«Es­ta edi­ción 26 é a da maio­ría de ida­de»

O Con­ce­llo apos­ta por un­ha ma­nei­ra di­fe­ren­te de en­ten­der a fes­ta, tra­tan­do de que os as­pec­tos que a ro­dean es­tean á al­tu­ra da ex­ce­len­cia do pro­du­to en torno ao cal xi­ra

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Especial2 - - Entrevista - M. V. F.

Di o al­cal­de de As Ne­ves, Xo­sé Ro­drí­guez, que a Fei­ra do Requeixo e do Mel non po­de me­llo­rar no re­fe­ri­do ao pro­du­to en torno ao cal xi­ra, que hai moi­to que aca­dou a ex­ce­len­cia. Pe­ro si ha­bía ou­tros as­pec­tos ao seu re­dor que cum­pría me­llo­rar e iso tra­ta­ron de fa­cer des­de o Con­ce­llo, ase­gu­ra, de ca­ra a es­ta edi­ción 26.

—¿Co­mo se pre­sen­ta es­ta no­va ci­ta co even­to?

—Van 26 anos, pe­ro es­ta­mos con­ven­ci­dos de que es­ta é a edi­ción da maio­ría de ida­de. Qui­xe­mos in­tro­du­cir un­ha ma­nei­ra no­va de en­ten­der a fei­ra, re­gu­lán­doa me­llor e dán­do­lle un es­pa­zo máis digno, co­mo me­re­cía. Ha­be­rá dúas car­pas e se­pa­ra­mos a de­gus­ta­ción de requeixo e de­mais pro­du­tos gas­tro­nó­mi­cos da par­te de ar­te­sa­nía, or­de­nan­do me­llor os es­pa­zos pú­bli­cos. Con­ta­mos cun pro­du­to dunha ca­li­da­de ex­qui­si­ta, ela­bo­ra­do ar­te­sa­nal­men­te e aí non ha­bía mar­xe de me­llo­ra, pe­ro si na pre­sen­ta­ción da fes­ta, a ni­vel de cre­ce­men­to da ca­li­da­de ex­po­si­ti­va e a co­mo­di­da­de do vi­si­tan­te.

—Un dos gran­des re­cla­mos des­te ano é a pre­sen­za de Pe­pe So­lla co­mo pre­goei­ro. ¿Foi com­ple­xo po­der con­tar con el?

—Pa­ra na­da, des­de o pri­mei­ro mo­men­to dixo que es­ta­ría en­can­ta­do. É un­ha ma­ra­bi­lla de per­soa que nos con­ce­de o pri­vi­le­xio da súa pre­sen­za, al­go que que­re­mos re­sal­tar e agra­de­cer. Vai ser un em­bai­xa­dor que vai co­lo­car o no­so pro­du­to no lu­gar máis al­to no que po­de es­tar. E ta­mén vai inau­gu­rar un no­vo xei­to de fa­cer o pre­gón nas Ne­ves.

—¿Que im­por­tan­cia tea a fei­ra pa­ra a lo­ca­li­da­de?

—Moi­tí­si­ma. Eu re­sú­moa en dous as­pec­tos: por un­ha par­te es­tá a di­men­sión de co­ñe­ce­men­to, de po­der ex­por­tar­nos, es­tar fó­ra dos no­sos lí­mi­tes te­rri­to­riais e que se co­ñe­za As Ne­ves a tra­vés do seu pro­du­to e da ex­ce­len­cia na súa ela­bo­ra­ción, con moi­to es­for­zo du­ran­te moi­tos anos. Lo­go hai moi­tas ou­tras cou­sas aso­cia­das. Te­mos un­ha carreira con máis de 300 par­ti­ci­pan­tes que se re­cu­pe­ra des­pois de anos sen fa­cer­se e un­ha an­dai­na en pa­ra­le­lo pa­ra co­ñe­cer o río Ter­mes, on­de es­tá boa par­te da pro­du­ción. Du­ran­te as dúas se­ma­nas pre­vias, ade­mais, or­ga­ní­za­se un am­plo pro­gra­ma de ac­tos que te­ñen que ver coa exal­ta­ción do requeixo.

—¿Ca­les des­ta­ca en­tre esas ac­ti­vi­da­des pa­ra abrir bo­ca?

