Tres días

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Ma­ría Co­bas

Oque ten fa­cer as cou­sas des­de un des­pa­cho si­mu­lan­do que un nun­ca pi­sou a rúa (por­que non me creo que ha­xa xen­te que na­ceu nun es­pa­zo en­mo­que­ta­do e nun­ca mun­do máis aló viu) é que pa­san cou­sas co­mo que o no­vo Plan de Trans­por­te Pú­bli­co obri­gue a un ve­ci­ño da Po­bra de Tri­ves a in­ves­tir tres días (si, tres días) en po­der bai­xar a O Bar­co de Val­deo­rras pa­ra acu­dir a un­ha consulta mé­di­ca, vi­si­tar a un en­fer­mo, ir a Fa­cen­da... ou de com­pras, vaia. Que iso tam­pou­co se­ría de­li­to. Pe­ro xa con­tan­do que o Plan ese non bus­que fa­ci­li­tar aos ga­le­gos po­der ir de com­pras, o que de­be­ría fa­cer é non po­ñer­lle atran­cos pa­ra fa­cer trá­mi­tes ne­ce­sa­rios ou, in­clu­so máis alá, coidar a saú­de. Tres días pa­ra fa­cer os 80 qui­ló­me­tros que su­man a ida e a vol­ta. ¡Nin an­dan­do! ¿Que mio­lo ilu­mi­na­do pui­do pen­sar que un bus ás 5.15 da ma­ñá é útil? Sal­vo que se­xa que o Plan de Trans­por­te vén re­cu­pe­rar aque­la ini­cia­ti­va dos Bus Mou­cho que tra­ta­ban de evi­tar que a xen­te bé­be­da co­lle­ra a co­che des­pois de saír, non lle ve­xo a uti­li­da­de. Se­ría un des­pro­pó­si­to pen­sar que un ve­ci­ño de Tri­ves te­ña que co­ller un bus ás 5.15 da ma­ñá pa­ra bai­xar ao Bar­co ao mé­di­co, por­que da ho­ra de chegada ata lle cus­ta­ría ato­par un bar aber­to pa­ra fa­cer tem­po; pe­ro é que o mio­lo ilu­mi­na­do que deseñou os ho­ra­rios pen­so que non, me­llor desa ho­ra pa­ra su­bir do Bar­co a Tri­ves. ¡De tu­ris­tas se vai en­cher o Ma­ci­zo Cen­tral con eses ho­ra­rios! Por­que os do Bar­co non van a Tri­ves fa­cer trá­mi­tes, nin ao hos­pi­tal... Ese bus a maior par­te das ve­ces vai con tri­ve­ses que vol­ven á ca­sa des­pois de fa­cer re­ca­dos po­lo Bar­co, a on­de ago­ra pa­re­ce­rá que van de tu­ris­tas... ¡Tres días!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.