As mans que pro­te­xen

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Os ne­nos, men­tres son pe­que­nos, cren que as mans de ma­má e pa­pá po­den cu­rar to­dos os ma­les, pro­te­xe­los de to­dos os pe­ri­gos. E as da­que­las per­soas que pa­pá e ma­má que­ren ta­mén par­ti­ci­pan dese po­der; por iso con­fían ne­les, por iso se sen­ten se­gu­ros ao seu la­do.

Hai ago­ra tres anos Alejandro, un ne­ni­ño de tres anos, foi­se con­ten­to e con­fia­do co mo­zo que foi bus­ca­lo ao co­le­xio. Foi­se co­lli­do da súa man ata a pis­ci­na on­de o ti­rou e o dei­xou mo­rrer o que era noi­vo da súa nai.

Gabriel, o pe­queno pes­caí­to, es­ta­ba aín­da ne­sa ida­de da inocen­cia e da in­de­fen­sión. Era un neno me­dro­so, con­tou a súa avoa. Ha­bía que acom­pa­ña­lo ao ba­ño e en pleno día fa­cía co­rren­do o cur­to tra­xec­to, uns cen me­tros, que se­pa­ra­ba a súa ca­sa da ca­sa dos tíos. Pe­ro aquel día non co­rreu, non ía só. Non o acom­pa­ña­ban pa­pá nin ma­má, nin a avoa, nin os pri­mos que ese mes­mo día po­la ma­ñá per­co­rre­ron con el o mes­mo ca­mi­ño á in­ver­sa. Ía coa noi­va de pa­pá, que ás ve­ces o mi­ra mal, non lle cae ben, pe­ro é grande e for­te; se pa­sa al­go, ela de­fen­de­rao.

Po­bre pe­queno! Dé­ches­te con­ta? Vi­ches a súa ca­ra de­for­ma­da po­la to­le­mia e o odio? Ten­ta­ches afro­uxar coas túas mans pe­que­nas as mans que aper­ta­ban o teu pes­co­zo? Can­to tem­po tar­da­ches en des­maiar­te, en dei­xar de su­frir? Oxa­lá to­do fo­se moi rápido e non sen­ti­ses me­do, oxa­lá que ao sen­tir as súas mans pen­sa­ses que era un­ha ca­ri­cia tor­pe ou un­ha los­quea­da. Oxa­lá que te fo­ses sen de­ca­tar­te de na­da a un mun­do me­llor, a go­zar da vi­da que che rou­ba­ron, dei­xan­do aquí to­do o ho­rror, to­da a im­po­ten­cia de non po­der pro­te­xer­te.

Túa nai cre que o seu neno es­tá xa no ceo, con­ten­to e sen me­do. E to­das as nais do mun­do que­re­mos cre­lo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.