Ga­li­cia ca­no­sa

La Voz de Galicia (Ourense) - - A Fondo - Manuel B. De­sar Eco­no­mis­ta ex­per­to en de­mo­gra­fía

en­di­ta se­xa Ga­li­cia por nos per­mi­tir as­pi­rar a cen­te­na­rios. Aos que fa­lan mal do Ser­gas ou dos no­sos mé­di­cos e sa­ni­ta­rios ha­bía que po­ñe­los de xeon­llos. Hai uns días sou­ben dou­tra mi­la­gre que me to­cou pre­to: do­bre trans­plan­te de fí­ga­do e dun ril. So­bre­vi­viu. Is­to non acon­te­ce nas sa­ni­da­des an­glo­sa­xo­nas, e me­nos pa­ra a xen­te do co­mún. Hai cou­sas que fun­cio­nan e moi ben en Ga­li­cia e en Es­pa­ña. Por ra­zóns pro­fe­sio­nais ti­ven que con­tras­tar o sis­te­ma ga­le­go de trans­plan­tes co teu­tón, e o no­so ga­ña por K. O.

Vi­vi­re­mos máis anos. Os que te­mos fi­llos as­pi­ra­mos a que eles vi­van aín­da máis e me­llor cá nós. Pe­ro is­to ten uns cus­tes e de­be­mos pre­pa­rar­nos. Por des­gra­za, os eco­no­mis­tas non es­ta­mos ao mes­mo ni­vel pro­fe­sio­nal cós no­sos mé­di­cos, se ca­dra por non su­pe­rar un MIR e lon­gas gar­das mal pa­ga­das, nas que cóm­pre to­mar de­ci­sións vi­tais en cues­tión de se­gun­dos.

A eco­no­mía é un­ha dis­ci­pli­na lú­gu­bre. Sem­pre

Bes­cul­ca nun­has ne­ce­si­da­des que me­dran con res­tri­cións de re­cur­sos pa­ra asu­mi­las. Mais non lle imos fa­cer ca­so ao mi­nis­tro xa­po­nés de fi­nan­zas, Ta­ro Aso, can­do di­xo que os ve­llos de­be­rían dar­se pré­sa en mo­rrer. Non sei que en­ten­de­rá el por ve­llo, con­si­de­ran­do que na­ceu en 1940. Pe­ro fó­ra de­sa ani­ma­la­da, o cer­to é que Xa­pón po­de en­si­nar­nos moi­tas cou­sas so­bre a «xe­ro­no­mía», ou eco­no­mía se­nes­cen­te. O pri­mei­ro é que non de­be­mos ter tan pou­cos fi­llos co­ma os xa­po­ne­ses, aín­da que che­gue­mos ser tan com­pe­ti­ti­vos co­ma eles. Pre­ci­sa­mos xen­te no­va pa­ra que os no­sos maio­res go­cen da súa ve­llez e nós da súa sa­be­do­ría vi­tal. Cóm­pre fi­nan­ciar máis me­dios pa­ra aten­de­los me­llor, e iso só é po­si­ble re­xu­ve­ne­cen­do a no­sa so­cie­da­de pa­ra im­pul­sar a no­sa eco­no­mía. A tei­ma da sil­ver eco­nomy, ou eco­no­mía ca­no­sa que din en Bru­xe­las, só nos con­du­ce ao ra­cio­na­men­to per­ma­nen­te. Tra­ba­llar ata os 72? Wolf­gang Cle­ment, ex­mi­nis­tro ale­mán de eco­no­mía (SPD), xa o di­xo. Pe­ro Ale­ma­ña é ou­tro desas­tre de­mo­grá­fi­co. Da­que­la, apren­da­mos dos erros dos prós­pe­ros ni­póns e xer­ma­nos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.