Gra­zas a to­dos

La Voz de Galicia (Ourense) - - La Voz de Ourense -

Pois un­ha vez da­do por Me­dio Ru­ral co­mo ex­tin­gui­do lu­me de Ve­rín é ho­ra de fa­cer ba­lan­ce e re­co­ñe­ce­men­to. Os que a día de ho­xe tra­ba­lla­mos no Ser­vi­zo Pro­vin­cial (SPM) de Emer­xen­cias po­de­mos di­cir sen me­do a errar moi­to que pou­cas ve­ces se veu un lu­me des­ta vi­ru­len­cia e di­men­sións nos que os tra­ba­llos de ex­tin­ción e coor­di­na­ción se des­en­ro­la­sen e re­ma­ta­sen tal co­mo aquí o fi­xe­ron.

Non po­de­mos caer na ten­ta­ción da eu­fo­ria do tra­ba­llo ben fei­to nun­ha si­tua­ción no que os pro­ble­mas con­se­cuen­cia dun­ha po­si­ble des­coor­di­na­ción, fo­sen de es­pe­rar. Pois ma­ñá ou pa­sa­do, por des­gra­za, es­ta­re­mos nun mo­men­to se­me­llan­te ao vi­vi­do e é po­si­ble que as cou­sas non saian tan ben. Pe­ro ta­mén é xus­to pen­sar que a coin­ci­den­cia da ac­ti­va­ción por pri­mei­ra vez do men­cio­na­do pro­to­co­lo no que se in­clúe o des­pre­gue do Posto de Man­do Avan­za­do e o Par­que de Re­cep­ción de Me­dios cun ex­ce­len­te re­sul­ta­do de coor­di­na­ción en­tre to­dos

os gru­pos im­pli­ca­dos na emer­xen­cia, non po­de ser ca­sua­li­da­de. Agra­de­cer ás for­zas e cor­pos de se­gu­ri­da­de do es­ta­do que en to­do mo­men­to co­la­bo­ra­ron coas pe­ti­cións que se lles fo­ron so­li­ci­tan­do pa­ra fa­ci­li­tar as la­bo­res dos de­mais gru­pos e ve­lan­do ao mes­mo tem­po po­la se­gu­ri­da­de da po­boa­ción, cun to­tal de 13 pa­tru­llas en­tre CO­TA e Se­gu­ri­da­de Ciu­da­da­na da Guar­dia Ci­vil. Ta­mén aos pri­mei­ros im­pli­ca­dos na ex­tin­ción do in­cen­dio. O per­soal do Dis­tri­to Fo­res­tal XIV no que ta­mén se in­clúe o GES de La­za, e a tó­do­los me­dios que se fo­ron in­cor­po­ran­do den­de o res­to de Ga­li­cia. Des­gra­cia­da­men­te, o per­soal dese Dis­tri­to ten to­da a ex­pe­rien­cia do mun­do en si­tua­cións se­me­llan­tes a esta e iso re­per­cu­tiu no seu bo fa­cer. É de ad­mi­rar que a pe­sar de to­dos es­tes anos de loi­ta con­tra gran­des lu­mes, a xen­te non caia na apa­tía ou na de­sidia. Se­nón to­do o con­tra­rio.

Ta­mén, e den­tro do dis­po­si­ti­vo de ex­tin­ción, non po­de­mos es­que­cer­nos dos me­dios non per­ten­ces á Con­se­lle­ría do Me­dio Ru­ral co­mo foi a UME. Gra­zas ao per­soal da Axe­ga. que coa mo­bi­li­za­ción do PMA e da cu­ba no­dri­za den­de a ba­se de A Es­tra­da, fi­xe­ron que de que

to­do fo­se máis có­mo­do e ope­ra­ti­vo. Nun lu­me co­mo o dou­tro día o má­xi­mo ris­co po­ten­cial e pun­tos con prio­ri­da­de de de­fen­sa son os nú­cleos de po­boa­ción, que es­ti­ve­ron en to­do mo­men­to de­fen­di­dos e non foi ne­ce­sa­ria a súa eva­cua­ción.

Boa par­te de que as cou­sas fo­sen así foi res­pon­sa­bi­li­da­de dos bom­bei­ros do par­que de Ve­rín que nalgún mo­men­to se vi­ron re­for­za­dos po­los do par­que de A Li­mia. E por su­pos­to non po­de­mos es­que­cer­nos das Agru­pa­cións de Pro­tec­ción Ci­vil. O tra­ba­llo fei­to po­la de Ve­rín xun­to coa de Vi­lar­de­vós foi de dez. Ta­mén é de xus­ti­za ter en con­ta o apoio que en to­do mo­men­to ti­ve­mos po­los que den­de máis arri­ba amo­sa­ron a súa preo­cu­pa­ción e pre­dis­po­si­ción a fa­ci­li­tar­nos as cou­sas pa­ra que to­do saí­se do me­llor xei­to po­si­ble. Re­ma­ta­mos xa amo­san­do os no­sos desexos de que aín­da que as cou­sas po­de que non saían tan ben no fu­tu­ro, alo­me­nos dis­co­rran po­lo ca­mi­ño que pa­re­ce que se to­mou o ou­tro día en Ve­rín. Pois que­dou de­mos­tra­do que tra­ba­llan­do des­te xei­to te­re­mos moi­tas máis pro­ba­bi­li­da­des de éxi­to. VO­LUN­TA­RIA­DO DE PRO­TEC­CIÓN CI­VIL DE OU­REN­SE.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.