O po­der e a cul­tu­ra

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Aso­cie­da­de de ho­xe ten, sen dú­bi­da, boa e va­ria in­for­ma­ción, po­de que co­mo nun­ca, pe­ro ca­se se­gu­ro que, en xe­ral, é moi­to máis in­cul­ta que ou­tras pre­ce­den­tes. E pa­ré­ce­me que a in­cul­tu­ra é al­go que in­tere­sa aos go­ber­nan­tes: non é o mes­mo go­ber­nar nun­ha so­cie­da­de cul­ta que fa­ce­lo nun­ha de zom­bis.

A cul­tu­ra pou­co ten que ver co al­ma­ce­na­men­to de da­tos nin coa eru­di­ción nin co do­mi­nio de cien­cias ou téc­ni­cas. Máis ben es­tas ser­ven moi­tas ve­ces ao po­der pa­ra dis­fra­zar de cul­tu­ra a bar­ba­rie.

A cul­tu­ra crea ma­nei­ras, es­ti­lo, re­fi­na­men­to do es­pí­ri­to. Xor­de do cul­ti­vo das me­llo­res fa­cul­ta­des do ser hu­mano, que son moi­to máis ri­cas, di­ver­sas e ex­ci­tan­tes que as tres po­ten­cias da al­ma de que fa­la­ba o P. As­te­te da no­sa in­fan­cia: a me­mo­ria, o en­ten­de­men­to e a von­ta­de.

A cul­tu­ra é sem­pre trans­for­ma­do­ra, tan­to que nin­gún Go­berno dei­xou de fa­cer can­to pui­do por te­la con­tro­la­da. ¿Non é se­gu­ro si­nal do que di­ci­mos que to­dos eles fi­xe­ron as súas pro­pias leis a eses fins, den­de o ini­cio da Tran­si­ción ata a tris­te Lei Wert? En to­das elas fo­ron as hu­ma­ni­da­des as que máis pa­de­ce­ron.

Esa é a cues­tión: as hu­ma­ni­da­des crean es­pí­ri­to crí­ti­co, al­go que a nin­gún po­der in­tere­sou nun­ca. E a so­cie­da­de, ca­da vez máis zom­bi, déi­xa­se con­ven­cer po­los can­tos de se­rea: re­cor­ta­mos en hu­ma­ni­da­des pa­ra máis aten­ción en cien­cias e lin­guas. Nun­ca di­rán a ver­da­de: a do­ci­li­da­de acrí­ti­ca é un ben de Deus, co­mo a po­bre­za pa­ra Salazar.Po­de que es­tea co­llen­do for­ma xa nes­tes mo­men­tos un­ha so­cie­da­de máis primitiva por me­nos cul­ta, e por iso máis sim­ple, con me­nos re­cur­sos pa­ra com­pren­der o mun­do e con me­nos re­fe­ren­cias pa­ra se si­tuar nel.

Un­ha fe­li­ci­da­de pa­ra os go­ber­nan­tes. Pe­ro a des­fei­ta que to­do iso po­de ori­xi­nar non ha­be­rá quen a en­de­rei­te en va­rias xe­ra­cións.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.