Bá­goas po­lo pla­ne­ta azul

La Voz de Galicia (Ourense) - - Relatos De Verán -

Co­me­zou a lon­ga ru­ti­na de po­ñer o tra­xe es­pe­cial pa­ra saír ao ex­te­rior. Com­pro­bou to­dos os axus­tes, o cas­co e a mo­chi­la do ai­re. Atra­ve­sou as por­tas de se­gu­ri­da­de e, xa fó­ra, sen­tou nun­ha pe­dra.

Un día máis as cou­sas fo­ran ben. As má­qui­nas e as per­soas cum­pri­ran co seu. O ai­re no in­te­rior da ba­se: com­po­si­ción, pre­sión, tem­pe­ra­tu­ra… a au­ga… a cría de sin­xe­los ve­xe­tais e in­sec­tos des­ti­na­dos a ali­men­ta­ción… a cap­ta­ción de ener­xía… To­do ben por ho­xe. A ba­se Pri­mei­ra Co­lo­nia fun­cio­na­ba á per­fec­ción, pe­ro a vi­da era du­ra. A co­man­dan­te xe­fe res­pi­rou fon­do e mi­rou arre­dor.

O sol­por marciano era se­reno, a pai­sa­xe tin­xi­da de cá­li­das co­res. Pre­to vían­se as re­don­das e pu­li­das Ro­chas To­ma­te. Máis alá a mon­ta­ña Amo­ro­do, xi­gan­te de variados tons de ro­sa. Ao lon­xe os al­tí­si­mos pi­cou­tos Ce­no­ria re­ful­xían con­tra o ceo que xa ía per­den­do a súa cor ro­sa­da.

Es­tra­ños no­mes —pen­sou—, qui­zais pa­ra os De­van­cei­ros, os te­rres­tres que fun­da­ron es­ta ba­se, eran pa­la­bras con al­gún sig­ni­fi­ca­do.

Que­dou un ins­tan­te ca­ti­va­da po­lo si­len­cio e a be­le­za do con­torno. Pe­ro pron­to a luz do sol min­guou e no ceo es­cu­ro des­ta­cou­se, co­ma un bri­llan­te azul, a Te­rra. —O pla­ne­ta que foi azul e ver­de! —fa­lou pa­ra ela— On­de a vi­da en in­fi­ni­tas for­mas xur­día ou­tro­ra sen es­for­zo! Má­goa que ago­ra se­xa tó­xi­co e in­hós­pi­to! Pe­ro ve­se tan fer­mo­so na dis­tan­cia!

Bá­goas sau­do­sas es­va­ra­ron bre­ve­men­te pola fa­ce da ve­lla co­man­dan­te. In­me­dia­ta­men­te fo­ron sor­bi­das po­los dis­po­si­ti­vos do cas­co e tra­ta­das co­ma au­ga a re­ci­clar.

DI­VI­NA NO­VIO SEOANE Ma­rro­zos. Mes­tra xu­bi­la­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.