O tren a Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión - MA­RI­NA MA­YO­RAL

No Atlas de la al­ta ve­lo­ci­dad es­pa­ño­la, pu­bli­ca­do po­la Fun­da­ción de los Fe­rro­ca­rri­les Es­pa­ño­les, na que par­ti­ci­pan Ren­fe e Adif , ade­mais do Mi­nis­te­rio de Fo­men­to, con­gra­tú­lan­se po­los avan­ces do sis­te­ma fe­rro­via­rio es­pa­ñol.

O li­bro ce­le­bra os 25 anos da che­ga­da do AVE a Se­vi­lla e com­prén­de­se o en­tu­sias­mo, pe­ro ta­mén se de­du­ce que os res­pon­sa­bles da pu­bli­ca­ción via­xan pou­co a Ga­li­cia. Ci­tan, co­mo exem­plo do pro­gre­so, que en 1942 le­va­ba de­zaoi­to ho­ras che­gar des­de Co­ru­ña ou Vi­go a Madrid. Ago­ra tár­dan­se seis ho­ras e me­dia. É un­ha gran me­llo­ría, pe­ro, se o com­pa­ra­mos coas dúas ho­ras e trin­ta mi­nu­tos do Madrid- Se­vi­lla, a cou­sa xa em­pe­za a re­sul­tar fas­ti­dio­sa.

E non se tra­ta só do tem­po, se­nón da ca­li­da­de da via­xe. Fá­lo­lles por ex­pe­rien­cia por­que aca­bo de su­frir o tra­xec­to Madrid-Lu­go. Nun tren que sae ás 13 ho­ras e che­ga ás 19.26, o ló­xi­co se­ría un ser­vi­zo de res­tau­ra­ción e non os bo­ca­di­llos da ca­fe­te­ría, que son peo­res e máis ca­ros que a co­mi­da que os via­xei­ros, con to­da ra­zón, traen das súas ca­sas e que con­ver­ten un va­gón de pre­fe­ren­te nun­ha ro­ma­ría cam­pes­tre con chei­ros e res­tos de tor­ti­lla, fi­le­tes em­pa­na­dos, en­sa­la­das, gaz­pa­chos e froi­tas va­ria­das. A is­to úne­se que par­te da via­xe hai que fa­ce­la en con­tra da mar­cha, e cun trou­pe­leo tan for­te dos va­góns que des­pra­zar­se po­lo co­rre­dor é un ver­da­dei­ro exer­ci­cio de equi­li­brio.

Alé­gro­me dos avan­ces fe­rro­via­rios ca­ra ao sur, o es­te e o nor­dés, pe­ro que non nos to­men o pe­lo aos ga­le­gos ci­tan­do as de­zaoi­to ho­ras de 1942.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.