Fran­co, aquel ho­me

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Pro­ba­ble­men­te pui­do evitarse que a xes­tión das vi­si­tas ao Pazo de Meirás pa­sa­se á Fun­da­ción Fran­cis­co Fran­co. Du­ran­te o úl­ti­mo Go­berno so­cia­lis­ta, a vi­ce­pre­si­den­ta Ma­ría Teresa Fer­nán­dez de la Ve­ga en­car­gou ao em­bai­xa­dor no Va­ti­cano, Fran­cis­co Vázquez, que apro­vei­ta­se a vi­si­ta da mar­que­sa de Villaverde á em­bai­xa­da, coa Or­de do San­to Se­pul­cro, pa­ra fa­lar­lle da ce­sión do pazo ao pa­tri­mo­nio na­cio­nal. O in­for­me do em­bai­xa­dor á vi­ce­pre­si­den­ta di­cía que a mar­que­sa es­ta­ba dis­pos­ta á ne­go­cia­ción, sem­pre que se fi­xe­se de for­ma co­rrec­ta. Za­pa­te­ro co­ñe­ceuno, pe­ro non deu nin­gun­ha ins­tru­ción.

Tam­pou­co —que se sai­ba— o fi­xo Ma­riano Ra­joy, po­lo que é ló­xi­co que Carmen Fran­co, con 91 anos, con­fia­se a xes­tión á fun­da­ción que le­va o no­me do pai; e é ló­xi­co que a Fun­da­ción Fran­cis­co Fran­co quei­ra apro­vei­tar a ce­sión pa­ra loar ao Cau­di­llo e lim­par a súa ima­xe da ma­le­di­cen­cia que a ro­xe­ría veu ver­quen­do sobre el du­ran­te décadas. Un an­ti­ci­po deuno o por­ta­voz nun­ha en­tre­vis­ta na Sex­ta TV ao afir­mar que Fran­co «no fu­si­la­ba a la gen­te». E de­be de ser ver­da­de por­que nun­ha xor­na­da de pes­ca nun río de As­tu­rias, al­guén pre­gun­tou por un mi­li­tar a quen per­de­ra a pis­ta e Fran­co co­men­tou: «A ese lo fu­si­la­ron los na­cio­na­les».

Non de­bía de man­dar tan­to co­mo se di­cía por­que can­do Fra­ga se lle quei­xou dun go­ber­na­dor ci­vil que o mal­tra­ta­ra, Fran­co acon­se­llouno: «Yo de us­ted de­ja­ría las cosas co­mo es­tán, por­que ese go­ber­na­dor tie­ne muy bue­nas aga­rra­de­ras». Cun ex­mi­nis­tro doí­do po­la per­da da car­tei­ra, mos­trou­se es­pe­cial­men­te so­li­da­rio: «Van a por no­so­tros».

Sim­pá­ti­co non era. O pi­lo­to de hi­dro­avións Ig­na­cio Hi­dal­go Cis­ne­ros, que o tra­tou de mo­zo, en Ma­rro­cos, co­men­tou: «Fran­co es an­ti­pá­ti­co des­de que era cé­lu­la». Pe­ro a Fun­da­ción po­de elo­xiar é aquel swing de golf do Cau­di­llo, que en­ve­xa­ba o mes­mí­si­mo Ba­lles­te­ros; o her­cú­leo bra­zo que lle per­mi­tía pes­car e ren­der atúns de 320 qui­los; e a pro­di­xio­sa pun­te­ría pa­ra pro­vo­car chu­vias de per­di­ces. «En la úl­ti­ma ca­ce­ría ba­tí el ré­cord, ma­tan­do en muy po­cos ojeos cer­ca de cinco mil», dí­xo­lle ao cur­mán Fran­co Salgado-Araú­jo; pe­ro a con­de­sa de Ro­ma­no­nes con­tou que ao re­ma­tar as ba­ti­das, os sol­da­dos apa­ña­ban as per­di­ces, fo­sen de quen fo­sen, e le­vá­ban­llas a el.

Por cer­to, nun­ha ca­ce­ría de per­di­ces re­ci­biu Fran­co a noticia de que uns re­bel­des con­se­gui­ran chim­par a Ba­tis­ta, o pre­si­den­te cu­bano. Que­dou un ca­cho ca­la­do e lo­go co­men­tou: «Siem­pre lo he di­cho. Los dic­ta­do­res nun­ca aca­ban bien».

Ti­ña ra­zón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.