Tu­ris­tas

La Voz de Galicia (Ourense) - - La Voz De Ourense - Ma­ría Co­bas

Xo­ga ao do­mi­nó, pa­sea po­la vi­la, vai á fes­ta de aniver­sa­rio da mu­ller dun ami­go... Car­los Slim, un deses ho­mes que na con­ta co­rren­te ten máis car­tos dos que moi­tos po­de­mos ima­xi­nar (su­po­ño que a xen­te co­mo Ney­mar, con esa cláu­su­la de res­ci­sión, tam­pou­co lle soa tan ra­ro) po­de­ría pa­sar en Ou­ren­se co­mo un xu­bi­la­do máis que ca­da ve­rán vol­ta á ca­sa. Por­que o me­xi­cano non é un tu­ris­ta, aín­da que es­té pa­san­do agos­to aquí. Slim é co­ma un an­ti­go ve­ci­ño de Avión que vol­ta ca­da ve­rán (ou ca­da dous) á te­rra na que es­tá có­mo­do. Que non é a súa, se­nón a do seu ami­go Ole­ga­rio Váz­quez Ra­ña, pe­ro ca­se o pa­re­ce. E iso ve­se aín­da (en reali­da­de, gra­zas a iso) que ca­da un dos seus mo­ve­men­tos es­tea se­gui­do por cá­ma­ras fo­to­grá­fi­cas. E Slim, que sae nos xor­nais, ben po­de­ría usar­se co­mo exem­plo dun­ha gran­de par­te dos mal cha­ma­dos tu­ris­tas que ve­ñen ca­da ano á pro­vin­cia e que fan que moi­tos lu­ga­res do ru­ral es­tean es­tes días cheos de vi­da. Non son tu­ris­tas, por­que non ve­ñen co­ñe­cer al­go que non co­ñe­cen; son vi­si­tan­tes por­que vi­si­tan un lu­gar que lles gus­ta, no que son fe­li­ces e es­tán tran­qui­los, e no que moi­tas ve­ces te­ñen as súas raí­ces fa­mi­lia­res. Má­goa que to­da esa xen­te du­re por Ou­ren­se o que du­re o mes de agos­to. Má­goa que esas rúas cheas de ca­ti­vos vol­van en moi­tos ca­sos ser es­pa­zo de reunión dos seus avós por­que os me­ni­ños mar­cha­ron, se­guin­do a uns pais (ou uns avós) que un día fi­xe­ron a ma­le­ta pa­ra ir bus­car un­ha vi­da me­llor. Así que agos­to se­gue a ser un es­pe­llis­mo do ma­ra­bi­llo­so que se­ría vol­ver ver as al­deas cheas de xen­tes, cheas de me­ni­ños que xo­gan... E de xu­bi­la­dos me­xi­ca­nos que xo­gan ao do­mi­nó.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.