Pa­ra es­te re­por­tei­ro in­tré­pi­do a au­ga é un ele­men­to bá­si­co no seu día a día. As fo­tos da súa vo­da co­llé­rono de im­pre­vis­to

La Voz de Galicia (Ourense) - - Al Sol - ÁLEX G. CHOUCIÑO, J. B.

O ve­rán pa­ra Gon­zo é an­dar po­lo Gro­ve cos seus ami­gos e fa­mi­lia­res. Gús­tan­lle as praias con pou­ca xen­te e que non se­xan de pe­dra. As súas festas pre­fe­ri­das son as de San Bar­to­lo (Rio­tor­to), can­do se xun­tan to­dos ao final das va­ca­cións.

—En ve­rán des­co­nec­tas do tra­ba­llo ou le­vas o mi­cro á praia?

—Do tra­ba­llo do In­ter­me­dio des­co­nec­to com­ple­ta­men­te. Bueno, com­ple­ta­men­te non por­que ao ler a pren­sa es­tás ven­do a ac­tua­li­da­de e pos­te a pen­sar na re­por­ta­xe que fa­rías con esa no­ti­cia. Tam­pou­co des­co­nec­to de to­do por­que te­ño ta­mén tra­ba­llo aquí en Ga­li­cia coa pro­du­to­ra. Des­can­so de tra­ba­lla­dor pe­ro te­ño máis ta­re­fas co­mo em­pre­sa­rio, por di­ci­lo dal­gún xei­to.

—Hai al­gún ve­rán que re­cor­des en es­pe­cial?

—Va­rios. Os pri­mei­ros da ado­les­cen­cia, ou es­tes que es­tou vi­vin­do ago­ra co­mo pai ta­mén. Son ve­ráns dis­tin­tos, pois go­zas ven­do go­zar aos pe­que­nos. Os de to­dos os anos, por sor­te ata o mo­men­to, son ve­ráns pa­ra re­cor­dar. Son to­dos agra­da­bles.

—Que ten que ter un­ha praia pa­ra que che na­mo­re?

—Pou­ca xen­te. Con que te­ña pou­ca xen­te e se­xa de area, non de pe­dra, pa­ra min xa va­le.

—En que praia te sen­tes co­mo na ca­sa?

—Hai va­rias praias. Na que es­tou ago­ra mes­mo, Area Gran­de no Gro­ve. A de Sa­mil evi­den­te­men­te ta­mén me gus­ta moi­to, co­mo Bao e a da Fon­te, ta­mén en Vi­go. E des­pois fo­ra da mi­ña zo­na, a praia de Cas­tro de Ba­ro­ña, á que ía na mi­ña eta­pa en Santiago, pa­ra min é un si­tio es­pe­cial.

—Prac­ti­cas al­gún de­por­te acuá­ti­co?

—Si. Fa­go na­ta­ción to­do o ano, can­do ve­ño pa­ra Ga­li­cia ta­mén. Pa­sa que aquí nas Rías Bai­xas me­llor co neo­preno; que bo­tar un­ha ho­ra na au­ga, ca­ra­llo! Fa­go al­go de surf ta­mén, un pou­co de snor­kel can­do po­do. A au­ga é un ele­men­to bá­si­co na mi­ña vi­da. Xa des­de pe­queno e ago­ra, que vi­vo a cin­co­cen­tos qui­ló­me­tros da ca­sa, a pis­ci­na non fal­ta.

—Mó­llas­te máis no pro­fe­sio­nal ou no per­soal?

—No pro­fe­sio­nal que de­ci­dan os que me pa­gan e no per­soal si, son un ani­mal de au­ga.

—Que plans rea­li­zas nos teus días li­bres?

—Pou­co plan. Co­mer ben, dur­mir tran­qui­lo a ses­ta, es­ti­rar as noi­tes... E to­do iso ro­dea­do de ami­gos e fa­mi­lia­res. Pe­ro o meu plan de ve­rán per­fec­to é vir pa­ra O Gro­ve e es­tar cos que non te­ño tan pre­to o res­to do ano.

—Cal foi o mo­men­to máis ines­pe­ra­do que che pa­sa­ra nun­ha praia?

—As fo­tos da mi­ña vo­da! [ri­sas] Que de re­pen­te, un 25 de xu­llo co sol de cheo ás seis da tar­de, o fo­tó­gra­fo dixo que el que­ría fa­cer as fo­tos na praia. Pois ima­xí­na­te co­mo foi o choio. A praia chea e de gol­pe apa­re­ce un ho­me ves­ti­do de tra­xe coa noi­va. Viu­nos to­do o mun­do subidos nas ro­cas. Foi cou­sa do fo­tó­gra­fo e de mi­ña mu­ller.

—Da­que­la, pá­ran­te moi­to pola praia?

—A ver­da­de é que si. A xen­te pa­ra en to­dos la­dos, e a praia non é me­nos. É un si­tio on­de soe ache­gar­se a xen­te que ve o pro­gra­ma a no­ti­fi­car­che que lle gus­ta, e se cae a ‘fo­ti­ño’, me­llor.

—Ti es máis de es­tar ti­ra­do ao sol na toa­lla ou no chi­rin­gui­to á som­bra?

—Non. Se es­tou na toa­lla que se­xa á som­bra e si é no chi­rin­gui­to ta­mén. Con dous ne­nos pe­que­nos o meu ám­bi­to de praia é coa au­ga po­los xeon­llos, xo­gan­do con eles a fa­cer cas­te­los.

—Non bus­cas o moreno da­que­la?

—Non. Co­llin­lle ti­rria ao sol. An­tes de irme pa­ra Ma­drid si que me pre­pa­ra­ba pa­ra po­ñer­me un ra­ti­ño ao sol. Pe­ro des­de que vi­vo na so­la­na e no se­ca­rral xa evi­to o sol. Se me co­lle é por­que es­tou des­pre­vi­do xo­gan­do fo­ra do pa­ra­sol.

—A qué festas de ve­rán non po­des fal­tar?

—Á fes­ta de San Bar­to­lo, na pa­rro­quia de Es­pa­san­de de Abai­xo, en Rio­tor­to. É a ca­sa de mi­ña nai e coin­ci­de sem­pre o 24 e 25 de agos­to. É o final das va­ca­cións e xun­tá­mo­nos to­da a fa­mi­lia. E un­ha fes­ta que, si Wyo­ming mo per­mi­te e non me ci­ta an­tes, alí es­ta­rei o 24 na se­sión ver­mú dán­doo to­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.