Fu­tu­ro im­per­fec­to

La Voz de Galicia (Ourense) - - Relatos De Verán -

Sei das cou­sas ca­ti­vas. Son quen de re­co­ñe­ce­las en­tre o to­do. E a par­tir de aí con­se­guir que xa for­men par­te de min. Mais non sem­pre son quen de re­co­ñe­cer as cou­sas que te­ñen ur­xen­cia. Pa­ra iso es­tás ti. E eu pa­ra ti. Con­fór­mo­me con pou­co. Con moi pou­co. Ao fi­nal, o máis im­por­tan­te do mundo ca­be en­tre os no­sos bra­zos. Ímo­nos? Dis­me. Vá­mo­nos! Dí­go­che. Co desexo acen­di­do de en­ce­tar ca­da amen­cer xun­tos. Lon­xe. Moi lon­xe. Máis lon­xe. Aín­da. Sa­ben­do que ao mar­char sem­pre nos agar­da­rá un­ha no­va ma­ñá. Dis­tin­ta. Co­mo o ca­mi­ño que aín­da que­da por fa­cer no­so. O mes­mo que nos le­va­rá a per­der a cor­du­ra. De­fi­ni­ti­va­men­te. Por fin. Tan­tas e tan­tas cou­sas. E tan­to por fa­cer. Sen pré­sa. De­va­gar. Vol­tan­do ao lu­gar de sem­pre. Pa­ra co­ller im­pul­so. E pa­ra non re­ti­rar­nos. Nun­ca. Aín­da que o ma­pa que nos guíe de­ci­da saír voan­do po­la ven­tá. Xa sa­bes. Co­mo aque­la can­ción que fa­la de nós. Aque­la. Re­cor­das. Fu­tu­ro Im­per­fec­to. Ti­tú­la­se. Aque­la que nos abri­ga do frío. En­tre ou­tros abri­gos. E que sen ela sa­be­lo, xa sa­bía de nós. MA­NUEL IGLE­SIAS NANÍN O Car­ba­lli­ño. Li­brei­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.