ra­zón co­mo a luz di­lu­ci­la­do­ra da reali­da­de fron­te a ce­guei­ra da su­pers­ti­ción que lle cor­ta o pa­so, sos­ti­da en me­dos apa­ren­te­men­te in­su­pe­ra­bles». Al­gúns des­tes me­dos e su­pers­ti­cións son os que dan va­lio­sos in­di­cios ao pro­ta­go­nis­ta pa­ra avan­zar no es­cla­re­ce­men­to do no­be­lo: por exem­plo, o te­rror dos ha­bi­tan­tes da cos­ta a su­bir á mon­ta­ña e, vi­ce­ver­sa, o dos que vi­ven no al­to a in­ter­nar­se no mar. Ade­mais, con­ta­rá con di­ver­sos alia­dos que o axu­da­rán nun­ha pes­cu­da na que che­ga a po­ñer en ris­co a súa vi­da.

Pa­ra a súa Bre­ta­ña, Car­los G. Rei­go­sa to­mou re­fe­ren­tes da xeo­gra­fía real, así co­mo das re­so­nan­cias mí­ti­cas do no­me e as súas co­ne­xións coas cul­tu­ras atlán­ti­cas, un pa­pel que aquí asu­me un­ha sor­te de «me­sa re­don­da da Bre­ta­ña do sur» for­ma­da por uns in­te­lec­tuais que a tra­vés de con­fe­ren­cias e ou­tras ac­ti­vi­da­des «crean un­ha su­per­es­tru­tu­ra cul­tu­ral que se su­per­pón co­mo un pa­ra­ugas á es­tru­tu­ra bá­si­ca e po­pu­lar dos ve­ci­ños da vi­la».

En Se­gre­dos de Bre­ta­ña hai ta­mén un­ha ho­me­na­xe ás pe­que­nas li­bra­rías e ao ofi­cio li­te­ra­rio: «Que é un no­ve­lis­ta?», for­mú­la­se no li­bro. «Un ti­po que sa­ca á luz his­to­rias reais ou fic­ti­cias, que des­ve­la mis­te­rios (ta­mén reais ou fic­ti­cios) e que cons­trúe emo­cións» é a res­pos­ta.

P. RO­DRÍ­GUEZ

Rei­go­sa cons­trúe «Se­gre­dos de Bre­ta­ña» co­mo un­ha in­tri­ga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.