«Pre­ve­mos que ve­ña máis xen­te»

É o seu ter­cei­ro Al­ba­ri­ño co­mo re­xe­do­ra e os afo­gos da­que­la edi­ción do 2015 pa­re­cen su­pe­ra­dos, «aín­da que sempre que­dan cou­sas por apren­der», apun­ta a so­cia­lis­ta

La Voz de Galicia (Ourense) - - Entrevista - BEA COS­TA LA VOZ

Che­gou a ho­ra. Ho­xe arrin­ca a se­sen­ta e cin­co edi­ción da Fes­ta do Al­ba­ri­ño e no Con­ce­llo te­ñen a ma­qui­na­ria a pleno ren­de­men­to pa­ra que to­do fun­cio­ne. Ao fron­te des­te dis­po­si­ti­vo es­tá o gru­po de go­berno que pre­si­de Fá­ti­ma Abal.

— ¿Co­mo afron­ta os in­ten­sos días que es­tán por vir?

—To­do o que se re­fi­re a or­ga­ni­za­ción do Al­ba­ri­ño re­qui­re un tra­ba­llo moi du­ro. No go­berno lo­cal con­ta­mos con moi­ta axu­da mu­ni­ci­pal, so­bre to­do dos téc­ni­cos, que sa­ben to­das as pau­tas que hai que se­guir.

—É o seu ter­cei­ro Al­ba­ri­ño co­mo al­cal­de­sa, ¿xa ten a lec­ción apren­di­da?

—Sempre que­dan cou­sas por apren­der. Ca­da ano dás­te con­ta dal­gún de­ta­lle que que­dou do ano an­te­rior. O pri­mei­ro ano pi­llou­nos de im­pre­vis­to, ti­ve­mos que or­ga­ni­zar to­do en me­nos dun mes, pe­ro a colaboración foi má­xi­ma. O ano pa­sa­do de­ca­tá­mo­nos de que ha­bía que to­mar al­gun­has me­di­das en can­to a evi­tar o trá­fi­co ro­da­do po­lo cen­tro, re­for­zar apar­ca­men­tos nas en­tra­das do po­bo, a lim­pe­za, o te­ma sa­ni­ta­rio… Son cou­sas que ano a ano van­se me­llo­ran­do. O pa­sa­do saíu­nos moi ben o re­for­zo da po­li­cía con axen­tes che­ga­dos dou­tros con­ce­llos, por exem­plo; vi­mos que ha­bía moi­ta xen­te que su­fría cor­tes nos pés por cul­pa dos vi­dros, así que es­te ano vai­se fa­cer un­ha cam­pa­ña in­for­ma­ti­va so­bre ese te­ma; vai­se co­lo­car un stand de igual­da­de pa­ra in­for­mar e tra­van tar de evi­tar que ha­xa agre­sións co­mo as que se pro­du­cen nou­tros gran­des even­tos en Es­pa­ña, e imos to­mar me­di­das se se­gu­ri­da­de co­mo co­lo­car ba­rrei­ras pa­ra evi­tar o pa­so de ca­mións po­lo cen­tro ten­do en con­ta que es­ta­mos no ni­vel ca­tro de alerta an­ti­te­rro­ris­ta. Ano a ano hai que ir in­cor­po­ran­do no­vas ac­tua­cións, aín­da que o gro­so da fes­ta é co­ma sempre.

— Cam­ba­dos é Ci­da­de Europea do Vi­ño, ¿co­mo vai in­fluír es­ta cir­cuns­tan­cia na fes­ta?

—Te­mos a pre­vi­sión de que ve­ña máis xen­te. O Al­ba­ri­ño é, xun­to coa ga­la que fi­xe­mos na pri­ma­ve­ra, o ac­to prin­ci­pal e máis po­ten­te de to­da a pro­gra­ma­ción que te­mos pre­pa­ra­da po­la Ci­da­de Europea do Vi­ño. É evidente que os cam­ba­de­ses no­tar esa di­fe­ren­za.

— O que se­gue sen che­gar é o re­co­ñe­ce­men­to co­mo Fes­ta de In­tere­se Internacional, ¿se­rá no 2018?

