A pa­cien­cia do mar O MI­RA­DOI­RO DA CIEN­CIA

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión - JORGE MI­RA

OCO2 na at­mos­fe­ra é un­ha das cau­sas do in­cre­men­to da tem­pe­ra­tu­ra me­dia do no­so pla­ne­ta. Ao lon­go do úl­ti­mo sécu­lo, por mor da ac­ti­vi­da­de hu­ma­na, a súa con­cen­tra­ción pa­sou de 280 par­tes por mi­llón a 400. Con to­do, ten­do en con­ta o que quei­ma­mos, o seu in­cre­men­to de­be­ría ter si­do moi­to máis.

Quen nos sal­vou do que fal­ta? Par­te do CO2 emi­ti­do po­lo ser hu­mano foi re­ci­cla­do po­las plan­tas, par­te foi ao so­lo e un 40 % foi ab­sor­bi­do po­los océa­nos. Pe­ro o mar ten o seu rit­mo. Na dé­ca­da de 1990 de­tec­tou­se un­ha bai­xa­da de­sa ca­pa­ci­da­de de ab­sor­ción oceá­ni­ca. En prin­ci­pio atri­buíu­se a un re­for­za­men­to dos ven­tos do oes­te nas au­gas que ro­dean a An­tár­ti­da, pe­ro na dé­ca­da do 2000 os océa­nos vol­ve­ron a re­cu­pe­rar a súa ca­pa­ci­da­de de tra­gar CO2... e os ven­tos se­guían igual.

Que pa­sou? Aca­ba de des­cu­brir­se a res­pos­ta: un cam­bio na ve­lo­ci­da­de de cir­cu­la­ción in­ter­na das au­gas dos océa­nos (a que fai que as au­gas das pro­fun­di­da­des emer­xan á su­per­fi­cie). En xe­ral, nun mi­le­nio a au­ga das zo­nas máis pro­fun­das subs­ti­túe a da su­per­fi­cie; pe­ro hai un­ha cir­cu­la­ción máis rá­pi­da, que afec­ta á ca­pa dos pri­mei­ros mil me­tros. Es­ta au­ga pro­fun­da ten CO2, que é li­be­ra­do can­do che­ga á su­per­fi­cie. Nos 1990 a cir­cu­la­ción era rá­pi­da, e o mar li­be­rou moi­to; un­ha dé­ca­da des­pois en­len­te­ceu­se, e li­be­rou me­nos. Te­ñá­mo­lo cla­ro: o CO2 que vai ao mar non des­apa­re­ce. En pri­mei­ro lu­gar aci­di­fi­ca a au­ga (ma­tan­do os co­rais, por exem­plo), pe­ro ago­ra ade­mais sa­be­mos que o mar ten a súa pro­pia lei: po­de cus­pír­no­lo de vol­ta e, can­do o fa­ga en se­rio, te­re­mos un pro­ble­ma.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.