So­las­tal­xia

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura - Xesús Fra­ga

ese ca­tá­lo­go apa­ren­te­men­te ines­go­ta­ble de en­fer­mi­da­des mo­der­nas, a so­las­tal­xia se­me­lla ser a que me­llor se acae a esas doen­zas pro­vo­ca­das po­las ac­cións hu­ma­nas. De atér­mo­nos á de­fi­ni­ción do fi­ló­so­fo Glenn Al­brecht, a so­las­tal­xia na­ce­ría do desacou­go de pre­sen­ciar co­mo se vai de­te­rio­ran­do o en­torno co­ñe­ci­do e que­ri­do sen po­der fa­cer na­da por re­me­dia­lo. So­las­tal­xia é ver co­mo as coida­das e vi­zo­sas lei­ras de an­tano fo­ron co­mes­tas po­lo des­lei­xo e as sil­vas, co­mo so­las­tal­xia ta­mén é com­pro­bar co­mo na rúa on­de un me­drou des­apa­re­ce­ron as ár­bo­res e os xo­gos dos ne­nos, subs­ti­tuí­dos por co­ches e ban­cos ba­lei­ros de for­mi­gón. Doé­mo­nos de so­las­tal­xia can­do o ver­dor da fra­ga que­da tis­na­do co ne­gro bo­rra­llen­to que se­gue ao lu­me, pe­ro ta­mén can­do acu­di­mos ao no­so có­ma­ro fa­vo­ri­to a apa­ñar ama­ro­tes e com­pro­ba­mos que foi arra­sa­do po­lo her­bi­ci­da ou a po­da bru­tal do ca­zo dun­ha má­qui­na.

¿Por que doe a so­las­tal­xia? A com­bi­na­ción de ma­les in­clúe a sen­sa­ción de per­da, a im­po­ten­cia an­te a súa irre­ver­si­bi­li­da­de e a es­ma­ga­do­ra cer­te­za do paso do tem­po, ese mons­tro im­pla­ca­ble. O tem­po: ata o de ago­ra, a es­ca­la do seu mo­ve­men­to acom­pa­sá­ba­se ao no­so, e as pai­sa­xes ín­ti­mas na­cían, me­dra­ban e des­apa­re­cían can­da as no­sas vi­das. Pe­ro a ace­le­ra­ción exis­ten­cial mer­gú­lla­nos nun­ha ver­ti­xe co­mo só es­ti­ve­ra ao al­can­ce do ci­ne, can­do nos si­tua­ba an­te a mi­ra­xe de ver fu­xir as nu­bes nun ceo de tormenta in­fi­ni­ta.

A so­las­tal­xia se­ría, xa que lo­go, un­ha sor­te de re­ver­so te­rri­ble da sau­da­de, a súa ne­ga­ción as­fi­xian­te. A sau­da­de acom­pá­ña­nos ne­se tra­xec­to sen­ti­men­tal no que se pro­xec­ta un­ha me­lan­co­lía ín­ti­ma pa­ra ache­gar­nos ao ob­xec­to do desexo: es­ten­de­mos a man, a pi­ques de aprei­xa­lo, e lo­go des­apa­re­ce, dei­xán­do­nos no so­laz do ima­xi­na­do. Po­la con­tra, a so­las­tal­xia, cu­xo éti­mo su­ma pre­ci­sa­men­te so­laz, «so­la­cium», con dor, «al­xia», ani­qui­la ese es­pa­zo de en­so­ña­ción, subs­ti­tuín­doo por un abis­mo in­men­so que se tra­ga o no­so desacou­go. Ese ba­lei­ro lém­bra­nos a fra­xi­li­da­de do que nos ro­dea, iso que cre­mos in­mu­ta­ble e que en reali­da­de é tan fi­ni­to co­mo nós mes­mos: a so­las­tal­xia ta­mén é o re­cor­da­to­rio cruel e ace­le­ra­do de que to­do pa­sa.

D

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.