An­to­lo­xía vi­ven­te do via­xar

De tal pa­lo tal as­ti­lla Es­ta com­pa­ñía le­va no­ven­ta anos per­co­rren­do ca­rre­tei­ras e es­qui­van­do obs­tácu­los

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense Deportes - EDITH FIL­GUEI­RA

Can­do lle pre­gun­tan a Ma­nuel Car­ba­lle­da que co­mo é iso de tra­ba­llar en fa­mi­lia res­pon­de: «Non hai nin­gun­ha dú­bi­da de que cre­mos que a em­pre­sa fa­mi­liar ten un­has ca­rac­te­rís­ti­cas com­ple­ta­men­te di­fe­ren­tes ás de ou­tros gru­pos em­pre­sa­riais on­de exis­te un­ha xe­rar­quía máis mar­ca­da e hai me­nos con­tac­to». Pe­ro é cons­cien­te de que cal­que­ra das dúas fór­mu­las de ne­go­cio te­ñen as súas van­ta­xes e os seus in­con­ve­nien­tes. «Nós po­de­mos des­ta­car da no­sa em­pre­sa o com­pro­mi­so e a en­tre­ga que ver­te­mos ne­la e que pui­do su­plir de­fi­cien­cias dou­tro ti­po nal­gun­has eta­pas», ex­pón o ter­cei­ro ho­me que se pon ó car­go da Em­pre­sa Mon­ta­ñe­sa, si­tua­da en O Car­ba­lli­ño.

O pri­mei­ro foi Ra­món Car­ba­lle­da Vázquez (1905-1979) que con 22 anos mer­cou un­ha Dod­ge de de­za­seis pra­zas que amor­ti­zou trans­por­tan­do via­xei­ros en­tre Doa­de e Car­ba­lli­ño. E sen sa­be­lo, aquel pri­mei­ro co­che de li­ña —co­mo se cha­ma­ba an­tes ós vehícu­los de per­co­rri­do re­gu­lar— re­por­tou­lle ta­mén ó amor da súa vi­da, Lu­cin­da Pé­rez, coa que ca­sou e ti­vo se­te fi­llos. Era a des­cen­den­te dos pro­pie­ta­rios dun me­són no que Ra­món pa­ra­ba ás ve­ces pa­ra co­mer e des­can­sar. Pe­ro den­de aque­les co­me­zos ata o pre­sen­te, to­do mu­dou. «Eu lem­bro can­do fun­cio­na­ba­mos con car­bón e con ca­ro­zos das es­pi­gas do mi­llo. Des­pois da Gue­rra Ci­vil a ga­so­li­na es­ta­ba ra­cio­na­da e ha­bía que bus­car al­ter­na­ti­vas, pe­ro tar­dá­ba­se moi­tí­si­mo máis. De Car­ba­lli­ño a Doa­de, que hai 35 qui­ló­me­tros, igual tar­da­bas tres ho­ras por­que aqui­lo fun­cio­na­ba co­mo po­día. Con sor­te dá­ban­che dous li­tros de ga­so­li­na ó mes e ti­ñas que ama­ñar­te ou con eses in­ven­tos ou com­prán­doa de es­tra­per­lo. Tam­pou- co ato­pá­ban­se ro­das sin­xe­la­men­te. Un­has eran máis gran­des ca ou­tras», lem­bra un dos se­te fi­llos do ma­tri­mo­nio que le­va o no­me do seu pai, Ra­món Car­ba­lle­da (á de­rei­ta na ima­xe). «Pe­ro non só cam­bia­ron os vehícu­los e os com­bus­ti­bles, ta­mén cam­bia­ron as vías pa­ra des­pra­zar­se. No seu mo­men­to en­tra­ña­ban moi­ta di­fi­cul­ta­de. Nos pri­mei­ros anos eu acom­pa­ña­ba o meu avó ou o meu pai pa­ra arran­xar as fo­chan­cas que ha­bía nas es­tra­das e po­der con­ti­nuar», apun­ta Ma­nuel Car­ba­lle­da (a es­quer­da na ima­xe), ter­cei­ra xe­ra­ción e des­cen­den­te do se­gun­do Ra­món.

