«O fút­bol me­llo­rou moi­tí­si­mo»

Ou­ren­sa­nos en su rin­cón Cándido Gó­mez le­va ca­se co­ren­ta anos di­ri­xin­do equi­pos e xes­tio­nan­do instalacións

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - MAITE RO­DRÍ­GUEZ

Des­de hai ca­se co­ren­ta anos, a vi­da pro­fe­sio­nal de Cándido Gó­mez es­tá li­ga­da ao de­por­te e ao pa­vi­llón dos Re­me­dios, tan­to a pé de cam­po co­mo na fa­ce­ta ad­mi­nis­tra­ti­va. Co­mo ades­tra­dor de fút­bol, lem­bra o no­so pro­ta­go­nis­ta, ti­vo as súas pri­mei­ras ex­pe­rien­cias no ve­ci­ño colexio de Sa­le­sia­nos, on­de co­me­zou con 18 anos le­van­do un equi­po de ca­ti­vos na épo­ca de Deo­da­to. Pou­co des­pois, Ma­rio Gue­de cha­mouno pa­ra que se fi­xe­ra car­go dun equi­po de ale­víns do pa­vi­llón. Co­rría o ano 1978 e Fer­nan­do Bou­so era o xerente do cen­tro deportivo.

«Re­ma­tei Ma­xis­te­rio e ti­ña un­ha ofer­ta de tra­ba­llo. Bou­so ofre­ceu­me fa­cer tra­ba­llos de ofi­ci­na e un­has ho­ras no cam­po de fút­bol», ex­pli­ca Cándido Gó­mez. Da­que­la, o per­soal da ins­ta­la­ción de­por­ti­va era co­mo un­ha fa­mi­lia. «Bou­so foi o pre­cur­sor do de­por­te en Ou­ren­se. An­tes o pa­vi­llón era un cen­tro deportivo, so­bre to­do pa­ra xen­te maior, e Bou­so creou os clubs e foi o im­pul­sor das es­co­las de­por­ti­vas mu­ni­ci­pais», re­me­mo­ra Gó­mez. Así em­pe­za­ron as es­co­las de fút­bol e xim­na­sia, ás que lo­go se fo­ron en­ga­din­do máis dis­ci­pli­nas co­mo atletismo, hal­te­ro­fi­lia, hóc­key, ba­lon­ces­to, que ho­xe se­guen fun­cio­nan­do pe­ro co­mo par­te dos clubs. Pe­ro foi Fer­nan­do Bou­so, re­cal­ca Cándido Gó­mez, quen ti­vo «esa vi­sión de fo­men­tar o de­por­te crean­do sec­ción e me­ten­do xen­te nas di­rec­ti­vas».

Foi ne­sas cir­cuns­tan­cias nas que Cándido Gó­mez aca­bou en­rai­zan­do pro­fe­sio­nal­men­te nos Re­me­dios. Se­guiu ades­tran­do e opo­si­tou a ad­mi­nis­tra­dor. Men­tres con­ti­nuou ades­tran­do equi­pos de ra­pa­ces. Pre­pa­rou equi­pos nos que ha­bía mo­zos que lo­go se aca­ba­rían con­ver­ten­do en ver­da- dei­ros xo­ga­do­res de fút­bol co­mo Be­ri­cat, Mu­güer­za, Ta­ja­ma­ta, Dacosta, Ca­cha­rrón ou Do­pa­zo. Cándido Gó­mez sén­te­se or­gu­llo­so de ter si­do par­te da súa for­ma­ción de­por­ti­va. «Da­que­la ha­bía ou­tra re­la­ción e ou­tra im­pli­ca­ción. Se o ades­tra­men­to em­pe­za­ba ás se­te ha­bía xo­ga­do­res que vi­ñan xa ás cinco. Vi­vían o fút­bol con máis pai­xón e ti­ñan un­ha ilu­sión que fa­cía que fo­ran moi fá­ci­les de ades­trar», con­si­de­ra o téc­ni­co, que es­ta tem­po­ra­da fí­xo­se car­go do con­xun­to cadete de Di­vi­sión de Hon­ra do Pa­vi­llón CF.

