Do au­tor de «O mun­do de So­fía», che­ga ago­ra...

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Ono­me de Jos­tein Gaar­der (Os­lo, 1952) que­da, e que­da­rá, in­di­so­cia­ble­men­te aso­cia­do a un li­bro fun­da­men­tal co­mo foi O mun­do de So­fía (1991): un­ha pro­pos­ta narrativa que, se ca­dra, ad­qui­re nes­tes tem­pos no­vos án­gu­los de in­tere­se can­do a fi­lo­so­fía co­rre a se­ria amea­za de des­apa­re­cer. Dun ou dou­tro xei­to, Gaar­der re­tor­na así ao pri­mei­ro plano da ac­tua­li­da­de li­te­ra­ria no ám­bi­to das tra­du­cións pa­ra o ga­le­go con A Te­rra de An­na, sub­ti­tu­la­da cun epí­gra­fe que di un­ha no­ve­la so­bre o cam­bio cli­má­ti­co.

E, en efec­to, así é: a in­cor­po­ra­ción do ter­mo Te­rra en maiús­cu­la no tí­tu­lo non é gra­tuí­ta pois, na reali­da­de, alu­de á gran pro­ta­go­nis­ta des­tas pá­xi­nas que po­ñen en­ri­ba da me­sa, fic­cio­nal­men­te, un dos gran­des te­mas do no­so tem­po co­mo é o do desafío me­dioam­bien­tal, abor­dan­do co­mo é ló­xi­co asun­tos co­mo a de­fo­res­ta­ción, a emi­sión de ga­ses con­ta­mi­nan­tes ou o que­ce­men­to glo­bal, en­tre ou­tros. Gaar­der adop­ta un re­xis­tro na­rra­ti­vo que se adap­ta co­mo un­ha lu­va a un­ha am­pla fran­xa de pú­bli­co, idea un­ha ar­qui­tec­tu­ra sol­ven­te pa­ra a súa pro­pos­ta e re­vis­te ao ar­gu­men­to dun­ha di­ná­mi­ca áxil, que desata o mis­te­rio de­po­si­ta­do nun anel enig­má­ti­co.

Con to­do, re­sul­ta im­po­si­ble non com­pa­rar es­ta An­na, no­me sim­bó­li­co por cer­to, co da So­fía do pri­mei­ro li­bro de Gaar­der e, abo­fé, am­bas as dúas es­tán en­chou­pa­das dun idea­lis­mo ne­ce­sa­rio. No ca­so de An­na es­te adop­ta no­vas di­men­sións tras un­ha vi­ven­cia oní­ri­ca on­de se ve, anos máis adian­te, cun­ha bis­ne­ta nun pla­ne­ta que pou­co que ver co de ho­xe.

Ve­laí co­mo, alén da ex­plí­ci­ta von­ta­de di­das­cá­li­ca, a idea narrativa pre­sen­te en A Te­rra de An­na tri­pa os ca­mi­ños da sin­xe­le­za e pen­so que o fai á man­ten­ta pois des­te xei­to pro­xec­ta con efec­ti­vi­da­de un asun­to ao que non de­be­mos dar as cos­tas e for­mu­la, por ex­ten­sión, moi­tas pre­gun­tas: en­tre elas aqui­lo que cóm­pre fa­cer pa­ra pór­lle freo ás ten­den­cias des­tru­ti­vas que, nun tem­po moi pró­xi­mo, fa­rán mu­dar ca­se to­do.

A TE­RRA DE ANA AU­TOR

JOS­TEIN GAAR­DER EDI­TO­RIAL

FAC­TO­RÍA K 160 PAX. 14 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.