—Aque­las des­ti­na­das a dar a co­ñe­cer en­tre os máis pe­que­nos as pro­pie­da­des do pro­du­to, a súa ela­bo­ra­ción, for­mas de co­ci­ña­lo e de pre­sen­ta­lo... E to­do iso des­de to­das as pers­pec­ti­vas, tan­to par­tin­do dun pun­to de vis­ta tra­di­cio­nal co­mo dou­tro máis in­no­va­dor na co­ci­ña.

—¿Que pre­vi­sións de asis­ten­tes ma­ne­xan?

—A coope­ra­ti­va es­tá pre­pa­ran­do 20.000 ra­cións pa­ra ese día, polo tan­to con­ta­mos con que a afluen­cia de pú­bli­co se­xa, un­ha vez máis, al­tí­si­ma. Ca­da ano nos su­pe­ra­mos e se o tem­po acom­pa­ña con­fia­mos en es­tar en­tre as 6.000 e as 10.000 per­soas.

—Máis alá de pro­bar o requeixo, ¿que acon­se­lla fa­cer a que­nes se ache­guen?

—A pri­mei­ra cou­sa, que fa­gan un­ha visita pau­sa­da, que apro­vei­ten pa­ra vir máis dun día na Se­ma­na San­ta. Co­ñe­ce­rán un lu­gar con en­can­to, al­go que soa a tó­pi­co, pe­ro que é a reali­da­de. Te­mos o río Ter­mes, on­de se po­de ca­mi­ñar con fa­ci­li­da­de, go­zar dun es­pa­zo in­cri­ble. E lo­go re­co­men­do ta­mén dis­fru­tar da gas­tro­no­mía, xa que te­mos os res­tau­ran­tes máis repu­tados da con­tor­na.

—¿Que pro­xec­tos ten co­mo prio­ri­da­de o Con­ce­llo na ac­tua­li­da­de?

—Tra­ba­lla­mos nun par de cou­sas que nos pa­re­cen es­pe­cial­men­te im­por­tan­tes. Te­ñen que ver con es­pa­zo, con con­se­guir que se­xa se­gu­ro, tra­qui­lo, agra­da­ble. Que­re­mos re­con­ver­ter a con­tor­na nun lu­gar on­de po­da­mos fa­cer uso de to­do o que te­mos e que a co­mo­di­da­de se­xa ta­mén pa­ra o ha­bi­tan­te, non só do vi­si­tan­te, Ne­se sen­ti­do es­ta­mos in­ten­tan­do cons­truír un no­vo mo­de­lo de apoio ao co­mer­cio no que a in­te­li­xen­cia es­tea pos­ta ao seu ser­vi­zo, re­con­ver­ten­do lu­ga­res pú­bli­cos pa­ra fa­ce­los máis ama­ble. Esa vai ser a orien­ta­ción na me­di­da do po­si­ble. Apar­te di­so, en pleno Plan Con­ce­llos es­ta­mos nun mo­men­to de con­tra­ta­ción de per­soal, in­ten­ta­re­mos crear 34 em­pre­gos e ta­mén te­mos un pro­xec­to arre­dor das vías de co­mu­ni­ca­ción e a ca­pa­ci­da­de pa­ra des­pra­zar­se en­tre pa­rro­quias

—¿Cal é o seu ba­lan­ce do que vai de man­da­to?

—Des­ta­ca­ría a ele­va­da ca­pa­ci­da­de pa­ra po­der har­mo­ni­zar o no­so pro­gra­ma, a no­sa in­ten­ción es­cri­ta en pa­pel. Pen­so que pui­de­mos plas­mar na reali­da­de o pro­gra­ma elec­to­ral e pa­ra iso foi pre­ci­sa moi­ta co­la­bo­ra­ción do per­soal mu­ni­ci­pal que tra­ba­lla con nós. Po­de­mos fa­lar dunha trans­for­ma­ción nos rit­mos so­ciais, coa in­cor­po­ra­ción de no­vas ac­ti­vi­da­des des­de o pun­to de vis­ta cul­tu­ra, aso­cia­ti­vo, no­vos mo­de­los de uso e dis­fru­te de es­pa­zos pú­bli­cos. Sem­pre tra­ba­llo coa idea de que un neno se sin­ta or­gu­llo­so do seu po­bo. Es­for­zá­mo­nos polo seu fu­tu­ro.

FO­TO M. MORALEJO

Ro­drí­guez Mén­dez en­ten­de a fes­ta co­mo un xei­to de dar a co­ñe­cer o mu­ni­ci­pio

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.