O ve­rán que des­cu­briu o amor

Cúm­pren­se cin­cuen­ta anos da re­vo­lu­ción cul­tu­ral que o mo­ve­men­to «hippy» ini­ciou en San Fran­cis­co, na que se reivin­di­ca­ron no­vas for­mas de ex­pre­sión

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura - BOR­JA CA­SAL, X. F.

Hai cin­cuen­ta anos, mi­llei­ros de per­soas che­ga­ron a San Fran­cis­co bus­can­do un­ha no­va for­ma de vi­da. O ba­rrio de Haight-Ash­bury foi o es­co­lli­do pa­ra dar co­me­zo ao co­ñe­ci­do co­mo o Ve­rán do amor, no que os hip­pies —ter­mo co que a xe­ra­ción an­te­rior, os cha­ma­dos beats, no­mea­ron a es­ta co­rren­te de xen­te— ini­cia­ron un­ha ver­da­dei­ra re­vo­lu­ción cul­tu­ral. Que­rían ou­tro mun­do. Loi­ta­ban con­tra o po­der es­ta­ble­ci­do e can­ta­ban en prol do pa­ci­fis­mo, o eco­lo­xis­mo ou a li­ber­da­de se­xual.

Ne­se ve­rán de 1967 ce­le­brou­se o Fes­ti­val Pop de Mon­te­rrey, que deu co­me­zo a ese Ve­rán do Amor e que foi pre­cur­sor dou­tros fes­ti­vais pos­te­rio­res, co­mo o da illa de Wight ou o de Woods­tock. No de Mon­te­rrey dé­ron­se ci­ta mú­si­cos co­mo Ji­mi Hen­drix, Ja­nis Jo­plin ou The Who. As gui­ta­rras eléc­tri­cas e os no­vos rit­mos cru­za­ron o Atlán­ti­co, acom­pa­ñan­do a to­dos es­tes va­lo­res con­tra­cul­tu­rais que aín­da per­du­ran e que for­man par­te do mo­do de vi­da ac­tual. Dis­to dá boa con­ta a escritora Ma­ri­lar Alei­xan­dre, que es­tu­dou no Madrid dos se­sen­ta Bio­lo­xía e que asis­tiu a con­cer­tos co­mo os da illa de Wight. Pa­ra ela foi moi im­por­tan­te a mú­si­ca, que lle che­ga­ba por un pro­gra­ma de ra­dio no que o pre­sen­ta­dor, que era pi­lo­to de avión, traía dis­cos de fó­ra e que lo­go sor­tea­ba en­tre os asis­ten­tes. Ade­mais do rock, des­ta­ca a im­por­tan­cia do folk, xa que «xun­to con Hen­drix e Ja­nis Jo­plin ta­mén to­ca­ban Joan Baez ou Leo­nard Cohen. Ha­bía un­ha can­ción pro­tes­ta moi com­pro­me­ti­da». Cos seus com­pa­ñei­ros uni­ver­si­ta­rios or­ga­ni­za­ba se­sións mu­si­cais, po­ñen­do dis­cos que non ha­bía no país. «Non era uni­ca­men­te es­coi­tar mú­si­ca, se­nón que ha­bía un­ha re­fle­xión so­bre que era esa mú­si­ca», afir­ma.

Li­ber­da­de se­xual

Res­pec­to á li­ber­da­de se­xual, Alei­xan­dre di que o que es­coi­ta­ban «traía un­ha men­sa­xe de sen­sua­li­da­de, que non ti­ña o an­te­rior, que era un­ha mú­si­ca máis len­ta. Fa­cía­nos con­tem­plar o desexo e mais o se­xo dun­ha for­ma moi­to máis na­tu­ral, na que se pa­sou a ver co­mo al­go nor­mal o de bi­car­se na rúa ou fa­cer o amor, se che ape­te­cía, con al­guén que co­ñe­ce­ras no mo­men­to». O mo­ve­men­to fe­mi­nis­ta e a loi­ta po­la igual­da­de das mu­lle­res ta­mén es­ti­ve­ron moi pre­sen­tes ne­ses anos, nos que a au­to­ra si­na­la a in­fluen­cia dal­gun­has lec­tu­ras, co­mo a de Se­xual Po­li­tics —li­bro que trou­xo de Londres—, de Ka­te sen fu­tu­ro illa, do Dhar­ma,

beat

KEYSTONE PIC­TU­RES USA EFE

Fes­ti­vais co­mo o de Wight (arri­ba) ou Woods­tock, on­de to­cou Hen­drix, fo­ron fi­tos do mo­ve­men­to «hippy». Ignacio Vi­lar re­tra­tou a co­mu­na de Fo­xo en «Vi­la­mor».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.