Un ca­mi­ño

La Voz de Galicia (Ourense) - - Relatos De Verán -

Eu sim­ple­men­te se­guía o fío da­quel ca­mi­ño si­nuo­so que se ato­pa­ba cu­ber­to en­tre sil­vas, her­bas, mo­nu­men­tos e vi­las cheos de ma­xia que pa­re­cían le­var­me a nin­gu­res. Des­pois de va­rios días ca­mi­ñan­do ca­se non sen­tía as pernas. A suor em­pa­pá­ba­me a fron­te can­do fi­tei no que co meu can­sa­do ca­mi­ñar bus­ca­ba. Non era ou­tra cou­sa que San­tia­go de Com­pos­te­la, a ci­da­de que eu bus­ca­ba den­de a mi­ña saí­da de Lion (una ci­da­de pin­to­res­ca do sur de Fran­cia). A mi­ña an­dai­na se­guía, non po­día pa­rar es­tan­do tan pre­to do meu des­tino.

De sú­pe­to, vin a al­guén da mi­ña ida­de máis ou me­nos que pa­re­cía mi­rar­me. Eu ra­pi­da­men­te apar­tei a vis­ta, pois máis que ou­tra cou­sa son tí­mi­da. Des­pois dun in­tre ollei pa­ra o lu­gar on­de pen­sei que se ato­pa­ba, pe­ro na­da, nin ras­tro. A con­ti­nua­ción, mi­rei á es­quer­da e vi­na cuns ollos azuis, sen rum­bo, sen ho­ri­zon­te. Fa­lou en in­glés e gra­zas aos meus úl­ti­mos es­for­zos pola lin­gua in­gle­sa pui­den ini­ciar un­ha con­ver­sa con ela. De prin­ci­pio pa­re­ceu­me do máis be­nig­na. O tem­po en­vol­veu a con­ver­sa e os mi­nu­tos con­ver­té­ron­se en es­pa­zos lon­gos de tem­po. Pa­ra­mos pa­ra co­mer xa que as mi­ñas tri­pas pe­dían­me al­go pa­ra xan­tar. Na mi­ña mo­chi­la ti­ña un bo­ca­di­llo de chou­ri­zo que da­ba en­ve­xa ve­lo, ade­mais ti­ña un sa­bor… Aín­da que pen­sán­doo, qui­zais po­día ser o lon­go tem­po que le­va­ba sen in­xe­rir al­go só­li­do que cal­ma­se a mi­ña cre­cen­te fa­me. Des­pois de xan­tar se­gui­mos o ca­mi­ño con mais ener­xías.

Che­ga­mos a en­tra­da da ci­da­de. «¡Por fin!», pen­sei. Hei de con­fe­sar que o ca­mi­ño non foi tan doa­do co­mo nun prin­ci­pio ima­xi­na­ra. Es­ta­ba­mos dian­te do mo­nu­men­to que tan­to desexa­mos ver os pe­re­gri­nos. Co­me­cei a ca­mi­ñar a un pa­so máis rá­pi­do e de re­pen­te alí es­ta­ba­mos, ti­ña dian­te o re­sul­ta­do fi­nal das mi­ñas ilu­sións; en pre­sen­za do que me fi­xe­ra per­co­rrer eses 1459,9 qui­ló­me­tros, an­dan­do ao ca­rón dun­ha per­soa má­xi­ca. Má­xi­ca no seu an­dar, no seu fa­lar e no seu mi­rar. Sen dú­bi­da, un­ha per­soa úni­ca e chea de se­gre­dos, que con esos ollos ce­gos che­gou on­de moi­tos nun­ca che­ga­rían.

LU­CÍA BOULLOSA ÁL­VA­REZ 13 anos. Cam­ba­dos. Es­tu­dan­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.