Ri­bei­ro: un­ha ci­ta coa his­to­ria

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Juan M. Ca­sa­res

Hou­bo un tem­po en que fa­lar de Ga­li­cia era fa­lar do Ri­bei­ro. Se bo­to a vis­ta ca­ra atrás co­ma o Bal­bino, o neno la­bre­go que ti­ña me­mo­ria, lem­bro a mi­ña ne­nez e as xun­tan­zas cos ami­gos dos pais, o ape­ri­ti­vo dos do­min­gos ou as fes­tas do Na­dal. Un fei­xe de re­cor­dos cheos dun­ha ver­ba: Ri­bei­ro. Vi­ti­cul­to­res, ade­guei­ros, téc­ni­cos, pres­crip­to­res, con­su­mi­do­res; un abano de xen­te que con­flúe nun­ha co­mu­ni­da­de ima­xi­na­da na que non se co­ñe­cen to­dos pe­ro sa­ben que son moi­tos li­ga­dos por un­ha lin­gua­xe co­mún: un vi­ño con his­to­ria, con tra­di­ción, con ca­rac­te­rís­ti­cas di­fe­ren­ciais ver­bo dou­tros de Ga­li­cia, de Es­pa­ña e do mun­do. É al­go máis que un­ha mar­ca, é o mo­tor eco­nó­mi­co dun­ha co­mar­ca. Un te­rri­to­rio fei­to a si mes­mo on­de a au­ga re­za, o vi­ño fa­la e a pe­dra ca­la; un­ha pai­sa­xe que na­rra a in­ter­ac­ción se­cu­lar do la­bre­go coa súa con­tor­na, a ín­ti­ma co­mu­ñón en­tre o ho­me e a te­rra. Un­ha nai que viu na­cer a uns pe­ro que a ou­tros nos ca­ti­vou a tra­vés dos sen­ti­dos, das sen­sa­cións, das enocións. So­mos a de­no­mi­na­ción de ori­xe galega máis an­ti­ga, a re­pre­sen­ta­ción vi­va da esen­cia de Ga­li­cia. Sécu­los de his­to­ria nos con­tem­plan; un­ha his­to­ria co­mún con in­tres di­fí­ci­les dos que, co­ma o he­roe An­teo, sou­be­mos er­guer­nos or­gu­llo­sos. Un re­la­to cons­truí­do con in­tra­his­to­rias co­ma a da ne­ta que lem­bra a can­ción que adoi­ta­ba can­tar a súa avoa; a do emi­gran­te que de vol­ta á te­rra mer­cou a pro­pie­da­de on­de, can­do mo­zo, tra­ba­lla­ra ao xor­nal; o sono dos vi­sio­na­rios que fun­da­ron un­ha coope­ra­ti­va es­ta­ble; ou dos fi­llos que se­guin­do a tra­di­ción do pai man­te­ñen uni­do un pa­tri­mo­nio fa­mi­liar. Den­de a mi­ña fies­tra de Leiro con­tem­plo es­ta te­rra se­ño­rea­da po­lo co­to de No­ve­lle; un­ha es­cul­tu­ra de mon­ta­ñas, va­les, ri­bei­ras e bo­ca­rri­bei­ras. Un es­pec­tácu­lo de trac­to­res se­guin­do un tra­xec­to ri­tual, da vi­ña á ade­ga e da ade­ga á vi­ña, que se re­pi­te ca­da ano du­ran­te sécu­los sen que nin­guén o es­tu­da­ra. Ho­xe aquel neno das lem­bran­zas ten a opor­tu­ni­da­de de ser un máis den­tro des­ta gran fa­mi­lia. In­túo que pre­si­dir o CRDO Ri­bei­ro é al­go máis que xes­tio­nar un­ha en­ti­da­de, coido que é ser pro­ta­go­nis­ta da his­to­ria. Agar­do es­tar á al­tu­ra das cir­cuns­tan­cias.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.