En fes­tas

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Jo­sé Pé­rez Do­mín­guez

As fes­tas son si­nal de vi­da. As pa­rro­quias da Bai­xa Li­mia es­tán a fes­te­xar aos seus pa­tróns co­ma nos me­llo­res tem­pos. Car­teis, pro­gra­mas, or­ques­tras, cha­ran­gas no can­to das ban­das, misas so­lem­nes e pro­ce­sións; non po­den fal­tar os fo­gos lo­ca­li­zan­do aos po­bos e ás pa­rro­quias; e, cla­ro es­tá, os con­vi­da­dos a fes­ta, que, po­lo xe­ral, re­ma­ta nun gran xan­tar, no que hai tem­po pa­ra re­cor­dar per­soas e fei­tos do pa­sa­do, no que se fai pre­sen­te a ac­tua­li­da­de e ata a boa nova de em­pa­re­lla­men­tos ma­tri­mo­niais, no que vai subin­do a tem­pe­ra­tu­ra — es­ta­mos en ve­rán— na me­di­da en que se es­can­cian as be­bi­das; pe­ro que son efec­to dos li­co­res. Foi un­ha má­goa; nes­te ano Bar­xés non fes­te­xou.

Os sa­cer­do­tes, pou­cos por mor da nova dis­tri­bu­ción da pas­to­ral dio­ce­sa­na en Uni­da­des de Aten­ción Pa­rro­quial, te­ñen que mul­ti­pli­car­se pois hai días en que han de ofi­ciar en dous ou tres si­tios ten­tan­do de pres­tar o me­llor ser­vi­zo re­li­xio­so. É cer­to que es­ta­mos en zo­na moi des­po­boa­da, pe­ro, no ve­rán, ve mul­ti­pli­ca­dos os ve­ci­ños que vol­ven, por des­gra­za ca­da vez me­nos, aos seus lu­ga­res de ori­xe. Non ha­be­rá moi­ta fe, non ha­be­rá moi­ta for­ma­ción re­li­xio­sa, pe­ro non que­ren vol­ver aos seus postos sen ter ce­le­bra­do as fes­tas dos seus san­tos ben que­ri­dos na com­pa­ña de fa­mi­lia­res e ami­gos.

As fes­tas son un­ha te­ra­pia cu­ra­ti­va pa­ra tó­do­los po­bos. «Non ve­ñas moi­to por acá que che hai moi­tos en­te­rros», din os meus ve­ci­ños. «Is­to acá­ba­se», co­men­tan ou­tros. O ve­rán é tem­po pa­ra re­co­brar a es­pe­ran­za de se­guir vi­vin­do e trans­mi­tin­do vi­da. As fes­tas fan­nos cam­biar o pe­si­mis­mo po­la ale­gría de vi­vir e go­zar da fer­mo­su­ra de es­tas te­rras da Bai­xa Li­mia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.