—Non to­das as pu­bli­ca­cións que se re­qui­ren pa­ra es­te te­ma se pui­de­ron fa­cer nas da­tas que ti­ña­mos pre­vis­to. Ago­ra, un­ha vez se fa­ga a úl­ti­ma pu­bli­ca­ción que te­mos pen­den­te, o 5 de agos­to, re­mi­ti­re­mos to­da esa do­cu­men­ta­ción á Xun- ta pa­ra que se­xan eles os que lle dean ese vis­to bo e tras­la­den o ex­pe­dien­te ao ministerio.

— Lo­go de 65 anos de éxi­tos, ¿de­mós­tra­se que o for­ma­to des­ta fes­ta fun­cio­na?

—Hai ac­tos que non se po­den mo­di­fi­car nin su­pri­mir, co­mo son a ca­ta, os pre­mios, o tú­nel do vi­ño, o xan­tar, o pre­gón..., son pun­tais bá­si­cos nos que o con­se­llo re­gu­la­dor ta­mén xo­ga un pa­pel moi importante. To­do o de­mais é un adorno que ser­ve pa­ra atraer a vi­si­tan­tes e pa­ra que a xen­te poi­da pa­sa­lo ben.

— Pa­sa­lo ben pe­ro con sen­ti­di­ño pi­de sempre a al­cal­de­sa...

—O ano pa­sa­do ato­pei­me coa gra­ta sor­pre­sa de que, o do­min­go po­la ma­ñá, ache­gán­do­me a po­li­cía, vin a va­rios mo­zos ir bus­car bo­qui­llas pa­ra so­prar, e iso que non se lles vía bai­xo os efec­tos do al­cohol, e as bo­qui­llas xa se aca­ba­ran. Pa­ré­ce­me dun­ha res­pon­sa­bi­li­da­de maiús­cu­la. Quen te­ña dú­bi­da so­bre se es­tá en con­di­cións de co­ller o co­che, que ve­ña a po­li­cía a bus­car a bo­qui­lla pa­ra com­pro­ba­lo, e os que pen­sen que se pa­sa­ron co vi­ño, que agar­den. É moi importante que a xen­te con­su­ma de xei­to res­pon­sa­ble.

— Moi­tos pá­sano en gran­de pe­ro ta­mén hai cam­ba­de­ses que so­fren es­ta fes­ta: atas­cos, fal­ta de apar­ca­men­to, aglo­me­ra­cións, co­las no su­per­mer­ca­do...

—Des­pois de 65 anos a xen­te xa sa­be o que pa­sa no Al­ba­ri­ño. A maior parte dos cam­ba­de­ses es­tán es­pe­ran­do a que che­gue a fes­ta. To­dos os ve­ci­ños par­ti­ci­pan; hai pe­ñas, xan­ta­res, me­ren­das, ven xen­te que es­tá fó­ra o res­to do ano…, son moi­tos máis os que se di­vir­ten e o pa­san ben que o con­tra­rio. Os ve­ci­ños toman as mo­les­tias con re­sig­na­ción, son cin­co días. Os cam­ba­de­ses son moi hos­pi­ta­la­rios e a re­per­cu­sión en to­dos os sec­to­res é im­por­tan­tí­si­ma. Na hos­ta­le­ría e o comercio con­tan os días pa­ra que che­gue o Al­ba­ri­ño.

—A xen­te mo­za ten moi­to on­de es­co­ller no pro­gra­ma, ¿e os maio­res, hai ofer­ta pa­ra eles?

—Ta­mén pen­sa­mos ne­les. As ver­be­nas, que en li­ñas xe­rais é o que máis lles gus­ta, sé­guen­se man­ten­do igual, e o con­cer­to da Ban­da de Cas­tre­lo, ta­mén.

«É moi importante que a xen­te con­su­ma vi­ño de xei­to res­pon­sa­ble»

«Os ve­ci­ños toman as mo­les­tias con re­sig­na­ción»

FO­TO MAR­TI­NA MISER

Abal des­ta­ca as re­per­cu­sións eco­nó­mi­cas que ten a fes­ta pa­ra Cam­ba­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.