E fa­lar con eles su­pón lem­brar cou­sas que un nin era cons­cien­te que sabía. Es­tar dian­te dun­ha es­pe­cie de an­to­lo­xía vi­ven­te do via­xar por ca­rre­tei­ra ou dun­ha par­te da me­mo­ria co­lec­ti­va dos úl­ti­mos no­ven­ta anos des­te país. Cen­tos de his­to­rias pre­té­ri­tas que van lem­bran­do ó mes­mo rit­mo que acon­te­ce­ron na­que­les anos. «Ó me­llor, de Doa­de aquí pin­cha­bas as ro­das tres ou ca­tro ve­ces por­que as ca­rre­tei­ras eran de pe­dra, non de as­fal­to. En­tón par­cheá­ban­se as ro­das moi­tas ve­ces pa­ra po­der fa­cer o ser­vi­zo co que te ha­bías com­pro­me­ti­do. E o com­bus­ti­ble era ca­ro e os via­xei­ros pou­cos, en­tón ás ve­ces a ca­mi­sa non da­ba pa­ra a la­va­du­ra, co­mo di­ría o ou­tro», re­me­mo­ra Ra­món den­de a na­ve da em­pre­sa en O Car­ba­lli­ño.

En 1979 fi­nou o crea­dor do ne­go­cio fa­mi­liar, e a par­tir de en­ton­ces a em­pre­sa pa­sou de ser fa­mi­liar a cons­ti­tuír­se co­mo so­cie­da­de anó­ni­ma, no 1982, e so­cie­da­de li­mi­ta­da dez anos máis tar­de. Sen em­bar­go, á fron­te sem­pre hou­bo al­guén da es­tir­pe pa­ra adap­tar­se ás pau­la­ti­nas re­con­ver­sións que den­de os anos oi­ten­ta pro­du­cí­ron­se no sec­tor e na so­cie­da­de. Ma­nuel po­de fa­cer un re­tra­to da so­cie­da­de a tra­vés dos pa­sa­xei­ros que su­biron e bai­xa­ron dos au­to­bu­ses. «Na­que­les anos de es­ca­se­za al­gun­has se­ño­ras que­dá­ban­se de pé no me­dio do au­to­bús pa­ra que non pui­de­ra co­brar­lle os que se sen­ta­ban da me­ta­de pa­ra atrás —na­rra— e iso ho­xe en día non oco­rre por­que o po­der ad­qui­si­ti­vo da xen­te, por sor­te, ta­mén evo­lu­cio­nou e da­que­la pi­car­día que bro­ta­ba da ne­ce­si­da­de que­da pou­co».

Am­plian­do fron­tei­ras

Te­ñen ser­vi­zo re­gu­lar —su­xei­to a li­ña, calendario e ho­ra­rio— e ser­vi­zo dis­cre­cio­nal —por alu­guer dou­tras em­pre­sas ou aso­cia­cións— pa­ra ru­tas na­cio­nais. «Fa­ce­mos ta­mén trans­por­te in­ter­na­cio­nal re­gu­lar pe­ro en ré­xi­me de con­tra­ta­ción, é di­cir, igual un­ha em­pre­sa ten a con­ce­sión dun­ha li­ña e con­trá­ta­nos a nós pa­ra que lla fa­ga­mos», en­ga­de Ma­nuel fa­cen­do un bre­ve resumo da his­to­ria da em­pre­sa.

Os pri­mei­ros pa­sos no trans­por­te in­ter­na­cio­nal fo­ron no ano 1979, aín­da que na­que­la épo­ca só se fa­cía en da­tas si­na­la­das do al­ma­na­que co­mo Na­dal, Se­ma­na San­ta ou va­ca­cións de ve­rán. Sen em­bar­go, den­de 1991 as via­xes po­lo ve­llo con­ti­nen­te son se­ma­nais cunha fre­cuen­cia de tres días: mar­tes, xo­ves e sá­ba­do. «Ago­ra mes­mo estamos pres­tan­do un ser­vi­zo en­tre Bra­ga e Ham­bur­go, atra­ve­san­do ca­se to­da Es­pa­ña, Fran­cia, Bél­xi­ca e Ale­ma­ña». E por ou­tra ban­da ofer­tan a po­si­bi­li­da­de de alu­gar au­to­bu­ses pa­ra eventos —al­go ca­da vez máis co­mún en vo­das e des­pe­di­das de sol­tei­ros— ou ex­cur­sións es­co­la­res. «Ó prin­ci­pio os clien­tes eran emi­gran­tes, pe­ro na ac­tua­li­da­de ta­mén hai es­tu­dan­tes, tu­ris­tas e in­mi­gran­tes ou re­fu­xia­dos que em­pre­gan es­ta ru­ta e ou­tras pa­ra po­der mo­ver­se por Eu­ro­pa», fi­na­li­za com­ple­tan­do o re­la­to dos tem­pos vi­vi­dos.

ÁL­VA­RO VA­QUE­RO

A Em­pre­sa Mon­ta­ñe­sa gar­da no seu in­te­rior a his­to­ria de tres xe­ra­cións e dun­ha fa­mi­lia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.