Adeus

La Voz de Galicia (Ourense) - - Relatos De Verán - ALE­JAN­DRA BADÁS ARES 13 anos. A Co­ru­ña. Es­tu­dan­te.

Que­ri­do ami­go:

Pa­sa­ron días desde que non nos ve­mos e que­ro ex­pli­car­che o por que, to­do ten que ver coa noi­te, a es­cu­ri­da­de e a mor­te. Co­mo sa­bes, sempre ti­ven me­do á es­cu­ri­da­de, a xen­te di­cía que eran to­dos os li­bros que lía, que me afec­ta­ban á ca­be­za. Non que­rían es­coi­tar na­da so­bre as mi­ñas teo­rías de que na es­cu­ri­da­de non es­tá o co­co nin nin­gún la­drón; aí den­tro es­tá a mor­te e es­tou se­gu­ra de que te­ño ra­zón.

Cús­ta­me dur­mir, tar­do ho­ras en pe­char os ollos. Sempre es­per­to en me­dio da noi­te, ás dúas da ma­ñá, to­dos os me­ses de to­das as es­ta­cións, pe­ro o ve­rán é ho­rri­ble. Hai un­has noi­tes es­per­tei á ho­ra de sempre, pe­ro cun­ha pe­que­na di­fe­ren­za, ía moi­ta ca­lor, non era a ca­lor do ve­rán, era o do in­ferno. De­ci­dín le­van­tar­me a be­ber un pou­co de au­ga e, pa­ra po­der ver, pren­dín a luz. Ar­mei­me de va­lor e saín ao co­rre­dor, on­de es­ta­ba aque­la pe­num­bra. Ca­da pa­so que da­ba se­pa­rá­ba­me máis da cla­ri­da­de e ache­gá­ba­me á es­cu­ri­da­de. No mo­men­to no que xa non vía na­da, es­coi­tei un gri­to de muller, ten­tei vol­ver ao meu cuar­to pe­ro xa era de­ma­sia­do tar­de, no­ta­ba co­mo caía e que os meus pul­móns xa non con­se­guían to­car o ai­re.

Ne­se mo­men­to pui­den ver co­mo a vi­da me em­pu­xa­ba aos bra­zos da mor­te. Si, ami­go, xa non te­ño nin un chis­co de vi­da no meu in­te­rior, eu xa non exis­to. Aín­da así, des­cu­brín cou­sas so­bre a mor­te que nin­guén ima­xi­na­ría: é un­ha muller, ten pel so­bre a súa ca­vei­ra, non vis­te de ne­gro e é boa per­soa; non lle te­ñas me­do. O úni­co ma­lo de non ter vi­da é que non po­do ver aos vi­vos, non lles po­do fa­lar, non po­do oír e nin se­que­ra po­do sen­tir. Es­tas pa­la­bras son os de­rra­dei­ros re­cor­dos que se ato­pan no meu co­ra­zón. Un adeus pa­ra sempre. Un­ha pe­que­na al­ma xa sen co­ra­zón, só con pa­la­bras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.