«Te­mos un­ha con­cien­cia moi cla­ra de Uni­ver­si­da­de do sur de Ga­li­cia»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

é á súa, e es­tá sem­pre in­vi­ta­do. Ra­zóns non hai nin­gun­ha.

—¿En­tón por que non o re­ci­be nin exi­me do IBI á Uni­ver­si­da­de?

—Eu só lle pi­do que me di­ga dun­ha vez se hai po­si­bi­li­da­de ou non dun acor­do so­bre o IBI. Nós te­mos que pla­ni­fi­car. É cho­can­te que na or­de­nan­za es­tean exen­tos os cen­tros edu­ca­ti­vos e non se nos con­si­de­re tal. Na úl­ti­ma reunión se me pe­diu tem­po pa­ra es­tu­da­lo. Ago­ra es­pe­ro un­ha en­tre­vis­ta. Un­ha cou­sa é que acep­te o 95 % de des­con­to e ou­tra é di­cir non a to­do. Por cues­tións con­ta­bles, te­mos que xe­rar in­gre­sos de cin­co mi­llóns anuais pa­ra pa­gar ese im­pos­to.

—¿En que po­de­ría em­pre­gar a Uni­ver­si­da­de ese me­dio mi­llón de eu­ros que afo­rra­se co IBI?

—Po­de­ría dar pa­ra bol­sas de co­me­dor e trans­por­te ou pa­ra bol­sas de in­ter­cam­bios.

—¿E os 100.000 de Ou­ren­se?

—Xa es­tá in­ves­ti­do no cam­pus de­sa ci­da­de. En Ou­ren­se acon­te­ceu que hou­bo un cam­bio nas nor­mas que o pu­xo en ris­co.

—¿Ten ló­xi­ca un cen­tro tec­no­ló­xi­co ae­ro­es­pa­cial en Porto do Mo­lle (Ni­grán) e un tí­tu­lo de en­xe­ñe­ría ae­ro­es­pa­cial en Ou­ren­se?

—As dúas ini­cia­ti­vas na­cen pa­ra dar múscu­lo ao sec­tor no sur de Ga­li­cia, es­tán fei­tas cun­ha ló­xi­ca moi de fu­tu­ro. A maior par­te dos en­xe­ñei­ros es­tán en Vi­go, por iso o cen­tro se fi­xo en Porto do Mo­lle. Ne­ce­si­ta­ba­mos un­ha en­xe­ñe­ría po­ten­te e a opor­tu­ni­da­de era fa­ce­lo en Ou­ren­se pa­ra equi­li­brar. Ade­mais, hai te­ci­do em­pre­sa­rial ne­sa ci­da­de e era un­ha ra­zón ob­xec­ti­va.

—¿Trá­ta­se aos tres cam­pus por igual?

—Si. A pro­ba es­tá en que os cam­pus pe­ri­fé­ri­cos máis con­so­li­da­dos, con máis fu­tu­ro e equi­li­bra­dos son os que ten es­ta Uni­ver­si­da­de, al­go que non pa­sa cos ou­tros pe­ri­fé­ri­cos. O ra­tio de fi­nan­cia­men­to por alumno non só es­tá equi­li­bra­do, se­nón que es­tá a fa­vor dos cam­pus non cen­trais. Ou­tra co­sa son as sen­sa­cións. Hai que loi­tar con feitos e reali­da­des. Te­mos un­ha con­cien­cia moi cla­ra de Uni­ver­si­da­de do sur de Ga­li­cia. Hai as­pec­tos nos que non se con­se­gue máis efi­cien­cia ne­go­cian­do des­de dis­tin­tos si­tios. É máis cus­to­so. Es­ta­mos apos­tan­do por una fu­tu­ro pro­pio pa­ra ca­da cam­pus a tra­vés da es­pe­cia­li­za­ción, non que se­xan fran­qui­cias. Is­to lles da un­ha ima­xe e un­ha fo­lla de ru­ta pro­pia e in­flui­rá nas ofer­tas aca­dé­mi­cas no fu­tu­ro. Ago­ra de­mos un pa­so de­ci­si­vo co Cam­pus da Au­ga, que va en pra­zo, e no Cam­pus Crea de Pon­te­ve­dra.

—¿Can­do po­de­rán co­brar os 17 mi­llóns que lles de­be Fa­cen­da tras as sen­ten­zas fa­vo­ra­bles?

—Iso se­rá a lon­go pra­zo a tras re­cla­ma­lo. Pa­gar é doa­do, pe­ro co­brar non.

ÓSCAR VÁZ­QUEZ

O reitor, Sa­lus­tiano Ma­to, on­te, nas in­me­dia­cións do seu des­pa­cho do cam­pus de Vi­go, on­de re­fle­xio­nou so­bre a si­tua­ción ac­tual.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.