Ex­po­ñen­te da ar­qui­tec­tu­ra do mar

Nun­ha zo­na de con­tras­tes ató­pan­se os cas­cos an­ti­gos das vi­las mu­ra­da­na e noie­sa, dous exem­plos de cons­tru­cións li­ga­das á eco­no­mía pes­quei­ra

La Voz de Galicia (Ourense) - - Constantes Vitales -

A ría de Mu­ros-Noia é ou­tro dos xeo­des­ti­nos da pro­vin­cia co­ru­ñe­sa. Ca­da un­ha das vi­las que lle dan no­me con­ser­van uns cas­cos his­tó­ri­cos que re­pre­sen­tan a me­llor mos­tra da ar­qui­tec­tu­ra ma­ri­ñei­ra. Des­te xei­to é po­si­ble com­pro­bar, pe­se ao tem­po trans­co­rri­do e aos cam­bios im­pos­tos po­la in­dus­tria­li­za­ción, co­mo as vi­ven­das e o deseño ur­bano das lo­ca­li­da­des noie­sa e mu­ra­da­na es­ta­ban per­fec­ta­men­te axus­ta­dos ás ne­ce­si­da­des da eco­no­mía pes­quei­ra da súa épo­ca. De fei­to, hai in­mo­bles, an­ti­gas fá­bri­cas de sal­ga­du­ra ho­xe re­con­ver­ti­das en ne­go­cios, que aín­da con­ser­van as es­tru­tu­ras da súa ac­ti­vi­da­de an­te­rior.

Nes­tas vi­las, de­cla­ra­das con­xun­to his­tó­ri­co-ar­tís­ti­co, a tra­di­ción ofre­ce to­do o seu en­can­to e pó­de­se go­zar de pa­seos po- las súas pra­zas e po­las súas rúas em­pe­dra­das que con­ser­van to­da a esen­cia da tra­di­ción. Os es­ta­ble­ce­men­tos hos­ta­lei­ros ofre­cen pro­du­tos do mar e da te­rra en to­do o seu es­plen­dor.

San­ta Ma­ría a Nova

Un­ha das per­las pa­tri­mo­niais des­tes es­pa­zos que sou­be­ron con­ser­var­se ató­pa­se en Noia, trá­ta­se da igre­xa de San­ta Ma­ría a Nova, con­ver­ti­da en mu­seo, e que al­ber­ga a mos­tra de lá­pi­das gre­miais da épo­ca Me­die­val máis an­ti­ga de Eu­ro­pa.

Na ría de Mu­ros-Noia pó­de­se ato­par nu­me­ro­sos lu­ga­res pa­ra pa­sear ob­ser­van­do un­ha na­tu­re­za es­pec­ta­cu­lar, tan­to na súa mar­xe nor­te co­mo na do sur. No per­co­rri­do des­có­bren­se muí­ños de ma­rea, co­mo os que se ato­pan en Mu­ros, con­ver­ti­dos en re­cin­to ex­po­si­ti­vo, e pó­de­se ver co­mo os pro­fe­sio­nais do Ao xeo­des­tino da ría de Mu­ros-Noia ta­mén per­ten­ce o mu­ni­ci­pio de Lou­sa­me, que con­ser­va as ins­ta­la­cións das mi­nas de San Fins, nas que se ex­traía es­ta­ño e volframio. O lu­gar foi adap­ta­do co­mo mu­seo, o que per­mi­te co­ñe­cer o que su­pu­xo es­ta ac­ti­vi­da­de eco­nó­mi­ca.

mar con­ser­van as téc­ni­cas de pes­ca tra­di­cio­nais. A ría con­ti­núa a ser o mo­tor eco­nó­mi­co da zo­na, tan­to po­los em­pre­gos di­rec­tos que xe­ra entre os mi­les de pro­fe­sio­nais de­di­ca­dos á ex­trac­ción dos re­cur­sos co­mo po­los in­di­rec­tos.

Ta­mén ten es­te xeo­des­tino es­pec­ta­cu­la­res mi­ra­doi­ros, co­mo os de Ou­tes ou o de Mon­te Lou­ro e dis­pón de pa­seos flu­viais, co­mo o do río Ti­nes, ou ma­rí­ti­mos, co­mo os de Mu­ros, Noia ou Porto do Son.

Tam­pou­co de­ben es­que­cer­se os ves­ti­xios ar­queo­ló­xi­cos exis­ten­tes. Un dos re­fe­ren­tes nes­te sen­ti­do é o cas­tro de Ba­ro­ña, no mu­ni­ci­pio so­nen­se. Os tra­ba­llos de con­so­li­da­ción que se ve­ñen fa­cen­do nos úl­ti­mos anos per­mi­ti­ron in­cre­men­tar a mo­nu­men­ta­li­da­de des­te xa­ce­men­to, que re­ci­be a mi­llei­ros de vi­si­tan­tes du­ran­te to­do o ano.

Porto do Son é, ade­mais, un lu­gar con gran can­ti­da­de de pe­tró­gli­fos, pe­ro tam­pou­co de­ben es­que­cer­se as im­por­tan­tes es­ta­cións que hai en Mu­ros.

Ou­tros dos atrac­ti­vos des­ta zo­na co­ru­ñe­sa son a illa Ve­lla e a illa da Cre­ba, o que con­fi­re ao te­rri­to­rio mul­ti­tu­de de po­si­bi­li­da­des de ex­plo­ra­ción.

O faro de Ca­bo Vi­lán, no ter­mo de Ca­ma­ri­ñas, é un dos lu­ga­res em­ble­má­ti­cos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.