«O pa­vi­llón dos Re­me­dios é o fo­co do de­por­te mu­ni­ci­pal»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

Na súa fa­ce­ta co­mo ad­mi­nis­tra­dor do pa­vi­llón dos Re­me­dios, Cándido Gó­mez ten vi­vi­do ta­mén moi­tas eta­pas. Co­me­zou co­mo au­xi­liar e che­gou a ser xerente. «Es­te é un cen­tro di­fe­ren­te, se pe­cha un mes, on­de se me­te o de­por­te ou­ren­sán? Es­te é o fo­co do de­por­te mu­ni­ci­pal. Ha­be­ría que in­ves­tir en re­mo­de­lar as instalacións, por­que hai máis de­man­da que ofer­ta».

Un pro­xec­to de apar­ca­men­to de 150 pra­zas no es­pa­zo que ho­xe ocu­pan as can­chas ex­te­rio­res e un no­vo xim­na­sio son al­gun­has me­llo­ras que gar­dan no cai­xón por do­ta­ción eco­nó­mi­ca. E aín­da así fó­ron­se ac­tua­li­zan­do cou­sas, co­mo a re­for­ma pa­ra me­llo­rar o am­bien­te nas pis­ci­nas.

Cándido Gó­mez ex­pli­ca que, po­los es­ta­tu­tos do Con­se­llo Mu­ni­ci­pal de De­por­tes, a pre­fe­ren­cia de uso do pa­vi­llón é pa­ra a for­ma­ción, fo­men­to do de­por­te ba­se, es­co­las e cur­si­ños. Por iso, apun­ta, os adul­tos te­ñen que adap­tar­se aos ho­ra­rios que que­den li­bres —nun­ha fin de se­ma­na hai me­dio cen­te­nar de par­ti­dos nas instalacións mu­ni­ci­pais— e ta­mén os re­cur­sos eco­nó­mi­cos dan prio­ri­da­de á for­ma­ción an­tes, por exem­plo, que a or­ga­ni­za­ción de even­tos.

O téc­ni­co opi­na que Ou­ren­se ca­pi­tal foi por de­trás dou­tras ci­da­des ga­le­gas en can­to a in­ves­ti­men­to en instalacións de­por­ti­vas, aín­da que, ma­ti­za, ago­ra se es­tean cons­truín­do as pis­tas cu­ber­tas de atletismo en Ex­pou­ren­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.