Quen se lem­bra do «To­rrey Can­yon»?

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Nes­te ano cum­prí­ron­se cin­cuen­ta anos do afun­di­men­to do pe­tro­lei­ro To­rrey Can­yon no sur de Inglaterra. Era un su­per­pe­tro­lei­ro con pa­vi­llón li­be­riano que, por un­ha ma­la ma­no­bra, en­ca­llou e ver­teu 120.000 to­ne­la­das de cru. Es­ta ma­rea ne­gra que anos des­pois, pa­ra a no­sa des­gra­za, che­ga­mos a co­ñe­cer en va­rios epi­so­dios tan de pre­to, foi pa­rar ás cos­tas bri­tá­ni­cas e fran­ce­sas, nas que mo­rre­ron máis de 15.000 aves ma­ri­ñas e as súas con­se­cuen­cias eco­ló­xi­cas so­bre os eco­sis­te­mas li­to­rais fo­ron in­con­ta­bles.

Era o pri­mei­ro dos gran­des ac­ci­den­tes de ver­ti­do de pe­tró­leo no mar en Eu­ro­pa e a fa­lla de pla­ni­fi­ca­ción e improvisación foi a tó­ni­ca de to­das as me­di­das que se to­ma­ron pa­ra o seu con­trol e mi­ti­ga­ción. O pri­mei­ro mi­nis­tro in­glés Ha­rold Wil­son mes­mo che­gou a au­to­ri­zar­lle á RAF que bom­bar­dea­se o pe­tro­lei­ro e as máis de 10.000 to­ne­la­das de de­ter­xen­te que se bo­ta­ron pa­ra dis­per­sar o cru ao fi­nal xe­ra­ron máis pro­ble­mas que so­lu­cións.

En Ga­li­cia, os xor­nais de­ron pun­tual­men­te a no­ti­cia e co­men­ta­ris­tas co­mo Cam­bre Ma­ri­ño, na Re­vis­ta de Eco­no­mía de Ga­li­cia, si­na­la­ban que: «Si un desas­tre si­mi­lar al del To­rrey Can­yon se pro­du­je­se en las pro­xi­mi­da­des del li­to­ral de Ga­li­cia, los efec­tos per­ni­cio­sos se­rían mu­cho más acen­tua­dos que los su­fri­dos por Fran­cia e Inglaterra…». Aín­da así, a pou­ca sen­si­bi­li­da­de am­bien­tal da­que­les tem­pos per­mi­tía que, in­me­dia­ta­men­te des­pois, pro­pu­xe­se a crea­ción dun su­per­por­to de pe­tro­lei­ros en Vi­go.

O re­pa­so das pá­xi­nas des­ta exem­plar re­vis­ta, así co­mo dos xor­nais, amo­sa­ba que na­que­la al­tu­ra o sen­ti­men­to do­mi­nan­te era o de que es­ta te­rra non de­bía per­der un­ha vez máis o tren da eco­no­mía, pa­ra o que po­día ser­vir cal­que­ra ti­po de in­dus­tria ou ac­ti­vi­da­de eco­nó­mi­ca. Pe­ro a reali­da­de é tei­mu­da e pou­cos anos des­pois os ac­ci­den­tes do Poly­com­man­der nas illas Cíes e, so­bre to­do, o Er­ko­witz na ría da Co­ru­ña, vi­ñe­ron amo­sar ás bra­vas que non to­das as ac­ti­vi­da­des ti­ñan a mes­ma in­fluen­cia so­bre al­go que se co­me­za­ba a cha­mar «o me­dio am­bien­te».

Es­te úl­ti­mo ac­ci­den­te, coa car­ga de pra­gui­ci­das que ver­teu, foi po­si­ble­men­te, po­la súa trans­cen­den­cia e di­fu­sión, o pri­mei­ro pro­ble­ma eco­ló­xi­co que che­gou a ca­llar na opi­nión pú­bli­ca ga­le­ga e que deu ori­xe a nu­me­ro­sos co­men­ta­rios e a al­gun­has ac­ti­vi­da­des de sen­si­bi­li­za­ción pro­mo­vi­das po­los gru­pos máis com­pro­me­ti­dos. O es­pec­tro dos pra­gui­ci­das que pu­xe­ra en cir­cu­la­ción Ra­chel Car­son coa Pri­ma­ve­ra si­len­cio­sa co­me­za­ba a ma­ni­fes­tar­se e, fron­te a eles, es­ta­ba a na­cer un­ha no­va sen­si­bi­li­da­de am­bien­tal que, co­mo tan­tas ou­tras cou­sas en Ga­li­cia, che­ga­ba po­lo mar.

Des­pois vi­rían as ca­tás­tro­fes do Ur­quio­la, o An­dros Pa­tria, o Ca­son eo Ae­gean Sea, re­ma­tan­do no ano 2002 coa des­fei­ta do Pres­ti­ge, que tol­dou de cha­pa­po­te to­da a no­sa cos­ta e pu­xo en pé á so­cie­da­de ga­le­ga contra un en­ca­dea­men­to de ac­tua­cións im­pro­vi­sa­das ou sen sen­ti­do nin­gún. Fi­cou man­ca­da a bei­ra­mar pe­ro ta­mén a dig­ni­da­de dun po­bo que be­rrou cun­ha soa voz o «Nun­ca máis!» de­se alen­to pro­fé­ti­co que po­lo de ago­ra se­me­lla que se es­tá a cum­prir. Desde aque­la fó­ron­se to­man­do, con atra­sos e va­ci­la­cións, me­di­das pre­ven­ti­vas, co­mo a me­llo­ra do co­rre­dor de Fis­te­rra e a cons­tru­ción do por­to re­fu­xio de Lan­gos­tei­ra que, ma­lia os seus pro­ble­mas de ac­ce­si­bi­li­da­de, xa le­va aco­lli­do dous pe­tro­lei­ros en apu­ros. Se­rá cer­to que nun­ca máis? El Eco de Oren­se,

BOU­ZA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.