«A poe­sía ta­mén es­tá no co­tián»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura - PA­TRI­CIA BLANCO

Eli Ríos vén de ga­ñar a cuar­ta edi­ción do pre­mio de poe­sía Ló­pez Abente cun rompe­dor poe­ma­rio que ti­tu­lou Cul­pa­ble. Na­da en Lon­dres (1976) e ve­ci­ña de Cam­bre, avan­za que o xo­ves es­ta­rá en Mu­xía pa­ra re­co­ller o seu ga­lar­dón. É cons­cien­te de que se tra­ta dun­ha obra arris­ca­da, de que ela arris­cou e de que o xu­ra­do ta­mén. Cul­pa­ble é un pro­ce­so de anos. Le­va tres ou ca­tro «dan­do vol­tas». Ten ido a ou­tros pre­mios, pe­ro des­ta foi, lo­go dun­ha «ca­rrei­ra de pa­cien­cia». Me­re­ceu a pe­na. En se­tem­bro sai­rá ade­mais á rúa Luns, no­ve­la coa que aca­dou o To­rren­te Ba­lles­ter. Máis ca es­tar vi­vin­do un­ha boa eta­pa, pre­fi­re pen­sar que tal coin­ci­den­cia de ga­lar­dóns é un re­co­ñe­ce­men­to ás ho­ras de tra­ba­llo. Ato­pa o ma­te­rial no día a día: in­fan­til, poe­sía, no­ve­la... O aco­so es­co­lar, o pa­so do tem­po, os pro­to­ti­pos ou o can­cro es­tán nas súas obras. A es­cri­ta gar­da o pou­so da­que­las his­to­rias que es­coi­ta­ba do avó de Les­ta (Or­des).

—¿Co­mo re­ci­biu a no­va?

—Ho­xe é moi di­fí­cil pu­bli­car. A can­ti­da­de eco­nó­mi­ca do pre­mio é im­por­tan­te, pe­ro sa­ber que ese li­bro po­de­ría saír nun­ha editorial co­mo Xe­rais foi o que me le­vou a pre­sen­tar­me. Que no xu­ra­do hou­be­se poe­tas, co­mo Mi­ro Vi­llar ou Ser­xio Igle­sias, ta­mén me ani­mou. Can­do mo di­xe­ron non o po­día crer. Po­de soar tó­pi­co, pe­ro es­te é un tex­to com­pli­ca­do, es­cri­to cun­ha pro­sa poé­ti­ca, uns ver­sos moi lon­gos, e en­ri­ba di cou­sas que van con­tra a mes­ma poe­sía: te­mos que re­for­mu­lar­nos. Pre­ten­día que fo­se un­ha bom­ba, que es­tou­pa­se e nos fi­xe­se pen­sar en que es­ta­mos fa­cen­do mal pa­ra que a poe­sía non che­gue.

—¿Que di­ría que é «Cul­pa­ble»?

—O fío con­du­tor é aque­la per­soa que que­re ma­tar os eus lí­ri­cos, ma­tar esa re­quin­ta e pa­ra­fer­na­lia que hai na poe­sía. Pa­ra iso tra­bá­lla­se con fra­ses do día a día. A poe­sía ta­mén es­tá no co­tián. O tex­to ten un­ha cou­sa fun­da­men­tal que fal­ta na poe­sía: hu­mor. Po­des bo­tar un­has ri­sas ao tem­po que pen­sas en que po­de­mos mu­dar: hai que cues­tio­nar­se, a xen­te que es­cri­be e a que le. Hai quen mer­ca un­ha cun­ca cun­ha fra­se bo­ni­ta e di: ¡Mi­ra que poé­ti­co! É un­ha cun­ca cun­ha fra­se, non poe­sía.

—¿Que é pa­ra vos­te­de a poe­sía e que saú­de lle ve ao sis­te­ma?

—Un­ha óp­ti­ca, un­ha len­te, un te­les­co­pio po­lo que ver e in­ter­pre­tar o mun­do. O mun­do li­te­ra­rio, editorial e da es­cri­ta ten saú­de, vi­zo­si­da­de. O pro­ble­ma é que te­mos un go­berno que non aposta por nós, non te­mos pro­xec­ción, pér­den­se fa­lan­tes... Te­mos un­has po­lí­ti­cas que es­tán in­ten­tan­do des­truír­nos. Afo­gan aos edi­to­res.

CÉ­SAR QUIAN

Eli Ríos ga­ñou ta­mén o To­rren­te Ba­lles­ter con «Luns».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.