Un­ha de ro­ma­nos

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión - DI­REC­CIÓN. Av. da Pren­sa, 84 y 85. Sa­bón, 15143 Ar­tei­xo CO­RREO ELEC­TRÓ­NI­CO car­ta­sal­di­rec­tor@lavoz.es

Can­do aín­da era un­ha ne­na, cur­san­do 8.º de EXB, le­vá­ron­nos de ex­cur­sión ao Mu­seo de Pon­te­ve­dra, on­de un guía, que me pa­re­ceu un au­tén­ti­co ro­mo pe­tu­lan­te, dí­xo­nos que nós non des­cen­día­mos dos cel­tas, se­nón dos cas­tre­xos, di­to is­to con cer­to des­pre­zo, o que fi­xo que me sen­ti­ra aba­fa­lla­da. Non sei se des­cen­de­mos de cel­tas, de cas­tre­xos, ou de cel­tas cas­tre­xos, pe­ro o cer­to é que os no­sos de­van­cei­ros xa co­mer­cia­ban con gre­gos e fe­ni­cios po­la ri­que­za mi­ne­ral da Ga­llae­cia, e aí es­tán os acha­dos de Cal­de­las de Tui pa­ra co­rro­bo­ra­lo. Os ro­ma­nos vi­ñe­ron atraí­dos por esas ri­que­zas, non pa­ra aga­sa­llar­nos coa súa cul­tu­ra, pois aquí xa ti­ña­mos un­ha, se­nón pa­ra traer o so­me­te­men­to po­la vio­len­cia, a es­cra­vi­tu­de, a ex­plo­ta­ción do ho­me po­lo ho­me e a co­rrup­ción ins­ti­tu­cio­nal, que mes­mo che­ga­ron ata os no­sos días. Os ro­ma­nos tam­pou­co eran des­co­ñe­ci­dos pa­ra os cas­tre­xos, que xa com­ba­te­ran con­tra eles co­mo mer­ce­na­rios dou­tros exér­ci­tos.

To­da es­ta con­fu­sión coido que é de­li­be­ra­da, e po­si­ble­men­te re­sul­ta­do da de­pu­ra­ción le­va­da a ca­bo no sis­te­ma edu­ca­ti­vo po­lo fran­quis­mo. Por fortuna van apa­re­cen­do no­vas in­ves­ti­ga­cións que di­vul­gan ó mo­do de vi­da dos no­sos an­te­pa­sa­dos, per­soas avan­za­das, co­mo amo­san, só por ci­tar al­gúns exem­plos, o do­mi­nio da me­ta­lur­xia, a exis­ten­cia de sau­nas nas ci­ta­nias, e xa na Ida­de Me­dia, o co­mer­cio do vi­ño do Ri­bei­ro con In­gla­te­rra, e mes­mo o de pe­dra con Orien­te; de aí po­de pro­ce­der a len­da de que San­tia­go che­gou nun­ha barca de pe­dra; a barca non era de pe­dra, ob­via­men­te era de ma­dei­ra, e trans­por­ta­ba pe­dra; que trou­xe­ra as re­li­quias de San­tia­go, ou dou­tro per­so­na­xe ilus­tre, xa é ou­tra his­to­ria.

De se­gu­ro hou­bo un­ha Ga­llae­cia an­tes dos ro­ma­nos, un­ha Ga­li­cia ata o so­me­te­men­to a Cas­te­la po­los Reis Ca­tó­li­cos, e tras un­ha lon­ga noi­te de pe­dra, un­ha Ga­li­cia que es­per­ta­ba do seu sono vol­veu a cuar­to es­cu­ro des­pois do gol­pe do 36. Ser­mos di­fe­ren­tes é un or­gu­llo, e ne­gar a evi­den­cia pa­re­ce de paio­los. CAR­MEN

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.