Tu­ris­mo de con­su­mo: A Co­ru­ña-Za­ra

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Omun­do de ho­xe es­tá do­mi­na­do po­lo con­su­mo. So­cie­da­de de con­su­mo de ma­sas é co­mo nos de­fi­ni­mos. Pa­ra ben e pa­ra mal é o mun­do que nos to­cou vi­vir. Ago­ra que em­pe­za­mos o mes das va­ca­cións e o tu­ris­mo, quei­xa­ré­mo­nos de co­mo de­gra­da­mos o que máis que­re­mos e apre­za­mos, se­xan pa­raí­sos na­tu­rais ou ri­que­zas ar­queo­ló­xi­cas. Aló imos to­dos xun­tos a es­tra­gar un pou­co máis, de pa­so que os de­mo­cra­ti­za­mos, es­pa­zos que fo­ron sin­gu­la­res e ex­clu­si­vos. Ho­xe es­tán ex­plo­ta­das to­das as va­rian­tes po­si­bles do tu­ris­mo, pe­ro un­has son máis agre­si­vas que ou­tras, co­mo ben sa­be­mos por acó. Al­gun­has for­mas son asom­bro­sas e ata hai un tu­ris­mo do Ho­lo­caus­to ca­paz de con­ver­ter en ba­nal­men­te ado­les­cen­te a fo­to subida a Ins­ta­gram dun gru­po de es­co­la­res nas vías que con­du­cen a un cam­po de con­cen­tra­ción.

Sen­do o tu­ris­mo un fenómeno irre­ver­si­ble pe­ro ca­na­li­za­ble da for­ma máis ren­di­ble e orien­ta­ble do xei­to me­nos agre­si­vo, non en­ten­do co­mo aín­da a nin­gún xes­tor, pro­gra­ma­dor ou ad­mi­nis­tra­dor se lle oco­rreu apro­vei­tar co­mo re­cla­mo tu­rís­ti­co o fei­to de A Co­ru­ña ser o ber­ce de Za­ra. A mul­ti­na­cio­nal ga­le­ga cons­truíu un­ha iden­ti­da­de glo­bal que par­ti­llan mi­llóns de con­su­mi­do­res e se­gu­ro que un­ha parte de­les —a máis no­va e sol­ven­te— es­ta­ría en­can­ta­da de co­ñe­cer on­de em­pe­zou to­do. A prehis­to­ria en San An­drés, no tem­po da ba­ta de gua­ta, a pri­mei­ra ten­da en Juan Fló­rez e a ro­ta po­las ten­das ori­xi­nais do mun­do In­di­tex. A iden­ti­fi­ca­ción dos con­su­mi­do­res coas súas mar­cas per­mi­te pen­sar iso e moi­to máis. A exis­ten­cia dun tu­ris­mo de con­su­mo for­ma­do po­las eli­tes mo­zas de moi­tos paí­ses emer­xen­te ga­ran­te o éxi­to da idea.

Se os lon­di­nen­ses nos fi­xe­ron visitar Car­naby Street, con máis ra­zón po­de ter éxi­to du­ra­dei­ro a Ro­ta Za­ra no En­san­che co­ru­ñés. A van­ta­xe é que non hai que es­for­zar­se se­que­ra en atraer vi­si­tan­tes, só des­pra­za­los le­ve­men­te en tren dende a pe­le­gri­na­xe com­pos­te­lá ou nun voo do­més­ti­co dende os cen­tros de va­ca­cións máis con­co­rri­dos da Pe­nín­su­la e Ba­lea­res. Un­ha ho­ra pa­ra ache­gar­se á ci­da­de de Za­ra non é na­da pa­ra quen ven de Ba­réin, Estados Unidos, Co­lom­bia ou Sue­cia. Pa­ra orien­ta­los abon­da un­ha mo­des­ta pro­mo­ción, e pa­ra guia­los un­ha guía e un­ha apli­ca­ción. Do que es­tou cer­to é de que es­ta­rían en­can­ta­dos de visitar a ci­da­de on­de deseña­ron e deseñan a súa for­ma de ves­tir. Na­da des­cu­bro di­cin­do que a for­ma de ves­tir e a de vi­vir con­xú­gan­se nas iden­ti­da­des xu­ve­nís e aín­da nas adul­tas. Ubi­ca­las no tem­po e no es­pa­zo é cues­tión de ofer­ta ben fei­ta. A so­cie­da­de de con­su­mo de ma­sas ten raí­ces fon­das. Un­ha for­ma in­tere­san­te de aten­der ao tu­ris­mo de ma­sas foi orien­ta­lo ca­ra os mes­mos ob­xec­tos e pro­du­tos que con­su­me. Tal é o ca­so. Ou­tras op­cións, o tu­ris­mo de sol e praia, o re­li­xio­so, o de­por­ti­vo e o am­pla­men­te cha­ma­do cul­tu­ral xa es­tán máis que ex­plo­ta­das en Ga­li­cia. Qué­da­nos con­ver­ter en des­tino tu­rís­ti­co un pro­du­to in­dus­trial de con­su­mo, as súas ori­xes e a súa for­ma de pro­du­ci­lo e idea­lo. Xel­mí­rez xa fi­xo un Có­di­ce on­de o ex­pli­ca to­do e por al­go a pri­mei­ra ten­da de Za­ra fó­ra da Co­ru­ña abriu­se en Com­pos­te­la: un ne­ce­sa­rio ra­mal da no­va ro­ta. Un tu­ris­mo non agre­si­vo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.