Un país po­de ser ri­si­ble

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Ose­ñor Sar­dá Valls, cón­sul en Was­hing­ton, foi ce­sa­do de ma­nei­ra ful­mi­nan­te (sim­pli­ci­ter et de plano, co­mo gus­ta­ban os in­qui­si­do­res) por­que se pen­sou que fi­xe­ra re­xou­ba do acen­to da pre­si­den­ta an­da­lu­za. Non hai tal: do que si fi­xo re­xou­ba foi de que es­ta imi­ta­ra a ves­ti­men­ta de do­na Le­ti­zia, co­mo ben de­mos­tran as fo­tos pu­bli­ca­das. E esa é, pa­ré­ce­me, a cues­tión.

O seu co­men­ta­rio non ri­di­cu­li­za­ba a ma­nei­ra de ex­pre­sar­se da se­ño­ra de que es­ta­mos fa­lan­do, pois ben se ve que o úni­co que fi­xo foi tra­tar de trans­cri­bi­la. Ou­tros trans­cri­ben a ma­nei­ra de fa­lar de Ra­joy, ás ve­ces ben en­sa­ri­lla­da e fal­ta de ló­xi­ca, e de ou­tros moi­tos, e non pa­sa na­da. As reac­cións do Mi­nis­te­rio de Asun­tos Ex­te­rio­res ou do se­ñor Ji­mé­nez Ba­rrios, en Se­vi­lla, ori­xi­nan, po­lo me­nos, ver­da­dei­ro des­con­cer­to.

Non é que se­xan des­pro­por­cio­na­das —a cou­sa é dun­ha pe­que­nez in­sig­ni­fi­can­te na súa ori­xe, pe­ro que re­sul­ta mag­ni­fi­ca­da por esas al­po­ri­za­das reac­cións—, é que ar­mar tan­to ba­ru­llo por na­da, le­va a que se pen­se que en que cou­sas po­den ocu­par o seu tem­po no mi­nis­te­rio do ca­so ou na vi­ce­pre­si­den­cia do se­ñor Ji­mé­nez Ba­rrios.

Coi­do que ten to­da a ra­zón o se­ñor Sar­dá Valls can­do di que en Es­pa­ña xa non hai li­ber­da­de de ex­pre­sión nin sen­ti­do do hu­mor. Es­pe­cial­men­te is­to úl­ti­mo. Co­mo ta­mén pen­so que fi­xo mal en pe­dir des­cul­pas po­lo seu co­men­ta­rio, pois de na­da ten que se des­cul­par: hai per­so­na­xes, po­lí­ti­cos maior­men­te, ben me­re­cen­tes de cri­ti­ca e de re­xou­ba, co­mo nes­te ca­so.

E, den­de lo­go, esas reac­cións tan al­po­ri­za­das, tra­tan­do de ver o que non hai, non son de ga­bar en xen­tes que te­ñen que com­por­tar­se coa cor­te­sía — coas ma­nei­ras— esi­xi­da po­los seus car­gos. Se esas ma­nei­ras fal­tan, es­ta­re­mos dan­do mo­ti­vos pa­ra que, den­tro e fó­ra — so­bre to­do fó­ra—, se pen­se que so­mos un país ri­si­ble.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.