Ho­me­na­xe ao gai­tei­ro de Gui­lla­rei

La Voz de Galicia (Ourense) - - Relatos De Verán -

Era moi ce­do, tan­to que o ache­gar­me á xa­ne­la deu­me a sen­sa­ción de es­tar a con­tem­plar un mun­do no­vo, mais ao mes­mo tem­po sen­tín con gran emo­ción que aque­la es­ce­na que es­ta­ba a con­tem­plar so es­ta­ría com­ple­ta can­do eu es­ti­ve­ra pre­sen­te ne­la. Ob­ser­vei co­mo o car­tei­ro lan­za­ba enor­mes sa­cos ama­re­los pa­ra o in­te­rior dun va­gón de tren da mes­ma cor ou co­mo o pa­na­dei­ro le­va­ba pa­ra den­tro da can­ti­na dúas enor­mes cai­xas cheas de pan. To­do se su­bor­di­na­ba á ve­lla es­ta­ción de tren, un ser iner­te que era quen de irra­diar vi­da a se­res vi­vos in­te­li­xen­tes. Den­de o pi­so de abai­xo a voz da avoa arras­trou­me no­va­men­te ca­ra a reali­da­de pa­ra lem­brar­me que o avó e o gai­tei­ro agar­da­ban xa por min pa­ra asis­tir á ce­ri­mo­nia dos 100 anos da pon­te.

Pou­co des­pois de po­ñér­mo­nos en mar­cha re­pa­rei que des­fru­ta­ría dun gran pri­vi­le­xio. O gai­tei­ro le­vou­nos po­lo ca­mi­ño tran­si­ta­do po­los tra­ba­lla­do­res can­do es­ta­ban a cons­truír a pon­te. Aden­trá­mo­nos así po­las ri­bei­ras ver­des e fres­cas. Pou­co des­pois che­ga­mos a un cla­ro e o gai­tei­ro pa­rou en se­co. Á no­sa es­quer­da si­na­lou uns ma­xes­to­sos cas­ti­ñei­ros. Di­xo que as súas cas­ta­ñas e al­gún pei­xe do re­ga­to que alí trans­co­rría su­pu­ñan o sus­ten­to pa­ra moi­tos ho­mes que fa­cían un al­to na­quel lu­gar des­pois dun­ha du­ra xor­na­da de tra­ba­llo na cons­tru­ción da pon­te.

Che­ga­mos ao lu­gar da ce­ri­mo­nia. O gai­tei­ro ao pé da pon­te te­ría que in­ter­pre­tar me­lo­días e can­cións da épo­ca da súa cons­tru­ción. Os trens saí­ron e ato­pá­ron­se no me­dio da pon­te men­tres o ros­tro ver­me­llo do gai­tei­ro mos­tra­ba a for­za e a emo­ción da súa ta­re­fa. As lo­co­mo­to­ras to­cá­ron­se sua­ve­men­te en for­ma de aga­ri­mo­so bi­co. Foi en­tón can­do a pon­te co­me­zou a tre­mer pa­ra arre­pío da xen­te que se ato­pa­ba den­tro dos va­góns. O gai­tei­ro non dei­xou de to­car coa emo­ción e a for­za que o es­ta­ba a fa­cer. O avó mais eu per­ma­ne­ce­mos in­mó­bi­les e al­go nos fa­cía sen­tir que na­da ma­lo nos po­de­ría acon­te­cer. O bi­co arraiano das lo­co­mo­to­ras e as me­lo­días do gai­tei­ro de Gui­lla­rei aso­la­ga­ron o lu­gar cun sen­ti­men­to de ma­xia e per­ten­za que fi­xe­ron tre­mer un­ha pon­te cons­truí­da con ba­rras de acei­ro e enor­mes pia­res de pe­dra.

GE­RAR­DO FERNÁNDEZ BLAN­CO Gui­lla­rei. Pro­fe­sor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.