«Trou­xe­mos to­do pa­ra ca­sa pa­ra que non se per­de­ra»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Galicia - SU­SA­NA LUAÑA

A des­cen­den­te duns emi­gran­tes de Pa­ra­de­la que bus­ca­ba a do­cu­men­ta­ción dos seus avós ti­ña ra­zón a me­dias. É cer­to que hou­bo un in­cen­dio nos ar­qui­vos de Meis e que se per­deu boa par­te da do­cu­men­ta­ción, pe­ro foi no re­xis­tro do con­ce­llo, nun es­tra­ño su­ce­so que acon­te­ceu no ano 1930 e que nun­ca foi de to­do acla­ra­do. Por iso, on­de ti­ña que acu­dir ela, co­mo fan ou­tros moi­tos ne­tos de emi­gran­tes, era á pa­rro­quia, on­de o sa­cer­do­te Xo­sé Ba­rrei­ro, a súa ir­má Lo­la ou cal­que­ra ou­tro mem­bro da súa fa­mi­lia ían aten­de­lo con ama­bi­li­da­de e efi­cien­cia, ma­lia non co­brar por ese la­bor.

Xo­sé Ba­rrei­ro é na­tu­ral de Xan­za (Val­ga) pe­ro le­va me­dia vi­da en Pa­ra­de­la, ao fron­te dun­ha pa­rro­quia que aten­de con aga­ri­mo, non hai máis que ver os fer­mo­sos xar­díns que ro­dean o adro. «Pe­ro a ca­sa reito­ral es­tá pe­cha­da, por iso ti­ve­mos que sa­car de alí os do­cu­men­tos, pa­ra que non se per­dan». Un­ha ha­bi­ta­ción da ca­sa na que vi­ve to­da a fa­mi­lia es­tá de­di­ca­da aos ve­llos li­bros, nos que hai apun­ta­men­tos des­de o sécu­lo XIX. An­tes de cus­to­dia­los o sa­cer­do­te es­ti­ve­ron na ca­sa dun ve­ci­ño his­to­ria­dor que os con­sul­ta­ba pa­ra os seus tra­ba­llos. En to­do ca­so, sem­pre ben aten­di­dos e non moi lon­xe do seu lu­gar ori­xi­na­rio, por­que a ca­sa do cu­ra es­tá pre­to da igre­xa.

Lo­la Ba­rrei­ro es­tá afei­ta a tra­ba­llar nos ar­qui­vos. «É moi fá­cil, se te­ñen os no­mes da per­soa e o ano, ato­pá­mo­lo sen pro­ble­ma», ase­gu­ra. E xa se di­ri­xe aos es­tan­tes pa­ra pes­cu­dar so­bre as ori­xes da mu­ller que pre­gun­ta­ba, des­de o ou­tro la­do do Atlán­ti­co, po­los seus avós.

Un­ha co­pia por co­rreo

Ago­ra te­ñen me­nos so­li­ci­tu­des, pe­ro hai uns anos, can­do as cou­sas ían mal en Ar­xen­ti­na, cha­ma­ban se­gui­do. «Por te­lé­fono cha­man pa­ra pre­gun­tar se é es­ta a pa­rro­quia, aín­da cha­mou un­ha mu­ller es­ta se­ma­na pe­ro mi­ra­mos e non era de aquí. Can­do que­ren a par­ti­da, man­dan un­ha car­ta por co­rreo, en­tón o cu­ra fai­lle un­ha co­pia cer­ti­fi­ca­da da par­ti­da de bau­tis­mo ou do que se­xa e lé­va­se ao con­ce­llo pa­ra que di­gan se é vá­li­da, por­que co­mo eles per­de­ron os li­bros po­lo in­cen­dio... Ás ve­ces xa as dei­xa­ba­mos alí pa­ra que as man­da­sen por co­rreo e ou­tras ve­ces as en­via­ba­mos nós».

Nos úl­ti­mos anos hai me­nos pe­ti­cións en Pa­ra­de­la, «si­nal de que lles vai me­llor en Ar­xen­ti­na, por­que a maio­ría da xen­te de aquí foi pa­ra Bos Aires, aín­da que al­gúns que pe­dían as par­ti­das eran de Uru­guai». Al­go máis ali­via­do que que­da o cu­ra de Pa­ra­de­la e máis a súa fa­mi­lia, xa que Xo­sé Ba­rrei­ro, con 77 anos, fai­se car­go de ca­tro pa­rro­quias, e os anos non per­doan, aín­da que o bo hu­mor aín­da o le­va ás cos­tas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.