Eli Ríos, a es­cri­to­ra que colecciona pre­mios

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO -

Hai tem­po que si­go, con es­pe­cial aten­ción, a evo­lu­ción da tra­xec­to­ria li­te­ra­ria de Eli Ríos (Lon­dres, 1976). Nuns pou­cos anos es­ta au­to­ra con­se­guiu un con­si­de­ra­ble nú­me­ro de ga­lar­dóns li­te­ra­rios en­tre na­rra­ti­va e poe­sía que, alén de po­si­bi­li­tar a pu­bli­ca­ción das súas pro­pos­tas, con­tri­buíu a po­ñer a súa obra en pri­mei­ro plano da ac­tua­li­da­de li­te­ra­ria. Vol­ve ago­ra ocu­par es­te es­pa­zo pri­vi­le­xia­do ao con­se­guir, coa no­ve­la Luns, o pre­mio de na­rra­ti­va To­rren­te Ba­lles­ter 2016 na mo­da­li­da­de de lin­gua ga­le­ga e or­ga­ni­za­do po­la Depu­tación da Co­ru­ña. Abei­rán­do­se a un re­xis­tro ca­se esen­cia­lis­ta, ro­tun­da­men­te es­pi­do de to­do aqui­lo que se pui­de­se cua­li­fi­car co­mo accesorio, pre­sén­ta­se un discurso sen in­ter­me­dia­rios pa­ra o que es­co­lle un au­daz pe­ro efec­ti­vo fluír de con­cien­cia, di­rec­to e in­ten­so, on­de non fal­ta un su­til arre­cen­do iró­ni­co.

Luns obri­ga a nos mer­gu­llar nun uni­ver­so on­de a pre­sen­za abou­xan­te do co­tián co­bra ou­tra di­men­sión ao ba­ter nun con­fli­to subs­tan­ti­va­do nas vi­ven­cias e mais na pro­pia su­per­vi­ven­cia de Ne­rea: a pro­ta­go­nis­ta á que se lle dig­nos­ti­ca un can­cro e que, tan­to po­la súa reac­ción dian­te da doen­za co­mo po­las súas cir­cuns­tan­cias per­soais, re­sul­ta di­fí­cil non es­que­cer pois un per­so­na­xe así per­fi­la­do per­mi­te des­ve­lar reali­da­des ago­cha­das que po­den e de­ben ollar­se, en con­se­cuen­cia, desde ou­tra pers­pec­ti­va. Luns, así pois, cons­ti­túe un­ha ache­ga mar­ca­da inequi­vo­ca­men­te por un­ha in­ten­cio­na­li­da­de reivin­di­ca­ti­va e so­cial, eri­xi­da desde a ape­la­ción que se fai ao es­ta­do de cou­sas da no­sa reali­da­de so­cial e mais ta­mén ao pro­pio sen­ti­men­to. Po­si­bi­li­ta, así pois, ar­ti­cu­lar un­ha re­fle­xión so­bre un­ha man­chea de asun­tos en­tre os que sa­lien­to a vul­ne­ra­bi­li­da­de e a in­vi­si­bi­li­za­ción, a ne­ce­si­da­de de asu­mir cam­bios can­do son pre­ci­sos pa­ra a pro­pia vi­da, as di­ver­sas di­men­sións que ca­rre­xa a vio­len­cia ou cal é o ver­da­dei­ro sig­ni­fi­ca­do do con­cep­to do tem­po coa mor­te co­mo pano de fon­do. Un­ha no­ve­la in­ten­sa, co­mo se ve, do­na dun rit­mo ver­ti­xi­no­so que re­ve­la moi­tos abis­mos.

C QUIÁN

LUNS AU­TO­RA

ELI RÍOS EDI­TO­RIAL

XE­RAIS

152 PAX. 16,85 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.