Os edís do BNG de Ma­ce­da pé­chan­se no con­sis­to­rio

La Voz de Galicia (Ourense) - - La Voz De Ourense -

Con­ta­ba hai 20 anos La Voz que os cin­co con­ce­lle­rios do gru­po mu­ni­ci­pal na­cio­na­lis­ta de Ma­ce­da pe­chá­ran­se a ma­ñá an­te­rior no con­ce­llo. Es­ti­ve­ron tres ho­ras, en pro­tes­ta «po­la con­ti­nua e sis­te­má­ti­ca ne­ga­ti­va a dar in­for­ma­ción e non per­mi­tir o ac­ce­so a es­ta», ex­pli­ca­ba o vo­cei­ro, Biei­to Sea­ra. Des­pois dun­ha reunión man­ti­da en­tre os mem­bros da opo­si­ción e os man­da­ta­rios mu­ni­ci­pais che­gou­se ó acor­do de que o día cin­co se­ría­lle fa­ci­li­ta­da a do­cu­men­ta­ción que so­li­ci­ta­ba o BNG. Pa­ra os na­cio­na­lis­tas de­trás des­ta ac­ti­tu­de do equi­po de go­berno «é o de que real­men­te non se co­ñe­za a xestión eco­nó­mi­ca na que es­tá me­ti­do o con­ce­llo». Os na­cio­na­lis­tas ase­gu­ra­ron que «son de do­mi­nio pú­bli­co as di­fi­cul­ta­des que te­ñen al­gúns pro­ve­do­res». Di­xe­ron ta­mén que o exe­cu­ti­vo lo­cal non que­re que se co­ñe­za có­mo se es­tán fa­cen­do al­gun­has ope­ra­cións co­mo o pi­ca­dei­ro de ca­ba­los ou as re­tri­bu­cións dos al­tos car­gos». A opo­si­ción va­lo­ra­ba es­ta ac­ti­tu­de co­mo «an­ti­de­mo­crá­ti­ca».

PI­LI PROL

Biei­to Sea­ra era o vo­cei­ro do BNG de Ma­ce­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.