«Amé­ri­ca last»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Tor­nar a de­bi­li­da­de en vir­tu­de é o que es­tá a fa­cer Do­nald Trump, re­con­ver­ti­do de lí­der con mi­ra­da in­tros­pec­ti­va ca­ra aos re­cun­chos máis per­di­dos do seu in­men­so país, a se su­bir máis un­ha vez a al­gun­ha gár­go­la gó­ti­ca pa­ra al­bis­car o mun­do, ves­ti­do de Bat­man, e ocu­par­se dal­gun­ha ca ou­tra gue­rra mun­dial, por­que a paz abu­rre, non é no­ti­cia e non xe­ne­ra lu­cro in­me­dia­to. Che­ga­ron moi axi­ña os tem­pos de «Amé­ri­ca last», cun cai­xón on­de se lle acu­mu­lan os fra­ca­sos á ho­ra de se­pul­tar a xei­ra Oba­ma men­tres me­dran a vio­len­cia do su­pre­ma­cis­mo de ex­tre­ma de­rei­ta e o re­tro­ce­so nos de­rei­tos ci­vís. As fe­ble­zas na política in­ter­na re­sól­veas —de­jà vu da política USA— acu­din­do ao es­ce­na­rio mun­dial pa­ra de­mos­trar un po­de­río ba­sea­do, pre­fe­ren­te­men­te, nas di­men­sións dos mí­si­les en pleno exer­ci­cio da xe­fa­tu­ra maior de tó­do­los exér­ci­tos. E se fo­se cer­to que so­mos o que odia­mos, non é de ex­tra­ñar que os ob­xec­ti­vos in­ter­na­cio­nais pa­ra Trump se­xan lí­de­res de ope­re­ta en ca­dan­seu es­ti­lo. Se se qui­xe­sen pro­cu­rar per­soa­xes máis gro­tes­cos ha­be­ría que fa­bri­ca­los por en­car­ga, in­clui­do el mes­mo. Alén di­so, e co­mo ar­gu­men­to de va­lor, Co­rea do Nor­te e Ve­ne­zue­la te­ñen en co­mún que re­pre­sen­tan —ou lem­bran xa di­fu­sa­men­te— a ene­mis­ta­de his­tó­ri­ca en­tre ca­pi­ta­lis­tas e co­mu­nis­tas que se deseñou na gue­rra fría, mes­mo sen­do a día de ho­xe mu­xi­cas com­pa­ra­das coas la­pas do que foi o gran­de im­pe­rio li­de­ra­do po­la URSS. Nas Amé­ri­cas, Cu­ba hai tem­po que dei­xou de ser crí­ble —ou te­mi­ble— en­tre ou­tras cou­sas por­que alén de po­si­ción xeoes­tra­té­xi­ca, na­da ten pa­ra ofre­cer a al­gun­ha po­ten­cia que lle dea res­pi­ro eco­nó­mi­co; Mé­xi­co só lle ser­ve pa­ra ali­men­tar xe­no­fo­bia; Co­lom­bia é un alia­do per­fec­to; a es­quer­da vai de peor en peor can­to máis ao sur se mi­re e, ares­to­ra, Ve­ne­zue­la ocu­pa moi ben o te­rri­to­rio do fa­mo­so pa­tio tra­sei­ro á ho­ra de ga­ñar po­si­cións, en­cher o pe­to ou tea­tra­li­zar e ama­gar coa for­za do máis for­te. Por se fo­se pou­co, o es­ta­do bo­li­va­riano ofre­ce re­ser­vas ines­go­ta­bles pa­ra a eco­no­mía dos com­bus­ti­bles fó­si­les que pro­mo­ve Trump. Na ou­tra bei­ra, en per­fec­ta trian­gu­la­ción co pre­fe­ren­te es­pa­zo de ten­sión bé­li­ca que re­sul­ta ser o Pa­cí­fi­co, es­tá o re­tro­uso co­reano do Nor­te, on­de se de­mos­tra que o ollo do gran­de ir­mán non da en­tra­do en to­das as xa­ne­las, so­bre de to­do, nas que es­tán pe­cha­das a con­ta­mi­na­cións ex­ter­nas. A cou­sa da­ría pa­ra rir de non ser por­que, se ca­dra, en­tre tan­to xo­gar ao pó­ker, de fa­rol en fa­rol, al­guén po­da tra­bu­car­se, con­ver­tir es­ta fes­ta de ne­cios nun­ha amea­za real, e con­fir­mar a post­ver­da­de trum­pia­na de que o cam­bio cli­má­ti­co non su­po­ñe­rá o fin des­ta no­sa ci­vi­li­za­ción por­que abon­da coa po­de­ro­sa es­tu­pi­dez hu­ma­na pa­ra fa­ce­lo to­do moi­to máis a pre­sa. Co­mo de­cía a o ve­llo ma­ri­ñei­ro, ha­be­rá que dei­xar ir ata ver o que pin­ten Ru­sia e Chi­na nes­te cú­mu­lo de des­pro­pó­si­tos apo­ca­líp­ti­cos por­que Eu­ro­pa, aga­cha­da no seu pro­pio em­bi­go, pou­co chío vai dar. in Galicia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.