Un oco pa­ra a li­te­ra­tu­ra

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión - DI­REC­CIÓN. Av. da Pren­sa, 84 y 85. Sa­bón, 15143 Ar­tei­xo CO­RREO ELEC­TRÓ­NI­CO car­ta­sal­di­rec­tor@la­voz.es

To­tal­men­te de acor­do coa opi­nión do pro­fe­sor Pon­te Far, no seu ar­ti­go pu­bli­ca­do en La Voz de Ga­li­cia o pa­sa­do 23 de xu­llo e ti­tu­la­do La li­te­ra­tu­ra ocu­pa lu­gar.

Opi­na que non é doa­do des­fa­cer­se dos li­bros que se van acu­mu­lan­do nos do­mi­ci­lios e que re­ma­tan xe­ran­do un pro­ble­ma de es­pa­zo importante. Afir­ma que non hai quen os quei­ra. No é fá­cil bus­car­lles aco­mo­do en nin­gu­res. É un­ha ver­da­dei­ra má­goa.

Desde hai uns anos, na em­pre­sa on­de tra­ba­llo, vi­mos re­co­llen­do do me­dio dos en­tu­llos cen­tos de li­bros. Can­do che­ga­mos a ter uns tres mil exem­pla­res, sen con­tar en­ci­clo­pe­dias e li­bros de tex­to, ato­pá­mo­nos co mes­mo di­le­ma que ex­pón o pro­fe­sor. Un ver­da­dei­ro pro­ble­ma de es­pa­zo.

Des­pois de cha­mar a dis­tin­tas por­tas, coa in­ten­ción de doa­los, abriu­nas o Ate­neo Fe­rro­lán —apro­vei­to pa­ra ex­pre­sar­lle o meu agra­de­ce­men­to á ins­ti­tu­ción— co com­pro­mi­so de pro­te­xe­los e fa­ci­li­tar a súa con­sul­ta ou lec­tu­ra a cal­que­ra ci­da­dán que se lle an­to­lle. Desde en­tón, con­ti­nua­mos ache­gan­do á ins­ti­tu­ción os que se­guen apa­re­cen­do, e que com­par­ten tei­to con ou­tras bi­blio­te­cas doa­das an­te­rior­men­te. Con­se­gui­mos, po­lo tan­to, ato­par un lu­gar axei­ta­do pa­ra uns li­bros con­de­na­dos a des­apa­re­cer.

De to­dos xei­tos, o ver­da­dei­ro pro­ble­ma non é que nin­guén os quei­ra, se­nón quen os quei­ra ler. MA­NUEL PI­ÑÓN PÉREZ.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.