O mal fron­te ao es­pe­llo

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO -

Non hai po­si­bi­li­da­de de de­fi­nir o mal. Pa­ra Zyg­munt Bau­man, to­do aqui­lo que cua­li­fi­ca­mos co­mo mal­va­do vén sen­do ese ti­po de ele­men­to ne­ga­ti­vo que non po­de­mos en­ten­der nin de­fi­nir con cla­ri­da­de. Pe­ro o mal vi­ve con nós. Ou me­llor: den­tro de nós. Que­re­mos com­pren­der por que os na­zis idea­ron un­ha ma­tan­za de seis mi­llóns de xu­deus, ho­mo­se­xuais e xi­ta­nos; pre­gun­tá­mo­nos po­la raíz da fre­né­ti­ca vio­len­cia do xe­no­ci­dio de Ruan­da, can­do en tres me­ses fo­ron ma­sa­cra­das máis de me­dio mi­llón de per­soas. Oco­rre que os es­pe­cia­lis­tas se­guen bus­can­do res­pos­tas a ese mal maiúscu­lo por­que ma­ta­mos en no­me dun mi­to, dun te­rri­to­rio ou dun­ha ideo­lo­xía. E por­que en ter­mos cuan­ti­ta­ti­vos, o asa­si­na­to por mo­ti­vos per­soais é un­ha in­sig­ni­fi­can­cia.

O psi­quia­tra San­tia­go La­mas, au­tor de en­saios fun­da­men­tais co­mo Ga­li­cia bo­rro­sa (2004), Fe­rrín e ou­tras his­to­rias (2007) ou Fis­te­rras atlán­ti­cas (2012), guía­nos po­los te­rri­to­rios do mal cun tex­to bri­llan­te de prin­ci­pio a fin que dia­lo­ga coas fon­tes máis so­bran­cei­ras na ma­te­ria, en­tre­te­cen­do un fei­xe de re­fe­ren­cias ás que de­be­mos acu­dir pa­ra en­ten­der­mos un con­cep­to ca­pi­tal da re­li­xión e do pen­sa­men­to de teó­lo­gos e fi­ló­so­fos. A es­ta aná­li­se sú­ma­lle un es­ti­mu­lan­te es­tu­do so­bre o is­lam e os te­rro­ris­tas sui­ci­das, to­da vez que o xiha­dis­mo se con­ver­teu nun­ha das ex­pre­sións máis enér­xi­cas da ma­lig­ni­da­de con­tem­po­rá­nea.

Vol­va­mos á fan­ta­sía da súa de­fi­ni­ción: po­de­mos ache­gar­nos, pe­ro a com­ple­xi­da­de do mal sem­pre nos sor­pren­de cun xi­ro ines­pe­ra­do.

LIS­BOA E O MAL AU­TOR SAN­TIA­GO LA­MAS EDITORIAL EL CER­CANO EDI­CIO­NES

425 PÁ­XI­NAS, 15 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.