Un­ha pro­vin­cia chea de re­cur­sos

Un dos seis xeo­des­ti­nos da área co­ru­ñe­sa é o de Arou­sa nor­te, de gran ri­que­za pa­tri­mo­nial

La Voz de Galicia (Ourense) - - Constantes Vitales -

O te­rri­to­rio in­te­gra­do po­los 93 mu­ni­ci­pios que for­man a pro­vin­cia de A Co­ru­ña es­tá cheo de mis­te­rio, ri­que­za pa­tri­mo­nial, cul­tu­ral e pai­sa­xes nos que se com­bi­nan mar e mon­ta­ña. Trá­ta­se dun­ha zo­na cun­ha gran po­ten­cia­li­da­de eco­nó­mi­ca na que se fai un­ha ex­plo­ta­ción sus­ten­ta­ble dos re­cur­sos pa­ra xe­rar ri­que­za no ám­bi­to do turismo.

Nes­te di­ver­so es­pa­zo que con­for­ma a área co­ru­ñe­sa hai seis xeo­des­ti­nos, to­dos in­te­gra­dos na pro­vin­cia pe­ro to­dos di­fe­ren­tes ao mes­mo tem­po. Trá­ta­se de Fe­rrol­te­rra, A Co­ru­ña e As Mariñas, Cos­ta da Mor­te, Te­rras de San­tia­go, Mu­ros-Noia e Arou­sa nor­te. A eles hai que unir os Ca­mi­ños de San­tia­go, xa que as pe­re­gri­na­cións es­tán en au­xe.

As per­soas que vi­si­tan es­tes xeo­des­ti­nos po­den es­co­ller as ac­ti­vi­da­des que me­llor se adap­ten ao que bus­can, pe­ro go­zan­do en to­dos os ca­sos de in­nu­me­ra­bles aven­tu­ras.

Pre­ci­sa­men­te, di­ver­si­da­de cul­tu­ral e un­ha am­pla ofer­ta de ocio e go­ce do tem­po li­bre é o que po­den ato­par aque­les que de­ci­den acu­dir á zo­na de Arou­sa nor­te. A vi­si­ta ao par­que na­tu­ral de Co­rru­be­do, coas du­nas e as la­goas de Ca­rre­gal e Vi­xán, á illa de Sál­vo­ra ou ao em­ble­má- Den­de o mi­ra­dor de San Ro­que, no mu­ni­ci­pio de Ri­bei­ra, ven­se es­pec­ta­cu­la­res vis­tas da ría de Arou­sa

ti­co mi­ra­doi­ro da Cu­ro­ta son só al­gun­has das po­si­bi­li­da­des dun des­tino no que a ca­li­da­de da au­ga das súas praias in­vi­ta a go­zar do sol das Rías Baixas. Arou­sa nor­te com­bi­na areais e mon­ta­ñas, mi­ra­doi­ros, por­tos de­por­ti­vos e pa­seos ma­rí­ti­mos.

Im­por­tan­tes es­cri­to­res

Os que desexen pro­fun­dar na his­to­ria de Ga­li­cia te­ñen en Arou­sa nor­te e na bis­ba­rra do Sar moi­tas al­ter­na­ti­vas. É re­co­men­da­ble acu­dir ao mu­seo de Va­lle-In­clán, on­de se ato­pan os ele­men­tos máis im­por­tan­tes do au­tor. Tam­pou­co de­be per­der­se a vi­si­ta ao pa­zo da Er­mi­da, en Do­dro, xa que é o lu­gar no que

vi­viu a es­cri­to­ra Ro­sa­lía de Cas­tro. En Rian­xo po­de ver­se o Mu­seo do Mar e a ca­sa de Ma­nuel An­to­nio, co que se com­ple­ta­rá a via­xe li­te­ra­ria po­lo nor­te da ría de Arou­sa. Rian­xo ta­mén é o lu­gar no que o vi­si­tan­te po­de en­con­trar­se cos le­ga­dos de Alfonso Da­niel Ro­drí­guez Cas­te­lao e Rafael Dies­te. Pre­ci­sa­men­te, un­ha axu­da eco­nó­mi­ca da Depu­tación da Co­ru­ña e fon­dos mu­ni­ci­pais fa­rán po­si­ble a re­cu­pe­ra­ción da vi­ven­da de Dies­te pa­ra con­ver­te­la nun mu­seo, co­mo se fi­xo an­te­rior­men­te coa de Ma­nuel An­to­nio.

Os apai­xo­na­dos da ar­queo­lo­xía ta­mén te­ñen un te­rri­to­rio moi in­tere­san­te pa­ra ex­plo­rar en Arou­sa nor­te, xa que hai im­por­tan­tes ves­ti­xios, co­mo má­moas, pe­tró­gli­fos e dol­mens. A Ar­ca do Bar­ban­za que se con­ser­va na se­rra cons­ti­túe un va­lio­so le­ga­do e os in­ves­ti­ga­do­res non dei­xan de fa­cer pros­pec­cións que per­mi­ten co­ñe­cer ca­da ano un pou­co máis da his­to­ria.

FO­TO MAR­COS CREO

Nos mu­ni­ci­pios da Co­ru­ña fai­se un­ha ex­plo­ta­ción sus­ten­ta­ble dos re­cur­sos

A di­ver­si­da­de cul­tu­ral é un si­nal de iden­ti­da­de da zo­na nor­te da ría arou­sá

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.