An­drés Díaz: «Ás fes­tas hai que vir con pre­dis­po­si­ción de pa­sa­lo ben»

O al­cal­de de Pon­te Cal­de­las con­ta co­mo se vi­ven des­de o Con­ce­llo as fes­tas pa­tro­nais que se ce­le­bran ca­da ano nes­ta vi­la pon­te­ve­dre­sa en hon­ra da vir­xe das Do­res

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Especial1 - - Portada - NEREA GAR­CÍA PON­TE­VE­DRA

Era o ano 2015 can­do a vo­ca­ción le­vou a An­drés Díaz (1978) a asu­mir as ren­das do con­ce­llo de Pon­te­cal­de­las. Dous anos des­pois, es­te pon­te­cal­de­lán de to­da a vi­da con­ta co­mo se vi­ven as fes­tas pa­tro­nais na bis­ba­rra do Ver­du­go.

— Co­mo se pre­sen­tan as fes­tas es­te ano?

—Con­ti­nuan­do a li­ña do ano pa­sa­do es­te ano as fes­tas das Do­res con­ta­rán con or­ques­tras de pri­mei­ro ni­vel. Ade­mais pro­gra­mou­se pa­ra o ven­res o Pon­te Cal­de­las Xo­ve, un even­to mu­si­cal pa­ra a xen­te no­va. Es­te ano in­clu­so imos ter máis atrac­cións pa­ra os ne­nos e mo­zos. Di­ga­mos que as fes­tas es­tán in­cre­men­tan­do no­ta­ble­men­te o seu atrac­ti­vo e iso fai que se acer­que moi­ta xen­te á vi­la.

— Es­pé­ra­se moi­ta afluen­cia de vi­si­tan­tes?

—Sí. To­dos os días hai or­ques­tras gran­des co­mo El Com­bo Do­mi­ni­cano, po­lo que se es­pe­ra afluen­cia. Nes­te sen­ti­do a se­gu­ri­da­de é al­go fun­da­men­tal pa­ra ga­ran­tir o éxi­to das fes­tas. A ver­da­de e que temos pre­pa­ra­do un im­por­tan­te ope­ra­ti­vo de se­gu­ri­da­de e un­ha am­bu­lan­cia con ATS dis­po­ñi­ble to­das as noi­tes en ca­da even­to por si ti­vé­se­mos a des­gra­za de que pa­sa­se al­go.

— Cun pro­gra­ma tan car­ga­do de ac­ti­vi­da­des, con can­ta an­te­la­ción se co­me­za a tra­ba­llar na or­ga­ni­za­ción?

—Por pri­mei­ra vez es­te ano de­ci­di­mos fa­cer un li­bri­ño ao que lle cha­ma­mos o DINAMICAL for­te no que xun­ta­mos to­dos os even­tos. A guía saíu en abril po­lo tan­to xa en abril ti­ña­mos or­ga­ni­za­da a pro­gra­ma­ción de to­do o ve­rán.

— Nes­tes des­tes dous anos á fron­te do Con­ce­llo, cal é a li­ña que se vén se­guin­do en ma­te­ria de fes­tas?

—A par­te do pa­no­ra­ma eco­nó­mi­co co que nos to­pa­mos, un­ha das cou­sas fun­da­men­tais que qui­xe­mos cam­biar foi ese desáni­mo xe­ra­li­za­do que ha­bía no po­bo, ese sen­ti­men­to de que Pon­te Cal­de­las vai a me- nos, que is­to mo­rre... un­ha ten­den­cia de­ri­va­da dun­ha per­da de po­boa­ción cons­tan­te du­ran­te va­rias dé­ca­das tal e co­mo oco­rría nou­tros con­ce­llos do in­te­rior. Ago­ra mes­mo temos un­ha Pon­te Cal­de­las máis di­ná­mi­ca, máis ale­gre, máis cohe­sio­na­da que des­pois de 30 anos cre­ce en po­boa­ción, e is­to non é ca­sua­li­da­de.

— En ter­mos pre­su­pos­ta­rios, por on­de os mo­ve­des?

—Na su­ma to­tal es­ta­mos mes­mo un pou­co por de­bai­xo do que se gas­ta­ba an­tes. Pe­ro bueno, can­do tes pou­co di­ñei­ro as ve­ces é cues­tión de agu­di­zar o in­xe­nio e ter o ta­len­to su­fi­cien­te co­mo pa­ra pro­gra­mar even­tos que fun­cio­nen, moi­tos dos ca­les non te­ñen nin­gún cos­te. Con­ta­mos co apoio de aso- cia­cións e de ve­ci­ños que par­ti­ci­pan e con­tri­buen a que se­xa po­si­ble.

— En­tre pa­sa­rrúas, con­cer­tos, fes­ti­vais e ver­be­nas a mú­si­ca non vai fal­tar du­ran­te os ca­tro días de fes­ta, con­si­de­ra que hai op­cións pa­ra to­dos os pú­bli­cos?

— Cla­ro que si. Pen­so que pre­sen­ta­mos un­ha ofer­ta pa­ra to­dos os gus­tos e ida­des. É un tra­ba­llo im­por­tan­te e non se nos po­de es­que­cer nin­guén.

— Cal é o pa­pel do al­cal­de du­ran­te es­tes ca­tro días?

—Ade­mais de des­fru­tar das fes­tas co­mo to­dos os ve­ci­ños o meu pa­pel é es­tar nun­ha per­ma­nen­te aten­ción pa­ra que to­do saia ben, non ha­xa nin­gún pro­ble­ma e se poia des­fru­tar con tran­qui­li­da­de.

— Gar­da al­gún bo re­cor­do das fes­tas?

—Bueno, eu gar­do o re­cor­do das fes­tas de can­do ti­ña arre­dor de 14 anos. Ne­se mo­men­to as fes­tas de Pon­te Cal­de­las eran un re­fe­ren­te na zo­na e vi­ña moi­tí­si­ma xen­te. Aín­da que nos úl­ti­mos anos fo­ron a me­nos ago­ra mes­mo son co­mo an­ti­ga­men­te. É co­mo un­ha vol­ta a mi­ña in­fan­cia.

«Ul­ti­ma­men­te as fes­tas in­cre­men­ta­ron o seu atrac­ti­vo »

«Ás fes­tas hai que vir con pre­dis­po­si­ción de pa­sa­lo ben»

—Hai al­gun­ha cla­ve pa­ra des­fru­tar ao má­xi­mo das fes­tas des­te ano?

—De en­tra­da hai que vir con pre­dis­po­si­ción a pa­sa­lo ben, con­sul­tar no no­so DINAMICAL for­te to­dos os even­tos e ho­ra­rios pa­ra non per­der­se na­da e des­fru­tar dun com­pri­mi­do máis con­tra o abu­rri­men­to.

FO­TO FIR­MA AXENCIA

O re­xe­dor, An­drés Díaz, co pro­gra­ma das fes­tas des­te ano

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.