«Cal­que­ra lugar é bo pa­ra reivin­di­car a Flo­ren­cio»

La Voz de Galicia (Ourense) - - A Rúa De Valdeorras - M. CO­BAS

Oac­tor e ar­tis­ta na­ci­do en Cór­go­mo (Vi­la­mar­tín de Val­deo­rras) An­xo Ba­ran­ga se­rá o en­car­ga­do de dar o pre­gón es­ta tar­de (20.30 ho­ras) na inau­gu­ra­ción da Ba­co­fes­ta na Rúa.

— ¿Co­mo lle che­gou a in­vi­ta­ción de dar o pre­gón?

—Crea­ron un­ha aso­cia­ción en Val­deo­rras pa­ra crear un­ha can­di­da­tu­ra uni­ta­ria pa­ra lo­grar un Día das Letras pa­ra Flo­ren­cio Delgado Gu­rria­rán, e den­tro dese con­tex­to a min pe­dí­ron­me que for­ma­se par­te. Par­ti­ci­pei xa na Fes­ta das Co­vas de Vi­la­mar­tín cun­ha con­ta­da so­bre Flo­ren­cio e Car­los Casares, e ago­ra vou fa­cer o pre­gón.

— ¿Un pre­gón so­bre Flo­ren­cio Delgado Gu­rria­rán?

—Eu fa­rei un pre­gón reivin­di­can­do a cul­tu­ra e a iden­ti­di­da­de de Val­deo­rras na lin­gua... na eco­no­mía e no vi­ño. To­do o que hai en Val­deo­rras ten que ir coa lin­gua e a cul­tu­ra pro­pia de aquí, ta­mén co­mo mar­ca do pro­pio vi­ño, co­mo se­lo dese vi­ño, que é o que nos fa­rá des­ta­car por en­ci­ma dou­tros pro­du­tos. Con máis ou me­nos chas­ca­rri­llos pro­pios de min, é por aí por on­de vai ir o pre­gón, pe­ro aín­da es­tou tra­ba­llan­do pa­ra el [a en­tre­vis­ta fí­xo­se o mér­co­res].

— ¿Al­gún día ha­be­rá ese Día das Letras pa­ra Flo­ren­cio?

—Eu creo que se a co­mar­ca se pon de acor­do, e da­mos un­ha vi­sión de co­mar­ca na que a xen­te, as aso­cia­cións, as em­pre­sas, se unen pe­din­do as Letras pa­ra Flo­ren­cio... Creo que aos aca­dé­mi­cos cho­ca­ría­lles y mi­ra­ríano dou­tra ma­nei­ra... Can­do o pi­de un­ha aso­cia­ción sol­ta, é un­ha cou­sa, pe­ro se hai pre­sión da po­boa­ción... Non saiu aín­da un­ha ma­nei­ra uni­ta­ria pe­din­do que re­co­ñe­zan a Flo­ren­cio co­mo un ar­tis­ta de ca­li­da­de.

— ¿A Ba­co­fes­ta é o lugar pa­ra pe­di­lo?

—Bueno, eu creo que cal­que­ra lugar é bo pa­ra reivin­di­car a cul­tu­ra, e pa­ra reivin­di­car a Flo­ren­cio. E por­que apar­te de ser uvas ma­cha­ca­das, can­do fa­las de vi­ño fa­las de poe­sía e em­pe­zas a no­mear de on­de vén, e os olo­res... O mes­mo Cun­quei­ro di­cía que non é o mes­mo di­cir «un­ha lan­gos­ta» que di­cir de on­de vén o no­me, que sig­ni­fi­ca... Can­do a co­mes xa se con­vir­te nun ritual, nun ac­to cul­tu­ral. Co vi­ño po­dé­mos­lle dar ese pun­to cul-

tu­ral, sa­bo­rean­do máis que tra­gan­do. En can­to a reivin­di­car a Flo­ren­cio, creo que de­be­ría­mos fa­cer ac­tos cul­tu­rais nos que a cul­tu­ra es­té me­ti­da nas fes­tas

gas­tro­nó­mi­cas, me­ter li­te­ra­tu­ra e ci­ne e ou­tras his­to­rias, e non só gas­tro­no­mía... E reivin­di­car a flo­ren­cio sem­pre, en cal­que­ra con­tex­to.

FO­TO L. V.

Ba­ran­ga le­va des­de 2001 pe­din­do as Letras pa­ra FDG

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.