«Hai xen­te que apro­vei­ta o ve­rán pa­ra pe­dir pa­peis»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Galicia - XO­SÉ MA­RÍA PA­LA­CIOS

Mes­mo os ar­qui­vos pa­rro­quiais se­me­llan ter a súa par­ti­cu­lar tem­po­ra­da al­ta. O ve­rán non é só o mo­men­to do ano no que se en­chen praias, te­rra­zas e cam­pos ou pra­zas que aco­llen ver­be­nas: ta­mén me­dra o nú­me­ro de con­sul­tas nes­tes ser­vi­zos. Mi­guel Aso­rey, que aten­de a pa­rro­quia de Mei­ra e ou­tras do ve­ci­ño con­ce­llo de Pol, ocú­pa­se de le­var ao día li­bros de bau­tis­mos, de con­fir­ma­cións, de ma­tri­mo­nios e de de­fun­cións, así co­mo li­bros de con­tas e de fá­bri­ca, no que se re­co­llen, por exem­plo, obras e me­llo­ras que se van desen­vol­ven­do. Nes­tes me­ses do ano hai máis con­sul­tas: «No ve­rán, sem­pre as pa­rro­quias au­men­tan en xen­te. Hai quen apro­vei­ta o ve­rán pa­ra pe­dir pa­peis que po­de ne­ce­si­tar», co­men­ta es­te cre­go.

Se se fi­xe­se un­ha cla­si­fi­ca­ción dos do­cu­men­tos so­li­ci­ta­dos, o pri­mei­ro posto se­ría pa­ra as par­ti­das de bau­tis­mo. De to­dos os xei­tos, Aso­rey en­ga­de que ta­mén hai ca­sos de per­soas in­tere­sa­das na súa ár­bo­re xe­nea­ló­xi­ca, o que as le­va a con­sul­tar dis­tin­tos do­cu­men­tos, aín­da que ne­ses ca­sos xa é ha­bi­tual acu­dir ta­mén ao ar­qui­vo dio­ce­sano, si­tua­do en Lu­go.

Co­mo oco­rre nes­tes anos, a Mi­guel Aso­rey co­rres­pón­de­lle aten­der va­rias pa­rro­quias. El ten 15, e esa si­tua­ción mes­mo se no­ta no coida­do dos ar­qui­vos pa­rro­quiais: de­ci­diu con­cen­tra­los en Mei­ra e máis en Va­lon­ga (Pol), de xei­to que as res­pec­ti­vas ca­sas reito­rais aco­llen os do­cu­men­tos da pa­rro­quia e ta­mén os dou­tras.

O que non lle cau­sa preo­cu­pa­ción é o es­ta­do de con­ser­va­ción. Di que «co­mo se usan bas­tan­te», non que­dan aga­cha­dos e es­que­ci­dos no fon­do dun ar­ma­rio. Por ou­tra ban­da, re­co­ñe­ce que o an­te­rior pá­rro­co de Mei­ra, Jo­sé San­fiz, reali­zou un coida­do­so tra­ba­llo, fa­cen­do ín­di­ces en to­dos os li­bros pa­ra que a ta­re­fa re­sul­ta­se máis doa­da. El se­gue esa li­ña.

Ten­do en con­ta o am­plo nú­me­ro de pa­rro­quias, po­de su­po­ñer­se que non é doa­do o tra­ba­llo de ter ao día to­dos os da­tos in­cluí­dos no ar­qui­vo, aín­da que Aso­rey afir­ma que ser di­li­xen­te e non dei­xar que os trá­mi­tes pen­den­tes se amon­toen re­sul­ta un­ha axu­da moi boa. Se, por exem­plo, du­ran­te un­ha fin de se­ma­na ten un bau­ti­zo, fai xa o co­rres­pon­den­te re­xis­tro an­tes de que pa­sen va­rios días. «Dá tra­ba­llo; pe­ro se se le­va día a día, me­llor», co­men­ta.

Da­tos pa­ra o fu­tu­ro

A igre­xa pa­rro­quial de Mei­ra, un­ha xoia da ar­te cis­ter­cien­se en Ga­li­cia cons­truí­da no sécu­lo XII, ti­vo no sécu­lo pa­sa­do e en anos re­cen­tes dis­tin­tos tra­ba­llos de me­llo­ra e de con­ser­va­ción. O an­te­rior pá­rro­co e máis es­te fo­ron ano­tan­do to­das esas obras, que co pa­so do tem­po se con­ver­te­rán se­gu­ra­men­te en ob­xec­to de aten­ción de es­tu­do­sos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.