«Poe­sía pa­ra tod@s»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Es­te tí­tu­lo po­de­ría ser un ver­so de Gabriel Ce­la­ya, pe­ro é o tí­tu­lo dun­ha in­só­li­ta co­lec­ción de poe­sía que se edi­ta en Lu­go, fó­ra das mu­ra­llas, por dous pro­fe­so­res uni­ver­si­ta­rios de Li­te­ra­tu­ra que te­ñen un­ha re­la­ción coas le­tras, nal­gúns as­pec­tos, pou­co con­ven­cio­nal. Re­fí­ro­me a Clau­dio Ro­drí­guez Fer (1956) e Car­men Blan­co Gar­cía (1954), hai moi­to tem­po co­ñe­ci­dos e re­co­ñe­ci­dos, nas no­sas le­tras, no ei­do da crea­ción li­te­ra­ria, da crí­ti­ca e da in­ves­ti­ga­ción. Des­de hai anos, co­mo crea­do­res e co­mo es­tu­do­sos li­te­ra­rios, es­tán na preo­cu­pa­ción cí­vi­ca de res­ca­tar, pa­ra hon­ra­las, as ví­ti­mas do fas­cis­mo es­pa­ñol. Ho­xe, no edi­fi­cio que foi, en Lu­go, pri­sión pro­vin­cial, con­ta­mos cun­ha es­pe­cie de mu­seo de­sa me­mo­ria, moi pe­da­gó­xi­co, mer­cé á man e ao sa­ber de Clau­dio Ro­drí­guez Fer e de Car­men Blan­co, que, en vi­da do gran Isaac Díaz Pardo, pu­bli­ca­ban en Edi­ciós do Cas­tro un­ha ex­tra­or­di­na­ria re­vis­ta que ti­tu­la­ron Unión Li­bre.

Aca­bo de re­ci­bir a sex­ta en­tre­ga de Poe­sía pa­ra tod@s, bre­ve e coida­dí­si­mo opúscu­lo que se ti­tu­la Poe­mas pa­ra pais. Son poe­mas pa­ra aga­sa­llar, «por­que a poe­sía —pro­cla­man os edi­to­res— é co­mo o ver­da­dei­ro amor: non se com­pra nin se ven­de. Li­bre­men­te, dá­se». Con­tén poe­mas de Ro­drí­guez Fer, Car­men Blan­co, Olga No­vo e Cristina Fia­ño, es­tas dúas per­ten­cen­tes —con al­gúns ou­tros no­mes— a un­ha es­pe­cie de obra­doi­ro li­te­ra­rio for­ma­do nas au­las uni­ver­si­ta­rias de Lu­go bai­xo o ma­xis­te­rio —li­ber­ta­rio— de Car­men Blan­co e de Ro­drí­guez Fer. In­só­li­ta ex­pe­rien­cia li­te­ra­ria de notable e in­tere­san­te fer­ti­li­da­de: un obra­doi­ro —cóm­pre en­ga­dir— de­vo­to da obra poética de Luz Po­zo Gar­za.

O pri­mei­ro poe­ma des­ta en­tre­ga, Pai meu (Amén, ca­ma­ra­da), de Clau­dio Ro­drí­guez Fer, é un­ha elo­cuen­te pa­rá­fra­se lai­ca e un pou­co sub­ver­si­va da ora­ción do­mi­ni­cal. Co­me­za des­te xei­to: «Pai meu que es­ti­ve­ches no cár­ce­re: / so­li­da­rio se­xa o teu nu­me, / ve­ña a nós o teu reino sen reis / e fá­ga­se a túa xe­ne­ro­sa von­ta­de / aquí na Te­rra, e nos as­tros do ceo / a dos cos­mo­nau­tas ru­sos / nos que ti cri­ches con­tra to­do deus. / Que o pan no­so de ca­da día / o poi­da­mos ga­ñar / co­ma ti hon­ra­da­men­te…».

Son poe­mas pa­ra ler, gar­dar e re­ci­tar nos lu­ga­res da me­mo­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.