Obra li­te­ra­ria

La Voz de Galicia (Ourense) - - Sociedad -

He­ming­way es­cri­biu moi­to e de to­do, nun­ha de­di­ca­ción ab­so­lu­ta­men­te pro­fe­sio­nal á es­cri­tu­ra. Foi, ade­mais de xor­na­lis­ta, au­tor de nu­me­ro­sos e ex­ce­len­tes con­tos li­te­ra­rios, de va­rias no­ve­las e de cen­te­na­res de ar­ti­gos xor­na­lís­ti­cos de gran­de plas­ti­ci­da­de e be­le­za. En­tre as súas dez no­ve­las pu­bli­ca­das (tres de­las pós­tu­mas), des­ta­ca­re­mos as máis co­ñe­ci­das:

É a súa pri­mei­ra no­ve­la im­por­tan­te. Ti­vo moi boa aco­lli­da en­tre o pú­bli­co e dá a co­ñe­cer ao seu au­tor po­la por­ta gran­de da li­te­ra­tu­ra. A obra na­rra as pe­ri­pe­cias dun gru­po de no­vos es­cri­to­res per­ten­cen­tes á xe­ra­ción de en­tre­gue­rras, a co­ñe­ci­da co­mo Xe­ra­ción Per­di­da, que via­xan por Fran­cia e Es­pa­ña, se di­vir­ten nos san­fer­mi­nes e te­ñen pro­ble­mas per­soais e amo­ro­sos en­tre eles. A his­to­ria ter­mi­na en Madrid.

na­rra a his­to­ria de amor en­tre un no­vo sol­da­do e a en­fer­mei­ra que o coida no hos­pi­tal, men­tres se re­cu­pe­ra dun­ha fe­ri­da nun xeon­llo re­ci­bi­da nun bom­bar­deo du­ran­te a Pri­mei­ra Gue­rra Mun­dial, en Ita­lia. Na súa maior par­te a no­ve­la é au­to­bio­grá­fi­ca.

Es­ta no­ve­la desen­vól­ve­se en Es­pa­ña du­ran­te a Gue­rra Ci­vil. Con­ta co­mo un pro­fe­sor ame­ri­cano de Mon­ta­na loi­ta no ban­do re­pu­bli­cano e co­mo se lle en­car­ga, por ser un ex­per­to en ex­plo­si­vos, a de­li­ca­da mi­sión de voar un­ha pon­te en Se­go­via pa­ra im­pe­dir o avan­ce do exér­ci­to fran­quis­ta. Nes­ta mi­sión co­ñe­ce a Ma­ría, un­ha ra­pa­ri­ga no­va da que se na­mo­ra. El sa­be que nun­ca po­de­rá vi­vir con ela en Madrid, co­mo se­ría o seu desexo, por­que non sai­rá vi­vo des­ta pe­ri­go­sa ac­ción que lle en­co­men­da­ron. A mor­te mes­tú­ra­se coa vi­da pa­ra tor­cer von­ta­des e im­pe­dir que se cum­pran os so­ños par­ti­cu­la­res. As cam­pás, can­do do­bran, to­can por cal­que­ra de nós.

é, a xuí­zo da crí­ti­ca, a súa me­llor no­ve­la e, des­de lo­go, a máis fa­mo­sa. Foi o seu úl­ti­mo tra­ba­llo de fic­ción im­por­tan­te pu­bli­ca­do en vi­da. Pa­ra gran par­te da crí­ti­ca é un­ha das me­llo­res no­ve­las do sécu­lo XX. Foi le­va­da ao ci­ne en va­rias oca­sións, e un­ha das ver­sións máis po­pu­la­res é a pro­ta­go­ni­za­da por Spen­cer Tracy, en 1958. A obra con­ta co­mo un ve­llo pes­ca­dor cu­bano, Santiago, que le­va­ba un mal pe­río­do sen pes­car na­da e sae ao mar sen es­pe­ran­za, no­ta que un enor­me pei­xe es­pa­da mor­de o an­zol do seu apa­re­llo e, a pe­sar de que desata un­ha pe­le­xa ti­tá­ni­ca, non lo­gra li­brar­se do an­zol. A loi­ta co pei­xe du­ra tres días, du­ran­te os ca­les Santiago dá un re­pa­so á súa vi­da pa­sa­da. Por fin, lo­gra cap­tu­rar ao pei­xe, xa can­so: má­tao co seu ar­pón, átao á súa bar­ca e pon rum­bo a te­rra. Pe­ro ao chei­ro do san­gue aco­den quen­llas que se dispu­tan a co­mi­da que ofre­ce o gran pei­xe es­pa­da. Santiago loi­ta con­tra elas, pe­ro non lo­gra im­pe­dir que co­man o pei­xe cap­tu­ra­do. Lo­gra che­gar a por­to, pe­ro só coa ca­be­za e o es­que­le­to da enor­me pe­za co­bra­da. A no­ve­la é un can­to á cons­tan­cia e á va­len­tía do ho­me na súa loi­ta con­tra a ad­ver­si­da­de. A anéc­do­ta na­rra­da é in­ven­ta­da, pe­ro na no­ve­la ato­pa­mos alu­sións a per­so­na­xes reais, pro­ta­go­nis­tas da gue­rra, e moi­tas anéc­do­tas his­tó­ri­cas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.