Na súa longa tra­xec­to­ria co­mo ades­tra­dor, Cándido Gó­mez ten tra­ba­lla­do tan­to con equi­pos pro­fe­sio­nais co­mo cos da ba­se. O ades­tra­dor opi­na que a mo­ti­va­ción é «a prin­ci­pal ar­ma» dun xo­ga­dor, aín­da que pa­ra po­der es­tar en ca­te­go­rías pro­fe­sio­nais, de Ter­cei­ra Di­vi­sión en adian­te, pre­cí­sa­se ter ta­len­to in­na­to. Pon co­mo exem­plo una anéc­do­ta: «No ano 2001, ades­tra­ba eu ao Pon­te Ou­ren­se na Ter­cei­ra Di­vi­sión e Ca­pi ía un­ha ho­ra an­tes que os de­mais pa­ra fa­cer xim­na­sio e tra­ba­llo fí­si­co. Pre­gun­tei­lle por que e dí­xo­me “mís­ter, yo quie­ro ser fut­bo­lis­ta”».

Pe­ro se­gun­do ten ob­ser­va­do Cándido Gó­mez, tam­pou­co bas­ta só coa mo­ti­va­ción, aín­da que se­xa fun­da­men­tal. In­flúe o as­pec­to psí­qui­co, que os xo­ga­do­res se atre­van a com­pe­tir e a to­mar de­ci­sións pro­pias no cam­po de xei­to rá­pi­do, alén dos au­to­ma­tis­mos apren­di­dos nos ades­tra­men­tos. «O fút­bol ten que es­tar na cabeza pa­ra des­pois pa­sar ás per­nas. Se ne­ce­si­tas pen­sar an­tes de pa­sar, es­tás per­di­do», in­di­ca Gó­mez. Ao ades­tra­dor dé­ron­lle tan­tas sa­tis­fac­cións os equi­pos de ba­se co­mo os pro­fe­sio­nais. E ta­mén lle axu­da a me­llo­rar o for­mar par­te da Es­co­la Ga­le­ga de Ades­tra­do­res, on­de da cla­ses de tác­ti­ca. «En­si­nas e be­bes dos alum­nos e dos ou­tros pro­fe­so­res. Obri­ga a un­ha re­ci­cla­xe con­ti­nua», ma­ni­fes­ta. Os ades­tra­men­tos de fút­bol te­ñen cam­bia­do ta­mén moi­to. Nos anos oi­ten­ta pre­pa­rá­ban­se atle­tas. «Ago­ra bús­ca­se que co­rran o tem­po que van co­rrer nun par­ti­do e que o fa­gan con ba­lón», re­su­me.

Cándido Gó­mez ti­vo que for­mar­se len­do os li­bros que con­se­guía e apren­den­do dou­tros que es­ta­ban ao seu ca­rón. Cree que «o fút­bol nos úl­ti­mos anos me­llo­rou moi­tí­si­mo» e di que, fa­lan­do di­so con Manuel Mos­que­ra, di­rec­tor da Es­co­la de Ades­tra­do­res, che­ga­ron á con­clu­sión de que ni­so in­flúen a me­llo­ra dos te­rreos de xo­go, coa xe­ne­ra­li­za­ción dos cam­pos de herba ar­ti­fi­cial por to­da Ga­li­cia, os me­dios ma­te­riais —bo­tas, ba­lóns— e o fei­to de que pa­ra sen­tar­se nun ban­co ha­xa que ter for­ma­ción acre­di­ta­da por un tí­tu­lo.

ÁL­VA­RO VA­QUE­RO

Cándido Gó­mez po­sa nun­ha das por­te­rías dos Re­me­dios, on­de se re­no­vou o cés­pe­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.